"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

    1. Composición poética cantada por un coro na honra do deus grego Dióniso, que ía acompañada dunha danza, da que deriva o concepto do dionisíaco, principio estético situado no dominio dos instintos, do éxtase, da natureza e das forzas escuras. Durante a celebración das Grandes Dionisias en Atenas, a cidade organizaba un concurso de ditirambos nos que participaban coros con cincuenta nenos cada un e outros tantos coros de adultos, con idéntico número de integrantes, que representaban as dez tribos da Ática. Participar no concurso de ditirambos era un deber cívico e gañar o concurso constituía a meirande honra para a tribo. Diversos investigadores consideran o ditirambo un dos xermolos da traxedia, nun proceso consistente nun diálogo entre o coro e un solista ou corifeo.

    2. Poema lírico, escrito en diversos versos, no que se amosa entusiasmo por algo.

    3. Loanza excesiva de algo ou de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en Madrid en 1970 por un grupo de alumnos da Real Escuela de Arte Dramático, entre os que estaban Juanjo Granda e José Pérez Valtierra. Desenvolveu unha liña de traballo baseada na exploración da farsa e do ritual grotesco, que tanta influencia tiveron nas primeiras pezas da literatura dramática galega dos anos setenta. Entre os seus espectáculos cómpre salientar: Paraphernalia de la olla podrida (1972); Pasodoble (1975), a partir de textos de Miguel Romero Esteo; e Danzón de exequias (1974), sobre un texto de Michael de Ghelderode.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico, publicista e poeta ruso. Colaborou na revista Sobremennik. Desde concepcións liberais evolucionou cara a ideas democrático-revolucionarias do socialismo utópico, en defensa dos campesiños oprimidos. Os seus ensaios sobre Gončarov, Ostrovskij e Turgen’ev son mostras clásicas da crítica literaria rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariante do apelido toponímico Cabo (derivado do latín caput ‘cabo, extremo’), coa preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o), indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicaba na súa orixe. Documéntase no s XV: “Martin do Cabo” (doc ano 1445 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol II, 1967, p 43). Tamén se grafa Do Cabo.

    2. Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, dous lobos pasantes de sable, postos en pao; bordo de azul, con oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariante do apelido toponímico Cabo (derivado do latín caput ‘cabo, extremo’), coa preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o), indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicaba na súa orixe. Documéntase no s XV: “Martin do Cabo” (doc ano 1445 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol II, 1967, p 43). Tamén se grafa Do Cabo.

    2. Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, dous lobos pasantes de sable, postos en pao; bordo de azul, con oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de disposicións redactadas por dúas comisións (451-450 a C) e aprobadas polos comicios centuriados. Recollían o dereito consuetudinario nos aspectos procesuais, relixiosos, civís e penais. Foron gravadas en doce táboas de bronce e depositadas no Foro para a súa lectura pública. Estableceron o principio básico de que a lei debe ser escrita e non pode depender dun xeito exclusivo da apreciación dos xuíces. Definiron tamén o procedemento para o axuizamento dos culpables dun delito, e o mecanismo polo que a parte ofendida pode reclamar unha indemnización por prexuízos á parte culpable. Constitúen o documento lexislativo máis antigo de dereito romano e a base do dereito público e privado modernos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Astrónomo. Estudiou matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, universidade na que tamén realizou o doutoramento en Astronomía. Profesor de astronomía e matemáticas na Universidad de Zaragoza (1973-1981) e, dende 1981, na universidade compostelá, centrou o seu labor investigador no estudo dos sistemas estelares múltiples. Director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (1983), é o impulsor da construción do Observatorio Astronómico de Monte Faro. Participou en numerosos congresos de astronomía e astrofísica e é autor de máis de 50 artigos científicos, difundidos en publicacións de ámbito nacional e internacional, e coautor, xunto con A. Elipe, do libro Astronomía: 280 problemas resueltos (1983). Dende novembro de 1985 é membro da Unión Astronómica Internacional (UAI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘diaño’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten doce sílabas.

    2. erso de doce sílabas que presenta diferentes modelos segundo a posición da cesura que o divide en dous hemistiquios e a diversa distribución dos seus acentos. Tomás Navarro Tomás distingue varias posibilidades: troqueo, formado por dous hexasílabos con ritmo trocaico, isto é, con acento nas sílabas impares; dactílico, composto por dous hexasílabos acentuados nas sílabas segunda e quinta de cada hemistiquio; polirrítmico, que combina na mesma estrofa as modalidades trocaica e dactílica; ternario, integrado por tres grupos de tetrasílabos, con acentos nas sílabas terceira, sétima e décimo primeira; dodecasílabo de 7+5, tamén chamado verso de seguidilla, que consta de dous hemistiquios de sete e cinco sílabas; e dodecasílabo de 5+7, integrado por un primeiro hemistiquio dactílico e un segundo, troqueo. Habitual na tradición poética castelá, as súas primeiras manifestacións remóntanse ao s XIV, en concreto ao Laberinto de fortuna, de Juan de Mena, e tivo o seu momento de auxe no s...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compilación catastral feita en Inglaterra por orde de Guillerme o Conquistador (1027-1089) no 1086. Contiña unha descrición detallada da distribución e do valor das propiedades. Empregouse para fixar os dereitos fiscais do rei e achegou importante información para estudar a historia agraria da Inglaterra medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia romana da gens Domicia. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 192 a C, venceu a Antíoco III en Magnesia (189 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 122 a C, derrotou os avernos na Galia. Lucio Domicio Ahenobarbo , cónsul no 54 a C, morreu na Batalla de Farsalia en combate contra César (48 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , fillo do anterior, foi cónsul no 32 a C e un dos asasinos de César. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 32 d C, casou con Agripina, irmá do Emperador Calígula, e foi o pai de Lucio Domicio Ahenobarbo , emperador que adoptou o nome de Nerón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación dos Padres Salesianos editada en Ourense a partir de 1957.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo e político. Licenciouse en Filosofía polas universidades de Harvard e Fisk. Fundou o Niagara Movement (1905), organización de intelectuais negros para a defensa dos dereitos civís e, en 1909, a National Association for the Advancement of Colored People (NAACP). Ademais dirixiu o seu xornal The Crisis (1919-1934) e participou de xeito activo nos primeiros congresos panafricanos (1900, 1919, 1921, 1923 e 1927). Na Segunda Guerra Mundial adoptou o marxismo e, xunto con Nkruma, copresidiu un novo congreso panafricano en 1945. Ingresou no Partido Comunista en 1961. Entre as súas obras destacan The Souls of Black Folk (As almas do folk negro, 1903), The Star of Ethiopia (A estrela de Etiopia, 1913), Color and Democracy, Colonies and Peace (Cor e democracia, colonias e paz, 1945). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Lenin da Paz (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo e filósofo. Tentou reducir o estudo da fisioloxía á aplicación dos coñecementos físicos e químicos sobre o corpo humano. É o autor de Untersuchungen über tierische Elektricität (Investigacións sobre a electricidade animal, 1848). No campo filosófico defendeu un agnosticismo científico extremo, en obras como Über die Grezen des Naturerkennens (Dos límites do coñecemento da natureza, 1873).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político francés. Deputado xacobino, traballou pola democratización interna e a eficacia militar do exército. Xunto con Fouché reprimiu a insurrección realista de Lyon (marzo de 1793). Durante o Directorio formou parte do Consello dos Cincocentos e foi ministro de Guerra (1799). Despois do Dezaoito de Brumario retirouse da política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Membro da Segunda Escola de Fointainebleau, foi pintor de Maria de Medici e pintor de cámara de Enrique IV. Realizou unha obra de características manieristas. Entre as súas obras destaca a decoración do Château de Fointainebleau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e anatomista holandés. Profesor na Universidade de Amsterdam, traballou en Sumatra e Xava dende 1888 na procura do elo perdido entre o home e os simios. Entre 1891 e 1893 descubriu en Trinil (Xava) os restos dun homínido (un fémur, algúns molares e unha calota), que denominou Pithecanthropus erectus, de grande importancia no desenvolvemento da paleoantropoloxía. En 1895 volveu a Europa e defendeu os seus descubrimentos como probas da evolución humana e estableceu as bases da paleoantropoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e cardeal francés. Foi preceptor do duque Filipe de Orléans, quen o nomeou primeiro ministro (1715-1723). Orientou a Francia cara ao acordo con Inglaterra, os Países Baixos e o Imperio, e formaron a Cuádrupla Alianza (1718).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista e humanista francés. Latinizou o seu nome en Sylvius. Formouse na facultade de Medicina de París, centro da anatomía galénica. Foi profesor de medicina no Collège Royal (1550-1555) e tivo como discípulo a Vesalio. Descubriu o acueduto que leva o seu nome (acueduto de Silvio). Dominaba o latín, o grego e o hebreo, e admiraba a Hipócrates e Galeno. Escribiu a primeira gramática do francés impresa en Francia, In linguam gallicam Isagoge (1531). Esta divídese en dúas partes: a Etymologica, inventario en que se mostra a correspondencia entre as letras latinas e os sons do francés, e a Grammatica latino-gallica, inventario que recolle cómo se deben trasladar ao latín palabras e construcións do francés. As súas obras de medicina publicáronse reunidas en Jacobi Sylvii Ambiani opera medica, jum demum in sex partes digesta, castigata et indicibus necessaris intuta (1630).

    VER O DETALLE DO TERMO