"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Pasar un líquido a través dos poros dun corpo en forma de pingas.
-
-
Segregar os humores corporais ao exterior a través dos poros da pel.
-
Saír soro ou líquido a través das membranas que o conteñen.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Copia ou traslado que se saca do documento orixinal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao núclido cuxo número atómico é superior a 92, que é o que lle corresponde ao uranio. Todos os núclidos transuránicos son radioactivos, con períodos de desintegración pequenos, e non se atopan na natureza, senón que son creados artificialmente por bombardeo de núclidos pesados con neutróns ou núclidos lixeiros. Os transuránidos forman parte do grupo dos actínidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga provincia de República Surafricana, situada na banda nororiental do estado, que existiu ata a fin do apartheid. A partir desa data dividiuse en catro provincias; Gauteng (17.010 km2; 7.780.631 h [estim 2000]), Noroeste (116.320 km2; 3.532.824 h [estim 2000]), Mpumalanga (79.490 km2; 3.004.916 h [estim 2000]) e Limpopo (123.910 km2; 5.495.679 h [estim 2000]). Limitaba coas provincias de Natal e Orange ao S, Swazilandia ao SL, Moçambique ao L, Zimba-bwe ao N, Botswana ao O e a provincia do Cabo ao SO. A súa capital era Pretoria. Situado sobre un altiplano lixeiramente inclinado e atravesado por sistemas montañosos de SO a NL, con altitudes de 1.200 a 1.800 m, o territorio está drenado por numerosos ríos, afluentes do Limpopo, o que marcaba a fronteira setentrional, e polo Vaal, afluente do Orange, que sinalaba a fronteira meridional. A economía rural baseábase na gandaría (gando bovino e ovino) e no cultivo de millo miúdo, sorgo,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de transvasar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trasladar un líquido dun lugar ou dun recipiente a outro.
-
-
-
Que vai nunha dirección oblicua ou contraria a outra.
-
Que cruza ou atravesa algo no sentido oposto e dun lado ao outro.
-
-
Que se desvía da dirección principal.
-
Aplícase á recta que atravesa ou corta un sistema de rectas ou curvas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mutación no ADN que consiste na substitución dun par purina-pirimidina por un pirimidina-purina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está colocado ou dirixido ao través de algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos animais e ás plantas que conteñen algún xene alleo en todas as súas células somáticas e xerminais, o que foi introducido artificialmente nalgunha célula destes dous tipos ou nun embrión temperán mediante un fago transdutor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión de Palestina situada ao L do Xordán, correspondente ás fronteiras de Xordania tras o armisticio de 1967. Ocupada antigamente por ammonitas, moabitas e idumeos, foi sede das tribos israelitas de Gad, Rubén e parte de Manasés. Conquistada polos seléucidas (400? a C), formou parte do imperio nabateo de Petra. Baixo os asmoneos (143-63 a C) volveu formar parte do estado xudeu. Conquistada polos musulmáns (637), pasou a ser un dos seis reinos (Reino de Karak) en que foi dividida Siria baixo os califas de Bagdad. En tempos dos cruzados constituíu o principado latino de Transxordania. Tras a vitoria de Saladino en Hattin (1187) contra Reinaldo de Châtillon foi un emirato dependente dos sultáns mamelucos de Exipto. Anexionada ao Imperio Otomán (s XVI), foi ocupada polos británicos (1917), que confiaron a súa administración ao emir haxemita Abdullah ibn Hussein. Recoñecida a súa independencia (1923), a oposición sionista aconsellou a constitución dun protectorado británico nela (1928)....
-
-
Relativo ou pertencente á antiga Transxordania ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da antiga Transxordania.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ferrocarril, xeralmente de tracción eléctrica, cuxos carrís, de perfil especial, están encaixados no pavimento da rúa ou da estrada. Os primeiros tranvías, que eran de tracción animal, foron empregados en Nova York en 1842. Entre o establecemento dos tranvías de tracción animal e os de tracción eléctrica instaláronse en diversas cidades tranvías de tracción a vapor. A causa do aumento constante do tránsito nas cidades foron substituídos primeiro polos trolebuses e despois polos autobuses.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro creada en Vigo en 1989 por Avelino González Fernández e Cándido Pazó. En 1993 fusionouse con Ollomol Teatro Submarino para dar lugar á compañía Ollomoltranvía. Da súa produción destacan O merlo branco (1989, Premio Xeración Nós de Teatro Infantil 1991) ou A mostra (1992), dirixidas por Cándido Pazó.
-
-
Relativo ou pertencente ao tranvía.
-
Persoa que traballa no servizo de tranvías.
-
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, Sicilia, Italia (67.456 h [2001]). É un porto pesqueiro e comercial situado no NO da illa, ao pé do Erice, no fondo dunha pequena baía. Destacan a catedral, do s XII e reedificada no XVIII, e a igrexa da Annunziata (s XIV).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Sicilia (2.461 km2; 410.381 [2001]). A súa capital é Trapani.
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Despois de cursar a carreira eclesiástica dedicouse ao xornalismo, inicialmente como redactor xefe da revista Acción Social, e logo como director dos semanarios Justicia e Renovación, do boletín do Concello de Lugo, da revista LUCUS e dos xornais La Voz de la Verdad, El Heraldo de Vivero e El Progreso, cargo que desempeñou ata a súa xubilación (1972). Fundador da revista Vallibria e colaborador de Radio Lugo, foi cronista oficial de Lugo e director do Museo Provincial de Lugo. Publicou os libros poéticos El Mariscal Don Pedro Pardo de Cela. Leyenda acerca de su prisión y muerte (1925) e Lóstregos e moxenas (1926); a zarzuela Non chores Sabeliña (1943), e os libros históricos Lugo, 100 años de vida local (1969) e Lugo y su muralla (1986). Membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Real Academia Galega, dirixiu o Museo Provincial de Lugo...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Amoeiro. Construída no s XIII, amosa a transición do románico ao gótico. Ten unha soa nave e ábsida. Combínanse as arquivoltas apuntadas da portada cos contrafortes románicos dos muros da nave.
VER O DETALLE DO TERMO -