"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Comezou na tradición posrromántica, pero consolidouse como escritor dentro dunha liña realista. O relato “Khor e Kalinyč”, o primeiro da serie Zapiski okhotnika (Apuntamentos dun cazador, 1852) iniciou un tipo de literatura sobre as condicións de vida do pobo ruso e o seu carácter nacional. Cultivou tamén o teatro, pero sobresaíu especialmente na novela e no relato. Destacan Dnevnik lišnego (Diario dun home superfluo, 1850), Mumu (1854), Rudin (1856), Dvor’anskoje gnedo (Niñada de xentilhomes, 1860), Nakanune (A vixilia, 1862), Otcy i deti (Pais e fillos, 1862), Dym (O fume, 1867) e Nov’ (Terra virxe, 1876).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista, barón de Aulne. Recibiu a influencia dos fisiócratas e foi funcionario da administración francesa durante os reinados de Luís XV e Luís XVI. Foi ministro da Mariña, inspector xeral de finanzas e comercio e comisario de obras públicas (1774-1776). Estableceu a liberdade de comercio interior dos cereais, mellorou a situación da facenda e as finanzas do estado e suprimiu os gremios. Escribiu Réflexions sur la formation et la distribution des richesses (1766), o primeiro tratado sobre o valor e a distribución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Ideou o concepto teórico dunha máquina calculadora universal, chamada máquina de Turing, traballou especialmente no campo da lóxica matemática e interesouse pola intelixencia artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro estadio do Permiano, mantido especialmente polos autores franceses, por riba do Saxoniano e por debaixo do Triásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de África oriental, antigo lago Rudolf, situado ao N da fosa oriental africana e ao NO do estado de Kenya (8.500 km2). A súa parte setentrional limita con Sudán e Etiopia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica e xeográfica de Asia central, habitada por pobos turcos, comprendida entre o Mar Caspio ao O, as estepas siberianas ao N, as montañas de Altai e o deserto de Gobi no L e as serras do Hindu Kush, de Pamir e do Kunlun ao S. Convencionalmente divídese no Turkestán occidental ou ruso, que abrangue Turkmenistán, Kirguizistán, Uzbekistán, Taxikistán e a parte meridional de Kazakhstán; no Turkestán oriental ou chinés, que abrangue o zizhiqu de Xinjiang Uygur; e o Turkestán meridional ou afgán, que abrangue a parte setentrional de Afganistán. Pola súa situación xeográfica, no medio das rutas comerciais que unían o Mediterráneo co Extremo Oriente, a rexión sufriu un continuado cruzamento de culturas e de invasións. No s X iniciouse a penetración do Islam a partir de Transoxiana. Despois da conquista de Xenguis Khan (1218-1220), Turkestán permaneceu separado do Imperio Mongol e formou un khanato independente. En 1639 Turkestán foi ocupado polo timúrida Tuhgluk Timur, que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do SO da Asia Central, que limita ao N con Uzbekistán, ao NL con Kazakhstán, ao O co mar Caspio, ao S con Irán e ao SL con Afganistán (488.000 km2; 5.170.000 h [estim 2001]). A capital é Aškhabad.
    Xeografía física
    Os desertos ocupan o 90% do territorio. O deserto de Karakumy, un dos máis grandes do mundo, ocupa toda a parte central da república. Catro quintas partes do territorio son chás; no extremo O, a beira do Mar Caspio forma unha depresión por debaixo do nivel do mar. Ao SO e ao extremo L o terreo é accidentado: nel atópanse as cordilleiras do Koppeh Dāg e do Kugitantau, zonas xeoloxicamente moi novas e sometidas a unha importante actividade sísmica. Os solos son variados, a miúdo salinos, e predominan os de cor gris parda. O clima é continental extremo, con veráns moi calorosos e invernos fríos. A precipitación anual é escasa. O río máis caudaloso é o Amur Daja. O Tedžen, o Murgab...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Coñecido como Johannes Aventinus, foi o autor dunha gramática latina e fundador da Solidaritas Litteraria Angilostadensis. Historiador da Corte (1517), redactou os Annales Baiorum, publicados en Alemaña co título de Bayerische Chronik (1526-1533), un tratado sobre filosofía e música que simpatiza con algunhas ideas da Reforma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. De nome Julia Jean Mildred France Turner, en 1937 debutou en comedias e musicais e co tempo converteuse en estrela do melodrama. Participou en The Postman Always Rings Twice (1948), The Bad and the Beautiful (1952), Imitation of Life (1959), Portrait in Black (1960), Love has Many Faces (1965) e Witches’ Brew (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo estadio do Cretáceo Superior, situado sobre o Cenomaniano e baixo o Coniaciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e patriota húngaro. Interveu na revolución democrático-burguesa de 1848. Organizou en Italia a lexión húngara, que loitou contra os austríacos. Foi lugartenente de Garibaldi na Expedición dos Mil, e foi tenente xeneral do exército italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Monxe beneditino, traballou en diversos mosteiros (Alcobaça, Santo Tirso, Coimbra) e reformou os coros das catedrais de Viseu e de Leiria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra filosófica de Cicerón escrita en 45 a C que recolleu as cinco conversas sostidas entre un mestre e un auditor en Túsculo. Consta de cinco libros e foi dedicada a M. Bruto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á antiga Túsculo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da antiga Túsculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Último faraón da dinastía XVIII (1361?-1352 a C), sucesor de Akhenaton. Cambiou o seu nome polo de Tutankamon, en honor ao deus Ammón, cuxo culto recuperou substituíndo ao de Atón. Abandonou Tall Al-Amārna e devolveulle a capitalidade do imperio a Tebas. Foi enterrado no Val dos Reis nunha tumba que non lle estaba destinada e que foi descuberta en 1922 por Howard Carter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tut Anj Atón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Cofundador do grupo poético innovador Skamander, unificou a tradición clásica coa romántica e as novas directrices da poesía moderna. Escribiu Czyhanie na Boga (Acoso de deus, 1918) e Kwiaty polskie (Flores de Polonia, 1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Vietnam (5.868 km2; 719.700 h [estim 2004]). A súa capital é Tuyen Quang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. O seu talento poético revelouse en poemas extensos como Strana Muravija (O país de Moravia, 1935) e outros onde desenvolveu o tema da responsabilidade persoal polo destino do seu país, como Vasilij T’orkin (1945) e Zadal’jo dal’ (Espazo alén do espazo, 1950-1960).

    VER O DETALLE DO TERMO