"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ninfa de Arcadia, compañeira de Ártemis. Zeus namorouse dela pero como ela fuxía dos homes adoptou a figura de Ártemis para enganala e poder manter relacións. Cando Calisto quedou embarazada, Ártemis, baixo as influencias da celosa Hera, transformouna en osa e botouna fóra ao perder a virxindade. Finalmente, Zeus converteuna na constelación da Osa Maior. Segundo a lenda, da unión de ambos naceu Árcade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Satélite galileano de Xúpiter, o máis exterior dos catro que ten, descuberto por Galileo en 1601. Percorre unha órbita case circular no plano ecuatorial do planeta, a unha distancia media de 1.880.000 km, nun período duns dezaseis días. Aínda que o seu albedo é moi pequeno, arredor de 0,2, o seu raio de 2.410 km faino visible dende a Terra cun pequeno telescopio. As fotografías enviadas polas sondas Voyager 1 e Voyager 2 amosan unha superficie chea de cráteres, dun diámetro medio de 100 km. Ten a metade dun dos hemisferios cuberta por uns aneis concéntricos que envolven unha rexión central brillante duns 600 km de diámetro, a conca de Valhalla.
-
PERSOEIRO
Papa (217-222) e fundador da igrexa romana de Santa Maria in Trastévere. Escravo dun cristián chamado Carpóforo, logrou escapar pero, como todos os escravos fuxitivos, logo de ser apresado tivo que ir ás minas. Conseguiu saír de alí co indulto dunha lei humanitaria e, logo de se emancipar, o Papa Ceferino ordenouno diácono. Destacou como organizador da comunidade cristiá romana e ao seu cargo estivo o cemiterio cristián da vía Apia durante o pontificado de Ceferino, que leva o seu mesmo nome e que contén o sepulcro de santa Cecilia. Condenou o modalismo de Sabelio, heresiarca que negaba o dogma da Santísima Trindade e ao que excomungou. Despois de exercer o seu labor como papa encarcerárono. Finalmente, martirizárono: guindárono a un pozo cunha pedra (ou unha moa de muíño) ao pescozo na vía Aurelia. Represéntase na iconografía con indumentaria papal e levando como atributos a maqueta dun edificio (por ser construtor) e un pozo ou unha moa dun muíño, símbolo do seu martirio. Conmemorado...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1119-1124), de nome Guido de Borgoña. Era fillo do conde Guillerme de Borgoña. En 1088 nomeárono arcebispo de Viena. Defensor da reforma eclesiástica, opúxose a Enrique V na Querela das Investiduras. Elixido papa o 1 de febreiro de 1119 en Cluny, convocou o concilio de Reims, condenou as investiduras e excomungou a Enrique V e o antipapa Gregorio VIII. Asinou o Concordato de Worms o 23 de setembro de 1122 que puxo fin á Querela das Investiduras, documento que se ratificou no primeiro Concilio de Letrán, en 1123. Atribúeselle a autoría do Liber Sancti Iacobi ou Códice Calixtino, manuscrito en latín do s XII, unha guía de peregrinos do Camiño de Santiago que se conserva na catedral compostelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1455-1458), de nome Afonso de Borja. Pertencía a unha familia da pequena nobreza. Uxío IV nomeouno cardeal en 1444 e elixírono papa en 1455. A raíz da toma de Constantinopla polos turcos (1453), intentou organizar unha gran cruzada. Recuperou Belgrado (1456), e coa axuda de Afonso V de Aragón liberou Albania (1457). Durante o seu pontificado tivo lugar o proceso de rehabilitación de Xoana de Arco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pronome que vén do grego Kállistos (κάλλιστος) ‘belísimo, fermosísimo’, superlativo de kalós (καλός) ‘bo, fermoso’. Presenta as variantes Calistro/ Calistra. Tres papas levaron este nome: Calisto I (s III), santo mártir que se celebra o 14 outubro, Calisto II (ss XI-XII) e Calisto III (ss XIV-XV).
-
PERSOEIRO
Orador e político. Foi un dos promotores da segunda liga ateniense. Dirixiu o exército despois da ruptura da paz de Antálcidas no 387 a C. Enviado a negociar a paz con Esparta fronte a Tebas no 371 a C, condenárono a morte polo fracaso das xestións no 361 a C. Conseguiu fuxir e refuxiouse en Macedonia, onde fundou a cidade de Dato, en Tracia. Confiando nunha resposta do oráculo de Delfos, volveu a Atenas, onde o executaron.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Traballou na BBC e no diario Correio da Manhã. Escribiu, entre outras obras, Assunção de Salviano (1954), Bar Don Juan (1971) e Reflexos do baile (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Biólogo. En 1984 ingresou na Xunta de Galicia desenvolvendo o seu labor profesional no ámbito da xestión e conservación dos recursos naturais. Coordinou os censos oficiais de aves acuáticas en Galicia dende 1987 ata 1997. É o representante galego no Comité Nacional de Humidais. Publicou diversos artigos sobre ecoloxía de vertebrados entre os que destacan: Primeros datos sobre la dieta de la nutria en aguas continentales de Galicia (1979) e Actividad del corzo en la sierra de los Ancares (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aumento antrópico da temperatura do planeta ou, máis exactamente, variación dun microclima, especialmente dunha zona urbana ou industrial, causada polo incremento da cantidade de dióxido de carbono liberado á atmosfera, producido principalmente polos procesos industriais de combustión. O aumento de temperatura como consecuencia do incremento de CO2 da atmosfera explícase polo efecto invernadoiro. Recibe o nome de G. S. Callendar, fillo de H. L. Callendar, que avanzou esta idea en 1938.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de gasterópodos mariños de cuncha cónica, de ata 35 mm de lonxitude, granulosa e con cordóns espirais. Nas costas galegas están presentes as especies: C. granulatum, en fondos lamacentos a máis de 30 m de profundidade, e C. zizyphinum, entre pedras e algas do infralitoral.
-
PERSOEIRO
Poeta. Compuxo sete églogas nas que influíu decisivamente Virxilio e que fan alusión á vida coetánea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Traballou no retablo de san Bieito no mosteiro de San Martiño Pinario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Cursou estudios de filosofía e letras e de xornalismo en Madrid, á vez que traballou nalgúns medios de comunicación. Coñecido como Tucho Calvo, comezou no mundo da prensa en El Correo Gallego; posteriormente colaborou en La Región, Arriba, Opinión, Ciudadano, Radio Francia Internacional e El País, amais de dirixir, a mediados dos anos 80, o xornal La Crónica de León. Vinculado a La Voz de Galicia dende 1976, exerceu o labor de redactor e de xefe de opinión. Dirixiu a edición Murguía e La Voz de Galicia (2000) e publicou O legado xornalístico de Valentín Paz-Andrade (1977), Froito das lembranzas (1981, Premio Galicia 1980), PAE-Século XXI. No comenzo dunha nova historia da humanidade (1982), o libro de contos Astra o confín (1983), El laberinto de Krochne (1988), Valentín Paz-Andrade, a memoria do século (1998), Luz de abrente (1999), O xabaril...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director teatral. Comezou a súa actividade no grupo de teatro da Universidade Laboral da Coruña no ano 1976 e posteriormente participou en numerosos grupos como Danthea, Escola Dramática Galega, Ollomol Teatro Submarino, O Moucho Clerc, Teatro do Atlántico, Centro Dramático Galego, Teatro do Aquí, Ollomoltranvía e Mofa e Befa. Con estas compañías traballou en diversos espectáculos como Os perxuicios do tabaco, de Chejov (1976); Adeus Madelón, de Manuel Lourenzo (1987); Moleques, de Marcos Orsi (1989); O Rousinhol da Bretanha, de Quico Cadaval (1991); Historia de Neera, de Roberto Salgueiro (1990); O incerto señor Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro (1991); Anxeliños, de Vidal Bolaño (1997); Para ser exactos, creación do grupo Ollomoltranvía (1997); Commedia (un xoguete para Goldoni) (1993) e Raíñas de pedra (1994), ambas as dúas de Cándido Pazó; tamén participou na representación de Clownfutbol...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guitarrista. Realizou estudios musicais en Alacant con José Tomás e posteriormente foi discípulo de Andrés Segovia nun curso de Música en Compostela, así como de John Williams en Castres (Francia). O seu vínculo con Galicia comezou na década dos 70, primeiro no conservatorio de música de Ourense e despois no centro homónimo de Vigo, do que chegou a ser director. Exerceu como docente e impartiu numerosos seminarios en distintos países europeos. O seu repertorio de concertos abrangue unha ampla nómina de autores, entre os que destacan J. S. Bach, Manuel de Falla ou Leo Brouwer, compositor este último que protagonizou un disco monográfico gravado polo propio Camacho e editado no ano 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Superintendencia de finanzas da Igrexa Romana presidida por un cardeal camarlengo. Apareceu no s XI como financeira da curia e dos bens temporais da Igrexa, e nos ss XIII-XIV absorbeu algunhas funcións en materia penal e civil. Actualmente lle corresponde a defensa do patrimonio temporal da Igrexa, e o camarlengo goza de facultades extraordinarias en caso de desocupación da sé pontificia.
-
PERSOEIRO
Pintor ourensán. En 1626 dourou unha imaxe da Nosa Señora da Asunción para o abade de Santiago de Anllo (San Amaro) e, en 1627, realizou un apostolado por encargo do presbítero de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de filósofos ingleses do s XVII, de tendencia relixiosa, no que primaba a moralidade máis ca o dogma e que trataba de conciliar a ética cristiá coa racionalidade filosófica e científica. Os representantes máis destacados foron Ralph Cudworth e Henry More.
-
GALICIA
Xornalista. Desde finais dos anos trinta foi colaborador asiduo de publicacións como Faro de Vigo, La Estafeta Literaria ou ABC (edición aérea). Non obstante , o seu labor adquiriu un protagonismo en revistas de cine como Radiocinema, Crítica, Primer Plano ou Cine en siete días, polo que conseguiu o Premio do Círculo de Escritores Cinematográficos ao mellor labor xornalístico en 1962. Tamén traballou na industria cinematográfica como axudante de dirección ao longo dos anos cincuenta e sesenta.
VER O DETALLE DO TERMO