"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor francés. Abandonou os estudios de leis para dedicarse á escultura. Formouse no obradoiro de A. Toussaint e dende 1858 na École des Beaux Arts. En 1878 foi nomeado director deste último. Foi conservador do Musée de Luxembourg (1873). Destacan as súas obras Chanteur florentin (Cantor florentino, 1865) e Jeanne d’Arc (Xoana de Arco, 1889).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bacteriólogo e patólogo francés. Nacionalizouse estadounidense en 1938. Foi profesor na Rockefeller University for Medical Research e na Harvard University. Galardoado con moitos premios científicos, destacan os seus estudios sobre inmunidade adquirida, os antibióticos, a tuberculose e as formas cristalinas de virus que destrúen as bacterias Gram-positivas. Interesado polos problemas ambientais, converteuse nun teórico do ecoloxismo. Cómpre mencionar as súas obras Louis Pasteur (1950), Man, Medicine and Enviroment (Home, medicina e medio, 1968), Only one Earth (Só unha terra, 1972), xunto con B.Ward, e The Wooing of the Earth (O galanteo da terra, 1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor irlandés. Entre 1867 e 1887 exerceu como veterinario en Belfast. No ano 1887 descubriu un procedemento para amortecer as vibracións das rodas dos triciclos, baseado na introdución dun tubo de caucho inflado (cámara) entre a pina e a cuberta. Patentou o invento en 1888 e, dous anos despois, iniciou a súa produción a escala comercial. Ao pouco tempo, abandonou as actividades industriais e volveu ao exercicio da veterinaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador, sobriño e axudante de Thomas Gainsborough. Realizou reproducións das obras de seu tío e rematou aquelas que este deixou inacabadas á súa morte. Entre os seus retratos destacan os conservados no Garrick Club, referidos a actores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Formación vexetal, de carácter continental, na que predominan especies graminoides de follas ríxidas de medra periódica, que se presenta como praderías de estepa típicas da sabana africana, da caatinga brasileira, da pampa arxentina, da pusta húngara ou das praderías de Australia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Robert Zimmerman.
-
CIDADES
Cidade do condado de East Sussex, en Inglaterra, Reino Unido, situada á beira do Canal da Mancha, nos contrafortes orientais da serra de Downs (87.000 h [estim 1999]). As bases da súa economía son as actividades relacionadas coa pesca e cunha pequena industria conserveira. Nos últimos anos adquiriu grande importancia o turismo, principalmente nos meses de verán, debido á construción dun balneario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título co que foi coñecida Ana de Mendoza de la Cerda y Silva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título co que foi coñecido Ruy Gómez de Silva y Teles de Meneses.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caucho vulcanizado cunha proporción de xofre que pode variar do 18 ao 40% e cun 3% de negro de fume. Presenta unha gran resistencia aos axentes químicos e emprégase na fabricación de material eléctrico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de traballar o marfil.
-
-
Relativo ou pertencente ao marfil.
-
Persoa que traballa o marfil.
-
-
PERSOEIRO
Rei suevo (583-584), fillo de Miro. Continuou a política dos últimos anos de goberno do seu pai e rendeulle homenaxe ao rei visigodo Leovixildo. O seu cuñado Andeca (584), á fronte dun poderoso grupo de nobres descontentos polo seu sometemento aos visigodos, destronouno, recluíuno nun mosteiro e ordenouno presbítero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade quincenal que apareceu en Bouzas o 12 de outubro de 1902. Fundouna Xosé Pérez Fernández.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Pontevedra a partir do 2 de febreiro de 1883. Subtitulouse inicialmente “Periódico defensor de los intereses morales y materiales”, pero coa radicalización dos seus artigos modificou a cabeceira pola de “Diario de la izquierda liberal”. Dirixido por Emilio Álvarez Giménez, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Millán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial constituída en Ferrol en 1993. Fundárona Francisco Rodríguez López, os irmáns Carlos e Antonio Miragaya Casteleiro e Miguel Toval Porta. A súa colección máis antiga é “Biblioteca de Ferrolterra”, na que se integran unha serie de publicacións de historia e historiografía, así como traballos nos que se recuperan textos ferroláns do s XIX. Ademais posúe unha colección infantil, outra de narrativa galega e a serie “Documenta”. Entre os anos 1993 e 1999 tirou do prelo a publicación mensual Crónica de Ferrolterra e dende 1999 o Anuario de Ferrolterra, no que se reúne a actualidade dos concellos de Ferrol, Eume e Ortegal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
A sociedade cultural Edicións O Paporroibo creouse o 17 de xuño de 1992 co obxectivo de promocionar escritores, creadores de arte e investigadores vinculados ás terras do Ortegal. Presidida por Manuel López Foxo, conta coa coordinación de Obdulia Dopico Cachán. Edita fundamentalmente libros de contos e poesía.
-
GALICIA
Director coral e compositor. Na Coruña dirixiu o Orfeón La Aurora e a Coral Polifónica El Eco. O 7 de xullo de 1923 debutou á fronte do Coro Toxos e Froles no Salón Círculo Recreativo de Redes coa estrea da súa obra Orballeiras, colectivo que dirixiu ata a súa morte; e o día 15 do mesmo mes actuaron nunha homenaxe a emigrantes galegos que chegaron dende La Habana. Así mesmo, dirixiu a agrupación en numerosas actuacións en Ferrol, Betanzos, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Noia, etc. O 17 de abril de 1925 estreou o pasodobre Toxos e Froles, para seis voces mixtas, e o 15 de outubro e o 22 de decembro de 1926 Gaitiña mía, para piano e canto, e A neve, todas elas da súa autoría. Da súa produción destacan, ademais, numerosas obras para piano, guitarra e orquestra, e tamén un arranxo de Negra sombra e as pezas A volta da feira de Portomarín, A festa dos mariñeiros, A volta do emigrante, Pastoriza e Na festa do Patrón,...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Mozo de dezaoito a vintedous ou vinte e tres anos entre os gregos antigos. Despois da Batalla de Queronea (338 a C), designou os membros dunha institución militar que integraba a todos os mozos, inscritos como novos cidadáns, no demo.
-
Membro dunha efebía durante o Imperio Romano.
-
Mozo de aspecto efeminado.
-
Rapaz novo que exerce a prostitución homosexual.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser elaborado.