"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Revista publicada en Vigo a partir de xaneiro de 1958 que cesou en decembro de 1968 (nº65). Promovida polo Departamento de Estudios Económicos da editorial Galaxia, foi dirixida por Xaime Isla Couto coa colaboración de Ramón Piñeiro, aínda que tamén participaron Xosé Manuel Beiras, quen levou o peso da publicación entre 1963 e 1968, e Anxo Huete, a partir da marcha de Beiras. De gran relevancia para o estudo da economía de Galicia e Europa, abordou desde unha liña progresista-galeguista os problemas do campo galego a través de estudos e estatísticas. Anticipou teses económicas de interese e, durante a etapa de Beiras, caracterizouse pola súa orientación crítica e combativa. Bioloxía, enxeñaría técnica, industria ou comercio, foron algúns dos outros temas desta publicación, de periodicidade moi irregular, que contou con algunhas das máis relevantes personalidades do momento en cada unha das materias tratadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Santiago de Compostela a partir de 1841 que cesou en xaneiro de 1842. Subtitulada “Periódico de ciencias, literatura y artes”, foi dirixido por Manuel Rúa Figueroa. O seu obxectivo era enaltecer Galicia e mellorar a súa situación moral e material, ademais de promover a literatura. Sucesor de El Iris del Bello Sexo, foi suspendida para introducir novidades pero o proxecto non saíu adiante e a publicación non volveu reaparecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir do 4 de marzo de 1880 que cesou o 25 de outubro dese ano. Dirixida por Emilia Pardo Bazán, foi unha publicación de carácter literario e de periodicidade semanal que, a partir do número 8 pasou a ser mensual. Incluíu estudos sobre arte, historia e folclore, ademais de numerosas críticas e composicións literarias. Prestou especial atención á literatura francesa e portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Vigo a partir de 1980. Trátase da segunda etapa dunha revista anterior, dirixida polo doutor Luis Gómez. Coordinada polo doutor Isaac Arias, tentou difundir entre os profesionais do sector unha terapéutica farmacolóxica máis racional para a súa aplicación en hospitais e centros de saúde. Incluíu ensaios sobre fórmulas farmacolóxicas, estudos sobre a aplicación de medicamentos, revisión bibliográfica de compostos químicos e referencias a actividades profesionais dos farmacéuticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Bilbao a partir de 1990. Editada pola Casa de Galicia da cidade, a revista estaba relacionada coas publicacións O Noso Afán, Cultura, O Curruncho, O Currunchiño e Follas Novas, editadas na mesma cidade, como sucedora de O Curruncho e precesora de O Currunchiño. A súa finalidade era informar das actividades da sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de xuño de 1992. Coordinada por José A. Brandariz, constituíuse no voceiro da Asociación Profesional de Funcionarios do Corpo da Policía Municipal de A Coruña. Incluíu disposicións lexislativas sobre tráfico e seguridade vial, análises da problemática do tráfico na Coruña e algúns apartados especiais sobre política, deportes e aspectos sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Avellaneda, Arxentina, a partir de 1931. Subtitulada “Todo por Galicia y para Galicia”, ata o nº 270, foi o voceiro do centro galego desa localidade. Cunha tiraxe de 8.000 exemplares e periodicidade mensual, incluíu aquelas notas de interese para os socios, completando os contidos con artigos relacionados con Galicia. A partir da década de 1940 denominouse Boletín Oficial del Centro Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de revivir.

    2. anabiose.

    3. Reaparición dun feito de consciencia anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de rexer ou gobernar.

    2. Dignidade ou cargo de rexente.

    3. Época e duración do goberno dun rexente.

    4. Goberno dun estado monárquico en lugar e en nome do rei. Pode ter lugar durante a súa minoría de idade, pola súa ausencia do territorio ou pola súa incapacidade xurídica. Na historia de España houbo varios períodos de rexencia, entre eles a de Mariana de Austria (1665-1677), a de María Cristina das Dúas Sicilias (1833-1840), a de Espartero (1840-1843) e a de María Cristina de Austria (1885-1902). A Constitución de 1978 establece a quen lle corresponde a rexencia en cada situación.

      1. Antiga denominación da administración municipal dalgunhas cidades de Alemaña e dos Países Baixos.

      2. Antiga denominación do goberno dalgúns países do norte de África como Trípoli ou Tunes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estilo decorativo que se desenvolveu en Francia durante o goberno do rexente Filipe II de Orléans. Representou a ruptura co estilo Luís XIV, pero sen chegar ao exceso decorativo. En arquitectura, que deu numerosos palacetes, destacaron Robert de Cotte e Germain Boffrand; e C. Audran e G. M. Oppenordt, que introduciron a cuncha e a singerie na decoración. Os mobles experimentaron un inicio da curvatura das patas e apareceron as primeiras cómodas ventrudas. O principal ebanista foi Charles Cressent.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Pontedeva e Ribadavia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás riciáceas.

    2. Planta da familia das riciáceas.

    3. Familia de hepáticas talosas, da orde das marchantiais, que se caracterizan pola presenza de moitas cámaras aeríferas, a ausencia de elaterios e por ter os anteridios, os arquegonios e os esporogonios afundidos no talo. Danse nas terras húmidas e na auga, e son máis abundantes no hemisferio austral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor italiano. Coñecido como Daniele da Volterra, foi discípulo en Siena de Il Sodoma e Domenico Beccafumi, e despois recibiu a influencia de Michelangelo Buonarroti. Das súas obras destaca Deposizione (1541) e a decoración da sala rexia do Vaticano iniciada por Pierino del Vaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mística italiana. Obrigada a casar, fíxose relixiosa nas agostiñas de Cascia ao morrer seu marido e seus dous fillos. Avogada dos imposibles, represéntase con hábito negro, cinguido cunha correa e unha espriña cravada na testa. Foi canonizada en 1900 e a súa festa celébrase o 22 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado entre os ríos Manzanares e Jarama, dentro da área metropolitana da capital (35.742 h [2001]). A proximidade con Madrid converteuno nunha zona residencial e incrementou a poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Escocia (1306-1329), da dinastía dos Bruce. Despois de proclamarse rei en Scone (1306) foi ampliando o seu dominio territorial coas vitorias de Loudon Hill (1307), de Bannockburn (1314) e Berwick (1318). Finalmente, Eduardo III de Inglaterra recoñeceu a independencia de Escocia con Roberto I como rei, en York (1328).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (922-923), fillo de Roberto IV o Forte. Ao morrer o seu irmán, o Rei Odón I de Francia (898), sucedeuno nos condados de París e de Anjou e no ducado de Francia. Foi elixido rei en Reims por unha facción da nobreza e morreu loitando contra o monarca lexítimo, Carlos III de Francia, na Batalla de Soissons.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Escocia (1371-1390), neto de Roberto I e sobriño e sucesor de David II de Escocia. Foi o primeiro soberano membro da dinastía Stuart. O seu reinado estivo presidido polas continuas perturbacións nobiliarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (996-1031), fillo e sucesor de Hugo I de Francia. Fomentou a tregua de Deus, enfrontouse coa nobreza feudal e recuperou os condados de Dreux (1015) e Melun (1016) e o ducado de Borgoña.

    VER O DETALLE DO TERMO