"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura xeométrica de desenvolvemento concéntrico e forma simétrica na que todo equidista e se subordina respecto a un punto axial. Utilízase pola súa significación mística e simbólica, tanto na edificación arquitectónica como nas producións plásticas budistas. Chegou ao mundo occidental contemporáneo a través das correntes relixiosas e filosóficas pro-orientais.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima e do estado de Myanmar ata 1886 (532.949 h [1983]). Foi un dos principais centros culturais e políticos locais desde o s XVI. O seu momento máis esplendoroso foi no s XVIII, ao que pertencen unha gran diversidade de palacios, onde conflúen as tendencias india e chinesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Myanmar (37.024 km2; 5.823.000 h [estim 1994]). A capital é Mandalay.
-
-
Acción e efecto de mandar.
-
Aquilo que se manda.
-
Cada unha das normas morais da relixión católica que debe cumprir o crente, especialmente os mandamentos da lei de Deus ou Decálogo e os mandamentos da Igrexa.
-
-
Acto procesal co que se dá orde aos rexistradores de propiedade, mercantís, de vendas, corredores de comercio, axentes de xulgado ou notarios para que practiquen calquera dilixencia.
-
Orde do xulgado que o notario fai constar na cláusula de traslado.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente aos mandan.
-
Individuo da tribo mandan.
-
Tribo indíxena de América Setentrional, do grupo dos síux, establecida entre o río Heart e o Petit Mississipi. Os últimos representantes viviron en reservas no estado de Dakota en EE UU.
-
-
-
Que manda.
-
Persoa que, por medio dun mandado, confía a outra a xestión dunha cousa.
-
-
-
Expresar a alguén con autoridade o desexo de que se faga algo.
-
Ter a autoridade máxima sobre unha persoa ou grupo.
-
Enviar desde un lugar a outro unha persoa ou unha cousa.
-
Lanzar un obxecto con forza contra algo ou alguén.
-
Ofrecer un prezo por algo.
-
Deixar algo a alguén nun testamento.
-
Exercer autoridade sobre algo ou alguén.
-
Exercer un dominio absoluto nunha proba deportiva.
-
-
MACIZO
Macizo do N da meseta de Adamaoua, situado entre o río Benue e o lago Chad, entre Nixeria e Camerún. Acada unha altitude media de 800-900 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Que ou quen é amigo de mandar.
-
Persoa influente nos ambientes intelectuais ou políticos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos mandaríns ou ao dialecto mandarín.
-
Alto funcionario civil e militar da China imperial,e doutros países asiáticos, que tiña ao seu cargo o goberno dunha cidade ou da administración e que podía pertencer a diversas categorías.
-
Lingua chinesa do grupo han que fala un 75% da poboación de China. A lingua común ou putonghua do chinés baseouse na pronuncia do mandarín, localizada en Pequín.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froita do mandarineiro, comestible, semellante á laranxa, pero máis pequena, deprimida, de pel delgada, facilmente pelable e dun gusto máis suave, da que existen diferentes variedades, como a clementina, a satsuma, máis doce, ou a mediterránea, tamén denominada mandarina común ou de València.
-
-
Dignidade ou condición de mandarín.
-
Territorio sobre o que tiña xurisdición un mandarín.
-
Clase ou estamento dos mandaríns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben distintas especies de árbores do xénero Citrus, da familia das rutáceas, que presenta follas alternas, elípticas ou lanceoladas, de cor verde, flores hermafroditas aromáticas e de cor branca, illadas ou agrupadas en pequenos grupos, e froito de interese en alimentación, as mandarinas. Entre elas atópase C. reticulata (mandarineiro clementino) que dá lugar ás clementinas, C. unshiu (mandarineiro satsuma) que dá lugar á variedade satsuma e C. deliciosa que dá lugar á mandarina mediterránea. O mandarineiro é unha árbore orixinaria de China, que se cultiva, ademais de polos seus froitos, como planta ornamental.
-
-
Persoa que acepta a xestión dun asunto mediante un contrato de mandato.
-
Xefe dun estado.
-
-
-
Encargo ou orde que se dá a unha persoa. OBS: É unha palabra máis culta que mandado, aínda que os seus significados sexan case iguais.
-
-
Autorización que unha persoa dá a outra para que a represente nuns actos concretos e durante un tempo determinado.
-
Tempo que dura esa autorización.
-
mandato representativo
Posición xurídica dos parlamentarios pola que representan a unha nación ou a un pobo no seu conxunto e na que os electores non poden revocarlles o mandato nin dar instrucións concretas mentres dure a lexislatura.
-
-
Documento empregado polos soberanos medievais para transmitir ordes sen a solemnidade doutros documentos diplomáticos.
-
Tutela que exercía un estado sobre certos territorios por concesión da Sociedade de Nacións e baixo a súa vixilancia. Creado polos tratado de paz de 1919, a Organización das Nacións Unidas substituíno polo fideicomiso.
-
Cerimonia do lavatorio dos pés a doce persoas o día de Xoves Santo, para conmemorar a acción de Xesús Cristo.
-
-
CIDADES
Cidade da illa de Cebu, Filipinas, situada na costa do mar de Camotes, ao L da cidade de Cebu (259.728 h [2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos mandés ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo mandé.
-
Pobos sudaneses que habitan unha parte de Guinea, a Costa de Marfil, Mali, Senegal, Gambia e Guiné-Bissau. Divididos en castas, dedícanse á agricultura e artesanía. Distínguense segundo a súa lingua, en malinkes, en bambaras, en diulas e en soninkes.
-
Familia de linguas do phylum níxer- -congo que falan os pobos mandés, ben como lingua materna ou como lingua vehicular. Estas linguas tenden a estenderse por toda África occidental.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina de carácter gnóstico e dualista que profesa a seita dos mandeos, coñecidos tamén por nazarenos ou cristiáns de San Xoán. A súa orixe puido establecerse en Transxordania e no s I ou II evolucionou baixo unha influencia gnóstica e maniquea. Defenden que a alma humana permanece aprisionada no corpo e é perseguida polos demos pero ao final será liberada por Manda da Hayyé ou Coñecemento de Vida. Dos escritos mandeos conservados destaca Ginzà.
-
PERSOEIRO
Político e economista. A súa obra representou a achega máis importante ao marxismo de tendencia trotskista. Escribiu, entre outras, Traité d’économie marxiste (1962) e Der Spätkapitalismus (O capitalismo tardío, 1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Congreso Nacional Africano (CNA) desde 1944, en 1956 foi acusado de alta traizón e en 1964 condenado a cadea perpetua. Dirixente do CNA desde 1967, converteuse nun símbolo da loita antiapartheid. Foi liberado incondicionalmente en 1990 e elixido presidente do CNA en substitución de Oliver Tambo. Aceptou renunciar á violencia a cambio da abolición do apartheid. Despois das primeiras eleccións multirraciais, accedeu á presidencia do estado (1994-1999). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional (1992) e o Premio Nobel da Paz (1993), que compartiu con F. de Klerk, último presidente do réxime segregacionista sudafricano.
VER O DETALLE DO TERMO