"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Grupo de pintores postimpresionistas ingleses creado en 1911 e dirixido por Walter Richard Sickert. Estes artistas tomaron o nome da zona obreira londinense que popularizou Sickert nas súas obras. Formaron parte do grupo, entre outros, Robert Bevan, Harold Gilmar, Charles Ginner, Spencer Gore, Ducan Grant, Augustus John e Lucien Pisarro. Rexeitaron o romanticismo da Royal Academy e propugnaron o realismo descritivo. Ademais de representar o barrio de Camden Town, cultivaron a paisaxe, os retratos, as escenas de interior e os bodegóns. Realizaron dúas exposicións en 1911 e outra en 1912. En novembro de 1913 fusionáronse con outros grupos artísticos e crearon o Grupo de Londres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta que durante os períodos desfavorables do ano conserva gromos aéreos que perduran próximos ao chan (menos de 25 cm). Son comúns entre as ericáceas da fronte atlántica e entre plantas leñosas reptantes ou decumbentes das tundras boreais e da alta montaña, onde os gromos se defenden das temperaturas extremas ao se cubriren de neve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Doutor en Dereito, colaborou en varias revistas e publicou o poemario Poesías de la razón cordial (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cóengo da catedral de Lugo e historiador. Foi o informante dos padres Flórez e Risco, autores de España Sagrada, e traduciu Instituciones de Derecho eclesiástico (1791), de Berardi, e as obras do bispo San Cibrán. Ademais escribiu Historia civil, diplomático-eclesiástica, antigua y moderna, de la ciudad de San Sebastián (1870) e Nueva demostración sobre la falsedad del privilegio del rey D. Ramiro I (1805). Foi membro correspondente da Real Academia da Historia desde 1801.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Cursou estudios de filosofía e medicina. Foi contable no ministerio de Gobernación e empregado de Telégrafos. Participou intensamente nas actividades culturais do provincialismo, inicialmente con pezas teatrais como Matilde de Castro, colaboracións na prensa e lecturas poéticas en castelán e, posteriormente, cunha produción en galego. Consérvanse os poemas publicados en 1861 “A noite de San Xoán”, “As malas novas”, “O enterro” e “Nos días de S.A.R. o príncipe don Alfonso”, publicado en 1862.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás linguas camito-semíticas.

    2. Familia de linguas faladas de L a O dende Mesopotamia e Arabia, por todo o norte de África ata o Atlántico, e cara ao S ata o límite meridional do Sáhara e a zona de África oriental ata o Ecuador, formada polo conxunto de seis grupos claramente diferenciados: semítico, bérber, exipcio, cuxítico, omótico e chadiano. Seguindo os estudios de J. H. Greenberg, a tendencia moderna é designar esta gran familia lingüística co nome de afroasiática. No tocante á fonoloxía cómpre destacar a existencia, en grao diverso, de consoantes glotalizadas e enfáticas e de fonemas articulados na gorxa ou na parte posterior da cavidade bucal (larínxeas, farínxeas e velares) e do papel esencial das consoantes; morfoloxicamente, caracterízase pola forma prefixada do verbo e polos pronomes sufixados con trazos moi homoxéneos en todos os grupos, pola existencia de raíces biconsonánticas ou triconsonánticas con variacións morfolóxicas por cambios internos na raíz, e polo sistema complexo de formación dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de acampar.

    2. Lugar habilitado ou conxunto de instalacións necesarias para vivir un grupo de persoas ao aire libre e temporalmente.

    3. Actividade do servizo militar na que os soldados abandonan o cuartel para recibir a instrución e vivir ao aire libre.

    4. Construción defensiva edificada polo exército romano para albergar diferentes corpos militares distribuídos en tendas ou noutras estruturas máis sólidas. Co tempo, o carácter itinerante dos primeiros campamentos que se levantaban cada noite durante as campañas, abandonouse en favor dunha permanencia temporal maior. Os campamentos estables situábanse nos puntos conflitivos das fronteiras ou como puntos de control nalgunha calzada, elixindo espacios chans e abertos para evitar ataques por sorpresa e buscando a proximidade dos cursos de auga para beber e como desaugadoiro. Existía un modelo construtivo xeral que seguían todos os campamentos. A planta, de forma cuadrangular ou rectangular, dispuña dunha muralla ou vallum de pedra ou madeira rodeada por un foso. Como reforzo das defensas, colocábanse torres nos ángulos, nas portas e nas murallas. O interior organizábase en dúas rúas: a transversal ou vía principalis, que dividía o campamento nunha parte anterior ou praetura e outra posterior...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de probas organizadas nun xogo ou deporte de acordo cunha determinada regulamentación e cunha periodicidade convencional, nas que varios equipos ou participantes se disputan o título de campión.

    2. Superioridade conseguida nas probas dun campionato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situado ao O do encoro de Contreras (1.687 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura coa produción de cereais, legumes, oliveiras e viña, e a gandería lanar e caprina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Filoloxía Hispánica, exerceu como profesor de segundo ensino. Fundou as revistas Aula I e Tagore, de orientación pedagóxica, e colaborou en Escuela Española. Publicou poesía e crítica literaria en revistas e xornais como Alcazaba, Trevo, Dorna, Cadernos do Támega, La Región ou El Universal. Membro do Grupo Dolmen, é autor do poemario O ar que nos leva (1987), da novela Baixo o sol do Magreb (1993) e dos volumes colectivos Sete poemas ourensáns (1992) e Poesía dos aléns (1993). Recibiu os premios Biblioteca Endesa (1977), Festa da luz (1980), Modesto R. Figueiredo de narrativa (1988) e Nadal (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de probas organizadas nun xogo ou deporte de acordo cunha determinada regulamentación e cunha periodicidade convencional, nas que varios equipos ou participantes se disputan o título de campión.

    2. Superioridade conseguida nas probas dun campionato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editor e bibliógrafo ourensán. Dirixiu en La Habana Follas Novas e Vida Gallega. Así mesmo, colaborou en publicacións como Cuba, Diario Español, Diario de la Marina e Sol. Como bibliógrafo, publicou os índices do Boletín da Real Academia Gallega e das revistas do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos e do Museo de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Camba, no concello de Laza, e Pradoalbar, en Vilariño de Conso. O seu cumio atópase a 1.379 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Exerceu como xefe da oficina da Sociedade de Beneficiencia de Naturales de Galicia e como secretario da asociación iniciadora da Academia Galega. Foi director dos xornais Vida Gallega e La Vida Gallega en Cuba e colaborou no Diario español. Publicou un índice temático das revistas científicas galegas do s XX. Á súa morte, os seus fillos doaron a importante biblioteca que posuía á sección galega do Instituto de Literatura y Lingüística de La Habana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Sánchez Camporro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Santiago de Compostela. Obra de Melchor de Prado Mariño proxectouse en 1795. Ten planta rectangular cunha soa nave cuberta con bóveda de canón e unha ábsida semicircular. Nos muros laterais ábrense altares articulados por medio de arcos de medio punto enmarcados en pilastras xónicas. Na fachada, caracterizada pola súa sobriedade, destaca a ventá semicircular que proporciona iluminación ao interior, o frontón triangular do remate e o campanario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político arxentino. Foi presidente da Cámara de Diputados entre 1948 e 1953. Elixido como presidente da República en marzo de 1973, dimitiu en xullo do mesmo ano en favor de Perón. Desempeñou o cargo de embaixador en México (1973-1974). Opúxose ao goberno de María Estela Martínez de Perón e ao golpe de estado militar de 1976, polo que tivo que exiliarse. Considerárono o representante da ala esquerda do peronismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Tradutor e estudoso da música popular. Xunto co seu irmán, Haroldo de Campos, foi un dos iniciadores da poesía concreta no Brasil. Participou na Antologia Noigrandes (1966), xunto con outros poetas da mesma tendencia como Décio Pignatari, Ronald Azevedo e José Lino Grünewald. As súas obras máis salientables son Equivocábulos (1970), Poemóbiles (1974), Caixa preta (1975) e Reduchamp (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lalín. De estilo románico, construíuse arredor de 1170. Unha cuarta parte desta igrexa foi doada por Arias Núñez ao mosteiro de Carboeiro. Conta cunha nave e cunha ábsida formada por dous tramos, un recto e outro semicircular. O primeiro, cuberto con bóveda de canón, únese coa nave mediante un cóbado amodo de contraforte. O tramo semicircular, con bóveda de forno, está compartimentado en tres panos mediante dúas columnas entregadas. A nave ten cuberta de madeira de época posterior á súa construción. O arco triunfal é de medio punto peraltado e dobrado. No muro meridional hai un arco tapiado, sinal dunha primitiva porta. A porta occidental é de medio punto. A portada principal ten un tímpano pentagonal. No exterior o arranque da bóveda de canón amósase por medio dunha imposta de billetes. A espadana é barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde se enterran os mortos.

    VER O DETALLE DO TERMO