"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Avogado. Licenciado en Dereito (1958), foi avogado e asesor xurídico de COREN e Caixa Galicia. Pertenceu a UCD e a Coalición Galega. Foi conselleiro político da Xunta Preautonómica de J. Quiroga Suárez e deputado por UCD no Congreso de los Diputados (1977-1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación formada por tres cascos, un ao lado do outro, e unidos por uns soportes ríxidos. Ten unha grande estabilidade e rapidez, o que o fai apto para regatas transoceánicas.
-
PERSOEIRO
Empresario e enxeñeiro. Foi presidente de Unión Fenosa en Madrid, xefe de explotación e director de Saltos do Sil, director da empresa construtora do Sil, director e presidente de Eléctricas Leonesas, director da división inmobiliaria de Huarte y Cía, director xeral de Fuerzas Eléctricas do Noroeste, presidente da Sociedad Autopistas del Atlántico e conselleiro da Compañía Insular de Nitrógeno. Promotor das actividades culturais de Unión Fenosa, entre elas a Mostra Unión Fenosa que entrega un premio que leva o seu nome, foi presidente do padroado do CGAC. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla Castelao en 1998.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘dente’.
-
-
Garfo grande co que se suxeita a comida que se vai trinchar.
-
Mesa ou aparador no que se poñen as viandas que se van trinchar antes de servilas na mesa.
-
Persoa que trinchaba e servía a vianda na mesa dun señor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito bélico de carácter europeo (1618-1648), que se prolongou na guerra entre Francia e a monarquía hispánica, que durou ata 1659. A primeira fase, chamada bohemio-palatina (1618-1625), iniciouse coa insurrección de Bohemia e os estados da Casa de Austria contra o futuro Emperador Fernando II, de tendencias absolutistas e católicas. Os nobres bohemios elixiron rei ao elector Federico V do Palatinado (1619), pero as tropas da Liga Católica, baixo o mando de T’Serclaes de Tilly, puxeron fin ao reinado de Federico na Batalla da Montaña Branca (1620). Comezou logo a chamada fase danesa (1625-1629), coa intervención de Cristián IV de Dinamarca. T’Serclaes de Tilly derrotou aos daneses na Batalla de Lutter (1626,) e Cristián IV renunciou a intervir en Alemaña (Paz de Lübeck, 1629). A intransixencia de Fernando II, que promulgou o Edito de Restitución (1629), provocou a continuación da loita. Iniciouse entón a chamada fase sueca (1630-1635). Gustavo II Adolfo de Suecia, con apoio francés,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Protozoo flaxelado que pertence ao xénero Trypanosoma.
-
-
Enfermidade humana ou dos animais que está producida polos tripanosomas.
-
Enfermidade que está causada polos protozoos Trypanosoma gambiense e T. rhodesiense e que se transmite pola picadura dunha mosca tse-tse infectada. Caracterízase pola aparición dun chancro de inoculación eritematosa, seguido de linfadenopatías xeneralizadas, esplenomegalia, paroxismos febrís importantes con erupción cutánea e, despois do primeiro ano, afectación do sistema nervioso central con tendencia progresiva ao sono profundo e irreversible. OBS: Tamén se denomina enfermidade do sono.
-
-
PERSOEIRO
Escritor indio. Coñecido como Nirala, presentou trazos neorrománticos nas primeiras obras, para decantarse posteriormente por temas políticos e sociais. Da súa produción destacan Kulli Bhat (1939), Kukurmutta (1942) e Naye patte (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado en Hannover o 10 de outubro de 1716 entre Reino Unido e Francia, ao que se adheriron o 4 de xaneiro de 1717 as Provincias Unidas. Pretendía asegurar os tratados de Utrecht (1713) e de Rastatt (1714). En 1718, ao unírselle Austria, pasou a denominarse Cuádrupla Alianza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alianza asinada o 20 de maio de 1882 en Viena por Alemaña, Austria-Hungría e Italia. Italia uniuse á alianza que fora asinada por Alemaña e Austria-Hungría en 1789, e formou así unha unión defensiva contra Francia, en caso de agresión non provocada, e fronte a calquera coalición de dous estados. Rompeuse en 1915 ao entrar Italia na Primeira Guerra Mundial ás escondidas dos aliados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito que enfrontou ao exército paraguaio coas forzas da Tripla Alianza (Arxentina, Brasil e Uruguay) entre 1864 e 1870. Ante as pretensións expansionistas do ditador paraguaio Francisco Solano López, que pretendía recuperar a hexemonía sobre o Río de La Plata, as tres potencias uníronse en alianza desde 1865 e derrotaron a Paraguay en 1870.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Avión con tres ás dispostas paralelamente unhas sobre outras e unidas xeralmente por tirantes.
-
REXIÓNS
Rexión do NO de Libia que ata 1963 foi, con Cirenaica e Fezzān, unha das tres provincias federadas do país. Consta dunha chaira litoral areosa (Djttara), pechada no S polos outeiros de Dahar e polo altiplano de Al- Ḥ amādah al Ḥ amrā’, que a separa de Fezzān. Rexión árida, con escasas chuvias en inverno, ao L, despois de Mi ṣ rāta, é case desértica. A poboación está formada por árabes e bérberes arabizados e no interior a maioría son seminómades ou nómades e dedícanse á gandaría. A área de cultivos é moi restrinxida e depende do regadío. É un centro de extracción de petróleo, gas natural e ten salinas. A rexión foi habitada xa en época prehistórica. Os fenicios fundaron nela os primeiros emporios de Leptis Magna e Sábrata (primeiro milenio a C). Sometida ao dominio cartaxinés, pasou a mans dos númidas (146 a C) ata a ocupación romana (106 a C). Ocupada polos vándalos (455?) e posteriormente (534) polos bizantinos, foi unha provincia consular, administrada...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Trípoli, a Tripolitania ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Trípoli ou de Tripolitania.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aminoácido esencial, derivado do indol, que é precursor do ácido nicotínico cuxa deficiencia provoca a pelagra. Emprégase en medicina e como complemento da nutrición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro dunha tripulación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao triedro que ten as tres caras e os tres diedros de 90°.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que acontece ou se dá tres veces por semana.
-
PERSOEIRO
Escritor. Protexido polos papas León X e Clemente XII, erixiuse en árbitro de todas as cuestións literarias, e na súa Arte Poetica (1529-1562) estableceu con modelos aristotélicos unha ríxida normativa, que aplicou a toda a súa obra.
VER O DETALLE DO TERMO