"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Que pertence á sección dos anomuros.
-
Crustáceo da sección dos anomuros.
-
Sección de crustáceos decápodos da suborde dos reptantes. Agrupa as especies que teñen abdome voluminoso, asimétrico, nu e non segmentado, e as que o teñen reducido, simétrico e cos segmentos cubertos por pleuróns calcificados. Os primeiros soen introducir o abdome dentro de cunchas de moluscos, esponxas e outros obxectos para protexelo. Os segundos teñen o cefalotórax fortemente constituído, con esporóns e espiñas. O seu biotopo típico é o fondo mariño. A esta sección pertencen o xénero Galathea e os caranguexos ermitáns dos xéneros Pagurus e Eupagurus.
-
-
GALICIA
Poeta e xornalista. Membro do grupo coñecido como Os Precursores. Figura destacada do Rexurdimento cultural galego do s XIX, deixou unha obra moi popular. Cursou estudios no Seminario de Santiago e posteriormente licenciouse en Xurisprudencia na Universidade Compostelá. O final tráxico do Alzamento Provincialista do 1846, no que toma parte, obrígano a marchar a Lisboa. Na capital lusa compón o poema titulado Hymno dos povos, o que lle vale a expulsión de Portugal. Viaxou por Francia e Italia, transcorrendo a maior parte da súa vida fóra de Galicia, afastamento que fai da súa terra un tema recorrente na súa produción en galego. Co seu poema “A Galicia”, composición exaltadora da identidade nacional galega, acada un accésit nos Xogos Florais da Coruña do 1861, sendo logo publicado en El Álbum de la Caridad, volume compilatorio de todos os poemas premiados. Coa súa composición “Recordos da infancia” forma parte do grupo escollido de voces presentes no Mosaico de vates...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poetisa. Irmá do poeta Francisco Añón, foi un bo exemplo da simbiose entre a muller rural galega do s XIX e a literatura popular. Carente de formación académica, estaba especialmente dotada para a versificación. Consérvanse só dous poemas da súa certa autoría recollidos por Lisardo R. Barreiro na súa obra titulada Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia (1889), concretamente unha composición inspirada na visita de Afonso XII a Compostela titulada “Al Rey don Alfonso XII” e unha elexía á morte do seu irmán.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que pertence á familia das anonáceas.
-
Planta da familia das anonáceas.
-
Familia de árbores e arbustos da orde das ramais integrada por uns 120 xéneros (entre os que destacan Annona e Cananga) que comprenden unhas 2.000 especies gabeadoras e sempre verdes de distribución tropical.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado da persoa ou da cousa anónima.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do que é anónimo.
-
-
-
Que non ten nome do autor. A historia da literatura presenta numerosos casos de anónimos. Un primeiro grupo foi o de obras de transmisión oral. Exemplos deste anonimato son boa parte das obras desde as orixes da literatura, que poden ser atribuídas a personaxes lendarios: as cancións de xesta (Cantar de Mio Cid), o cancioneiro tradicional (Conde Arnaud) e outros. Hai tamén anónimos xurdidos na tradición manuscrita, xeralmente debido a erros ou defectos na conservación ou copia do texto, ou á despersonalización do autor ata épocas relativamente recentes. É necesario mencionar o anónimo do autor que esconde deliberadamente a súa personalidade, neste caso presuponse a existencia de presións políticas, sociais ou persoais.
-
Que non fai coñecer o seu nome.
-
-
-
Carta anónima.
-
Escrito de autor descoñecido que contén palabras ou frases de carácter ofensivo ou ameazantes.
-
-
sociedade.
-
FTP anónimo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro que ten as follas escritas ou impresas dunha soa cara.
-
-
Que pertence á clase dos anoplas.
-
Metazoo da clase dos anoplas.
-
Clase de invertebrados do filo dos nemertinos, formada por individuos vermiformes de organización primitiva, co sistema nervioso central situado inmediatamente debaixo da epiderme ou na parede muscular do corpo, coa boca subventral e a trompa non armada. O intestino é recto e carece a miúdo de divertículos laterais.
-
-
-
Que pertence á orde dos anopluros.
-
Insecto da orde dos anopluros.
-
Orde de insectos da subclase dos pterigotos, que comprende individuos hemimetábolos, de poucos milímetros de lonxitude e de corpo comprimido lateralmente. Son hematófagos en todos os estadios do seu ciclo biolóxico, e ectoparasitos permanentes de mamíferos. Son coñecidos popularmente co nome de piollos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta ou insuficiencia de vista.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, na comarca de Los Pedroches (1.650 h [1996]). Ten agricultura mediterránea, gandería lanar e porcina. Explota canteiras de granito.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de vestir, ás veces impermeable, un pouco máis curta ca a chaqueta e con capucha, que resgarda moito do vento e do frío.
-
-
Falta ou diminución das ganas de comer. É un síntoma común a moitas enfermidades e, por si mesmo, ten pouco valor diagnóstico. Os mecanismos que a producen non son aínda ben coñecidos. Normalmente o acto de comer está regulado por un centro da fame e un centro da saciedade, situados no hipotálamo, que poden recibir moitas influencias por diferentes estados patolóxicos; tamén é posible que estes centros sexan influídos por alteracións no metabolismo da serotonina, un neurotransmisor cerebral. Tamén é un síntoma de certos trastornos psíquicos, como a ansiedade e a depresión.
-
Rexeitamento sistemático, de orixe neurótica, dos alimentos, observado xeralmente nas mozas (15-25 anos). A obstinación de non comer é tan inflexible que o enfermo provoca o seu propio o vómito ou abusa dos laxantes a fin de non aproveitar os poucos alimentos inxeridos. A escola psicoanalítica sitúa a súa orixe na regresión do adolescente á situación infantil, na que o alimento é, ao mesmo tempo, o signo, o vehículo e o lazo de amor e protección maternais. O enfermo tería, así pois, unha agresividade contida contra a nai co repudio daquela fase oral.
-
-
-
Relativo ou pertencente á anorexia.
-
Afectado de anorexia.
-
Fármaco que reduce ou suprime as ganas de inxerir alimentos.
-
-
-
Inorgánico, que non é orgánico.
-
Dise do resultado dunha determinada clase de fenómeno epentético que non se pode explicar nin por razóns etimolóxicas nin fonéticas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incapacidade para experimentar o orgasmo. Máis frecuente nas mulleres, pode tratarse dunha verdadeira disfunción se se establece nunha persoa que mantén unha vida sexual adecuada e se comporta un sentimento de insatisfacción. A orixe do trastorno é debida habitualmente a problemas emocionais ou de comunicación coa parella, así como conflitos psicolóxicos, e máis raramente a causas orgánicas.
-
-
Non normal, contrario a unha norma.
-
Individuo afectado de calquera síndrome psicopatolóxica.
-
Neno ou adolescente inadaptado ás esixencias familiares e sociais a causa dun atraso intelectual, dunha neurose, dun trastorno físico (cegueira, xordeira, mudez, parálise, epilepsia, corea), dunha incoherencia de carácter ou dunha falta de equilibrio mental que lles fai insoportable a disciplina xeral.
-
-
-
Calidade de anormal.
-
Circunstancia que se produce cando a lingua propia dunha comunidade é substituída por outra. É dicir, cando se dá unha perda interxeracional do idioma estase a levar a cabo unha situación de anormalidade lingüística.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
anorquidia.