"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Político belga. Participou na formación do Partido Obreiro Belga (1885). En 1914, ante a gravidade da situación internacional, defendeu a acción conxunta cos liberais. Deputado socialista desde 1894 e ministro de varios gobernos (1920, 1925-1927, 1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
FILOSOFOS
Filósofo medieval, discípulo de Anselmo de Canterbury en Bec e director da escola catedralicia de Laon, onde foi mestre de Guillem de Champeaux. O seu pensamento está fundamentado na autoridade da Igrexa máis ca na razón, e anuncia o comezo da Escolástica. Entre as súas obras destaca Glossa interlinearis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico italiano. Bispo de Lucca dende 1071, abandonou o bispado para entrar no mosteiro de Polirone. Gregorio VII, embarcado nas loitas das investiduras, insistiu para que se reincorporase á súa sé. Desde alí interveu activamente na redacción dunha Collectio canonum e dun Liber contra Guibertum et sequaces eius, dirixido contra o antipapa nomeado por Enrique IV. A súa festa celébrase o 18 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Teólogo e filósofo. Ensinou Teoloxía na abadía bieita de Bec, Normandía (1059-1093). Pasou a Inglaterra e foi arcebispo de Canterbury desde 1093. Enfrontado coa monarquía pola súa defensa dos intereses da Igrexa de Roma, viuse obrigado a exiliarse durante tres anos. As súas obras máis importantes,
VER O DETALLE DO TERMO
Monologium
(1077),
Proslogion, De veritate, De libertate arbitrii, Cur Deus homo?
, tratan de xustificar racionalmente as principais verdades da Revelación, de acordo coa tese de que é necesario partir dunha fe viva que incite á razón a entender aquilo que xa cremos (fides quaerens intellectum). A súa orixinalidade resalta na famosa proba apriorística da existencia de Deus, coñecida posteriormente por argumento ontolóxico, contida no Proslogion: “aquel que na súa mente ten a idea de Deus, non pode negar a súa existencia, porque esta é unha nota esencial no concepto do Ser Supremo”. Tamén defendeu a Inmaculada Concepción nunha época en que moitos teólogos a negaban.... -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do xermánico ans ‘Deus, divino’ e helm ‘elmo, casco’. Existen dous santos con este nome: o teólogo santo Anselmo de Aosta ou de Canterbury (ss XI-XII) e o bispo santo Anselmo de Lucca (XI?). Este santo conta con diversas celebracións: o 3 de marzo, o 18 de marzo, o 21 de abril (o de Aosta) e 2 de decembro. A forma hipocorística de Anselmo é Selmo.
-
ENTRADA LARGA
Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación do Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Ansemil Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Parroquia do concello de Celanova. baixo a advocación de Santa maría.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa situada no concello de Silleda que formaba parte dun antigo mosteiro fundado polo bispo Sisnando e outros particulares no ano 919. Outras hipóteses propoñen unha fundación máis tardía (ss IX-X) como mosteiro dúplice. A mediados do s XII consta que en San Pedro de Ansemil houbo unha comunidade bieita, que o continuou habitando ata a súa anexión ao de San Paio de Antealtares. O edificio primitivo presenta importantes reformas que non alteraron plenamente o seu aspecto prerrománico: cabeceira dunha única capela rectangular de grandes proporcións e pechamento recto nos extremos das naves laterais. A reforma románica consistiu na adición de columnas, capiteis, arcos, modificación dalgunhas ringleiras dos muros e reutilización como perpiaños de determinadas pezas, en especial no muro norte e no testeiro; esta reforma pode datarse cara ao 1171, segundo se deduce das semellanzas que presenta con outros templos da zona como o de San Martiño de Dornelas. As capelas laterais presentan unha...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo antropónimo galego composto polos elementos xermánicos ans ‘Deus’ e mirus ‘sonado, célebre’. Deste nome vén o topónimo Ansemil e, se cadra, tamén Ansemar. Non hai ningún santo con este nome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome galego procedente do xermánico ans ‘Deus, divino’ e munds ‘protección’; xa que logo, ten unha orixe próxima á de Anselmo. Non hai ningún santo con este nome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves anseriformes da familia dos anátidos ao que pertencen a maioría dos gansos.
-
-
Que pertence á orde dos anseriformes.
-
Ave da orde dos anseriformes.
-
Orde de aves acuáticas da superorde dos neognados. Comprende a maioría das especies que antigamente se reunían no grupo dos palmípedos. Pertencen á familia única dos anátidos. Presentan os tres dedos anteriores das patas unidos por unha membrana e o posterior reducido. O peteiro é ancho e plano. Moitas teñen unha glándula sebácea preto da cola: o animal recolle co bico a graxa que segrega e unta as plumas con ela. O seu réxime alimentario é variado: son piscívoras, vexetarianas e planctófagas. Moitas especies son facilmente domesticadas e moi apreciadas en avicultura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dipéptido presente no tecido muscular das aves. Diferénciase da carnosina dos mamíferos soamente polo feito da metilación dun nitróxeno do núcleo da histidina.
-
PERSOEIRO
Director de orquestra suízo. Dirixiu os concertos Kursaal de Montreux (1910-1914), os de Xenebra (1915) e diversas sesións dos ballets rusos de Diaghilev (1915-1923). Fundou e dirixiu a orquestra sinfónica da Suisse Romande (1918-1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Liao-ning, na China (1.203.986 h [1990]). Situada na fértil chaira de Manchuria, de clima continental, converteuse nun dos maiores centros produtores de ferro e aceiro do mundo grazas á proximidade dos xacementos de carbón de Fushun. As primeiras fundicións estableceunas no 1918 a Compañía Ferroviaria da Manchuria do Sur e no 1932, coa ocupación xaponesa e o establecemento do estado do Manchukuo, incrementouse a produción baixo o control da compañía de aceiros Showa, converténdose nunha das principais fundicións durante a Segunda Guerra Mundial. En 1948 foi ocupada polas forzas da República Popular Chinesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Guizhou, China, ao SO de Guiyang (174.142 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
O Instituto Nacional Americano de Normalización é o organismo que fixa as normas industriais (por exemplo, protocolos para transferencia de arquivos informáticos) seguidas por moitas industrias relacionadas coa informática.