"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo bantustán independente da República Surafricana (41.002 km2; 2.524.353 h [1983]), que estivo vixente ata o final do apartheid. Limita ao N con Leshoto e coa antiga provincia surafricana de Natal, ao O e ao S coa antiga provincia do Cabo e ao L e o SL co Océano Índico. Pola Promotion of Bantu Self-government Act de 1959, converteuse no primeiro bantustán surafricano. En 1976 declarouse independente, pero este status non foi recoñecido internacionalmente, e só o aceptou a República de Suráfrica.
-
-
Acción e efecto de trasladar ou trasladarse.
-
-
Movemento dun sólido en que todos os puntos que o constitúen experimentan o mesmo desprazamento. Se A e B representan as posicións iniciais de dous puntos calquera do sólido, e A’ e B’ as correspondentes aos mesmos puntos despois de efectuada unha translación, cúmprese que B-A = B’-A’, sendo B-A e B’-A’ os vectores AB→ e A’B→’.
-
Movemento dun astro que se despraza segundo unha órbita arredor doutro astro. Nun instante dado, todos os seus puntos se moven nunha mesma dirección e cunha mesma velocidade. É o movemento que posúen os planetas respecto do Sol e os satélites respecto do seu planeta. Na Terra, a translación define o ano astronómico.
-
-
metáfora.
-
Proceso mediante o que a mensaxe xenética é descifrada e convertida no alfabeto de 20 letras da estrutura proteica.
-
Operación de simetría que consiste en desprazar as figuras sen que se deformen, de xeito que todos os seus puntos describan traxectorias rectilíneas, iguais e paralelas.
-
Proceso polo que un imposto orixinariamente pagado ou atribuído a unha persoa física ou xurídica repercute finalmente noutros que pagan efectivamente o seu importe.
-
Transformación xeométrica que a cada punto M do plano lle asocia outro M’ de xeito que o vector MM→’ sexa un representante dun vector libre v→, denominado vector da translación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten un sentido figurado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que transfire a propiedade dunha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato de pequeno tamaño que nas asclepiadáceas serve para transportar o pole dunhas flores a outras por medio dos insectos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escritura das palabras dunha lingua determinada cos signos dun alfabeto distinto. A diferenza da transcrición, procura reproducir o orixinal, letra por letra e se a correspondencia non é exacta empréganse diacríticos auxiliares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escribir as palabras dunha lingua determinada cos signos dun alfabeto diferente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aberración cromosómica que consiste nun cambio na estrutura cromosómica, que resulta da transferencia dun fragmento de cromosoma escindido do seu lugar de orixe que se sitúa noutra posición, en sentido inverso no mesmo cromosoma ou noutro. No caso de que dous cromosomas intercambien un segmento que orixinalmente lles correspondía fálase de translocación recíproca. As translocacións heterocigóticas reducen a frecuencia de entrecruzamento dos cromosomas en que se atopan, a causa das dificultades que presentan no emparellamento meiótico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema da membrana interna das mitocondrias que ten por obxecto a expulsión do ATP formado por fosforilación oxidativa e a regulación do nivel de nucleótidos de adenina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de translúcido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que deixa pasar a luz pero non ver con nitidez os obxectos ao seu través.
-
-
Deixar pasar a luz pero sen permitir ver con claridade.
-
Deixar adiviñar unha cousa sen dicila claramente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Em-presa de transportes marítimos fundada en Barcelona en 1916, produto da fusión de seis empresas navieiras. Dedícase ao transporte de viaxeiros entre Barcelona e outros portos do Mediterráneo e as Illes Balears, Canarias, Ceuta e Melilla, e tamén ten liñas interinsulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que atravesa o Mar Mediterráneo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transferencia dun grupo metilo dunha substancia con grupos metilo, como é o caso da transferencia da betaína á homocisteína para dar metionina ou outra substancia.
-
-
Acción e efecto de transmigrar.
-
Paso da alma de quen está morto a outro corpo humano, animal ou vexetal, segundo a doutrina da metempsicose. Fundamento da palinxenesia do universo segundo os pitagóricos, para os estoicos só era unha consecuencia dela. Tamén se denomina transmigración das almas.
-
Cambio de lugar, especialmente o que se refire ao paso dun óvulo dun ovario á trompa do outro lado.
-
-
-
Pasar un pobo do país que habitaba a outro.
-
Sufrir a alma unha transmigración.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
transmisible.
-
ENTRADA LARGA
Relación entre a radiación transmitida e a radiación incidente nun feixe de ondas electromagnéticas. No caso dun feixe refractado, a transmisibidade T exprésase:
FORMULA
I2 n2 cos ϕ 2
VER O DETALLE DO TERMO
T =————————
I1 n1 cos ϕ 1
onde I é a intensidade dos feixes, n1 e n2 son os índices de refracción dos medios 1 e 2, e ϕ é o ángulo que forman coa normal. -
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser transmitido.