"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a Turquía, aos seus habitantes ou a súa lingua.
-
Natural ou habitante de Turquía.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos turcos.
-
Individuo do pobo turco.
-
Grupo de pobos asiáticos que falan algunhas das linguas turcas. Parece que o núcleo orixinario, procedente do Altai, se desprazou cara a occidente e formou un conglomerado de tribos, a miúdo enfrontadas entre elas mesmas. Os principais grupos tribais constituídos no conxunto turco foron os uzbekos, os kazakhos, os turcománs e oghuz, os kirguizos, os uigures, os baxhires, os tártaros, os karakalpak, os iacutos, os chuvaxos e os balkares. Os pobos turcos tiveron os primeiros contactos co Islam no s VIII aínda que inicialmente estiveron moi relacionados co Imperio Chinés ou incluso dependían del. Cara ao s VIII xa había grandes sectores da poboación turca que o adoptaran e que formaban os núcleos de futuros estados musulmáns, como o imperio de Maḥmūd de Ghaznī, o dos qarakhánidas ou o dos selxúcidas. Ao comezo do XIII, produciuse a entronización do poder mongol nos seus territorios, obra de Xenguis Khan. Nos últimos momentos do Imperio Mongol, o poder real foi pasando a mans...
-
-
-
Lingua turca suroccidental do phylum altaico que se fala en gran parte de Turquía e por minorías importantes en Chipre (onde é lingua oficial), nos Balcáns (especialmente Grecia e Bulgaria), en Siria e en Iraq. No pasado distinguíanse dous niveis de lingua en Turquía: a da corte, a administración e os reducidos núcleos de intelectuais, chamada fasih türkçe ou turco puro, incomprensible para a gran maioría da poboación, e o chamado kaba türkçe, turco vulgar, menos influído polo árabe e polo persa. Despois da revolución de 1923, Atatürk lanzou a consigna de que para ser turco cumpría turquizar a lingua e emprendeu a gran reforma lingüística de 1932. O turco coloquial (variante de Istambul) pasou a ser tamén a lingua da administración e da alta cultura. O alfabeto árabe foi substituído polo alfabeto latino. Na fonética do turco, a metafonía ten un papel moi importante. Non hai artigo nin marca de xénero. A morfoloxía é moi regular. O substantivo coñece seis casos:...
-
linguas turcas
Grupo de linguas do phylum altaico que se falan nunha extensa zona de Asia, que vai desde Turquía ata Siberia pasando polas estepas de Asia central (Irán, Afganistán, Rusia e China). As linguas turcas antigas xunto co uigur antigo corresponden ás inscricións rúnicas de Orkhon (s VIII) e de Ienisei (ss VII e VIII). As denominadas linguas turcas medias agrupan o conxunto de linguas faladas polos qarakhánidas, os cumanos, os kipchak e o pobo de Corasmia, xunto co chagatai literario. As linguas turcas modernas divídense en dous grandes grupos: o chamado s (linguas en que o son [j] das linguas turcas antigas se representa por s) e o chamado j (linguas que conservan o fonema [j] antigo). Dentro do grupo s está o búlgaro do Volga (falado antigamente polos búlgaros, antes da súa eslavización no s VII e actualmente extinguido); o chuvaxo, falado na República dos Chuvaxos e nas rexións de Kazan’ e Saratov (Rusia), que dispón dunha notable literatura desde o s XVII...
-
-
...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a Turkmenistán ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Turkmenistán.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos turcománs.
-
Individuo do pobo turcomán.
-
Pobo turco de Asia central. Documentados desde o s X, dedicábanse á gandaría nómada e formaban un conglomerado de tribos, das que destacan as hordas denominadas do carneiro negro (Kara Koyünlü) e do carneiro branco (Ak Koyünlü), que chegaron a ter un notable poder político nos ss XIV e XV respectivamente, e a tribo dos selxúcidas. A maioría habitan no Cáucaso, en Uzbekistán e, sobre todo, en Turkmenistán, Irán e Afganistán.
-
-
Lingua turca suroccidental do phylum altaico que se fala en Turkmenistán. Do turcomán primitivo derivou, a mediados do s XV, o chagatai. Actualmente escríbese en alfabeto cirílico e a súa literatura ten cada vez máis influencia da literatura rusa, en detrimento da turcoislámica.
-
-
-
Que ou quen naceu de pai turco e nai grega.
-
Membro da soldadesca mercenaria, xeralmente de orixe turca, mesmo pode ser que de pai turco e de nai grega. Formaban un corpo de cabalaría lixeira e estaban ao servizo das diversas ordes militares establecidas en Chipre, Xerusalén ou Rodas.
-
-
PERSOEIRO
Militar flamengo, conde de Tilly. Estivo ao servizo do imperio xermánico e durante a Guerra dos Trinta Anos mandou os exércitos da Liga Católica. Foi plenipotenciario na Paz de Lübeck (1629) e, desde 1630, foi xefe dos exércitos imperiais en substitución de Wallenstein. Despois da ocupación de Magdeburg, foi vencido polos suecos en Breitenfeld.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador provenzal. Coñecido tamén como Uc Faidit, cara a 1243 escribiu Donatz proensals, un tratado para uso dos trobadores italianos que consta dunha gramática e dun valioso dicionario das rimas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Fundou o xornal Noticiero Gallego e a revista ilustrada Galicia cómica e publicou Arlequinada (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca situada no centro da Comunidade Autónoma de Galicia, no O da provincia de Lugo. Limita ao N coa comarca de Lugo (Friol), ao S coas comarcas de Deza (Rodeiro) e Chantada (Taboada), ao L, novamente coa comarca de Lugo (Guntín e Portomarín) e ao O coa comarca da Terra de Melide (Toques, Melide e Santiso) e a de Deza (Agolada). Abrangue unha superficie de 417,9 km2, cunha poboación de 11.143 h [2001], distribuída nos concellos de Antas de Ulla (103,6 km2, 2.695 h [2001]), Monterroso (114,6 km2, 4.235 h [2001]) e Palas de Rei (199,7 km2, 4.213 h [2001]). A comarca presenta unha estrutura bipolar arredor de Palas de Rei e Monterroso, que organizan o territorio. Existen tamén relacións con Chantada e con Lugo para actividades relacionadas cos servizos administrativos máis especializados.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A comarca da Ulloa é un espazo onde ten a cabeceira un dos principais ríos galegos, o Ulla. É unha área deprimida desde... -
VER O DETALLE DO TERMO
Formato bibliográfico baseado nos puntos mínimos, comúns e compatibles entre os formatos MARC de todos os países que o teñen dispoñible, de xeito que o intercambio documental por ordenador sexa factible nun ámbito universal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga embarcación de carga de orixe holandesa, de casco moi amplo e popa arredondada, cunha capacidade entre 60 e 200 t.
-
VER O DETALLE DO TERMO
uceira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao órgano vexetal que ten forma de xerra.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter festivo e ocasional editada en Pontevedra con motivo do entroido de 1876. Elaborada por Andrés Murais, subtitulouse “Reinado y muerte del Urco. Colección de los documentos en prosa y verso publicado durante el carnaval de 1876 en Pontevedra”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. De formación inicialmente autodidacta, traballou como deseñador gráfico, ilustrador e escenógrafo. As preferencias temáticas expostas nas súas pinturas, cunha estética pop, foron a representación da muller e das súas formas corporais núas (El espejo, 1966) ou as composicións con maletas e sombreiros, que transmiten certa nostalxia (La maleta del holandés, 1991; El cuarto hombre, 1996; ou La mirada, 1998). Nas súas últimas obras (Carmen, 2002) tratou o cubismo. Das súas esculturas destacan El viajero (1991), Y sin embargo hay algo que se queda (1994) e Culis Monumentalibus (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica. Este nome de lugar xa se documenta na Idade Media como valle carceris ‘val encaixado’. O apelido documéntase desde o s XIV: Garcia Rodrigues de Valcarcere (s XIV, Galdo, páx. 254), Joseph Balcarce (ano 1752, Catastro da Coruña, páx. 58), Manuel Balcarcel (ano 1752, Catastro de Santiago, páx. 127), Cathalina Valcarcel (ano 1752, Catastro da Coruña, páx. 121). Presenta as variantes Balcarce e Valcárcel.
-
GALICIA
Escritor e xornalista. Colaborador en diversas publicacións periódicas, como Diario de Pontevedra, Galicia Recreativa e El Ideal Gallego, escribiu a novela María, o libro de poemas Flores de espino (1900), o estudo La redención de foros (1907), e os dramas Luchar con el corazón (1884), El gran proyecto (1888), Pontevedra en el siglo XX (1891), Siluetas (1893), Palique (1901), Una noche en el infierno (1906) e Soledad (1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Valcarce.
-
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, cinco paus de sinople, recurtados e o pé fixado, como estacas. Outro trae, en campo de goles, cinco paus de ouro, saíntes do bordo superior do escudo e fixados, tocando o bordo inferior da punta. Outro, en campo de ouro, catro paus, dous de goles e dous de sinople, alternando, saíntes do bordo superior do escudo, e fixados tocando o bordo inferior.
-
-
GALICIA
Xurista. Doutor en Dereito Mercantil, Economía e Estatística, foi secretario do Consello Superior das cámaras de comercio. Foi candidato a Cortes polas Irmandades da Fala (1918). Publicou Poesías (1917), O municipio galego (1917) e Cámaras de comercio, industria y navegación (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Historia Contemporánea, especializouse na historia política dos anos 1900-1936 e no galeguismo, ademais de temas relacionados cos medios de comunicación galegos e coa obra dos escritores ourensáns. Foi presidente fundador do Clube Cultural Alexandre Bóveda de Ourense. Das súas obras destacan, ademais da súa colaboración en diversos xornais galegos, A prensa en Ourense e a súa provincia. Catalogación e estudo (1987), Ramón Otero Pedrayo, vida, obra e pensamento (1988) con X. R. Quintana, A cidade da xeración Nós (1996); a edición crítica de O libro dos amigos (1997) de R. Otero Pedrayo, Eladio Rodríguez González. Vida e obra (2001) e Xaquín Lorenzo. Vida e obra (2004).
VER O DETALLE DO TERMO