"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Relativo ou pertencente ao peón ou viandante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dereito que se paga por pasar polas vías de tránsito, como camiños, pontes, estradas e autoestradas, para contribuír á economía da súa construción e ao seu mantemento. OBS: Frecuentemente emprégase a construción de peaxe.

    2. Lugar en que se paga ou se cobra ese dereito de tránsito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Estudou a transmisión da calor e determinou, xunto con Fourier, a condutividade térmica de varias substancias (1841). Construíu tamén un galvanómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista francés. Foi un dos primeiros en describir os vasos quilíferos do organismo humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pór en funcionamento un mecanismo ao accionar o pedal que lle transmite movemento ou que fai funcionar outras partes.

    2. Andar en bicicleta mediante o impulso dos seus pedais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obrar con pedantaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre a de Pasamologo e o cabo de San Adrián, na parroquia de Malpica de Bergantiños, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador de probable orixe galega. As súas cantigas de escarnio non conteñen datos históricos suficientes para saber onde desenvolveu a súa actividade, agás unha referencia nunha cantiga de amigo ao mosteiro de Nogueira, na provincia de Pontevedra. Algúns estudosos identificárono co xograr que se menciona na documentación sobre unha persoa, Urraca, muller dun xograr coñecido como Pedro Anes e tamén porque interpretan o seu apelido Solaz como un alcume xograresco. Aínda así, para outros o apelido poderá derivar do toponimo galego do mesmo nome e xunto co lugar que ocupan os seus textos no que constitúe un vestixio do Cancioneiro Aristocrático levan a pensar que foi un trobador. Da súa obra, repartida entre os tres principais cancioneiros, consérvanse sete composicións, divididas en catro cantigas de amor, localizadas no Cancioneiro da Ajuda, e reducidas a dúas nos cancioneiros da Biblioteca Vaticana e Biblioteca Nacional de Lisboa, e tres de amigo. Das primeiras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expeler peidos de maneira repetida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de peitea ou peitearse.

    2. Acción e efecto de peitear ou peitearse.

      1. Cada unha das diferentes maneiras de peitear o cabelo.

      2. salón de peiteado

        perrucaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que peitea.

    2. Persoa que ten por oficio amañar e cortar os cabelos.

    3. Persoa que ten por oficio peitear a la ou outras fibras téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pasar o peite para alisar, desenlear ou compoñer, sobre todo, o cabelo.

      1. Alisar, desenlear ou compoñer co peite o cabelo dunha persoa.

      2. Alisar, desenlear ou compoñer co peite o pelo ou a la dalgún animal.

    2. Traballar co peite no tear.

    3. Eliminar as impurezas da la ou doutra fibra téxtil.

    4. Alisar, desenlear ou compoñer o cabelo. OBS: Este uso pronominal non é correcto se se expresa o complemento directo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos artiodáctilos, da familia dos bóvidos, ao que pertence o rhebok.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de marzo de 1903. Subtitulouse “Periódico bisemanal contra caciques y otras alimañas del país”. Dirixido polo Centro Electoral Republicano, criticou a corrupción militar, civil, eclesiástica e xudicial, o caciquismo, a falta de liberdades políticas e a represión dos órganos de goberno, e saíu para apoiar a candidatura do deputado Xosé Rodríguez Martínez. Editouse todos os martes e venres nos obradoiros tipográficos de El Correo Gallego, en Ferrol. Incluíu tamén un “Catecismo das Eleuciós”, dirixido aos campesiños da provincia coruñesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao volcán que se caracteriza por erupcións de tipo explosivo moi violentas, acompañadas a miúdo pola emisión de nubes ardentes. A lava, que é moi viscosa, tende a solidificarse na boca do cráter e orixina unha agulla de paredes verticais que o obstrúe. Esta obstrución pode ser causa de violentas explosións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico francés da arte. Coñecido como le Viateur ou Peregrinus Viator, foi cóengo e escribiu De Artificiali Perspectiva (1505), unha obra desde a que difundiu os principios de perspectiva italianos enriquecidos cos procedementos empíricos da tradición nórdica. Supuxo a primeira exposición do método dos puntos de distancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera en cinco actos, de Claude Debussy, baseada na obra homónima de M. Maeterlinck, sobre quen influíron os principios literarios de Mallarmé e P. Verlaine. A obra de Debussy adapta a liña melódica á prosodia do texto, separando o que se di do que se percibe do son orquestral. Estreada na Opéra-Comique de París (1902), centra a acción na lendaria terra de Allemonde, en época medieval, e conta a historia de amor prohibido e atormentado que viven os dous personaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xogar á pelota como entretemento, sen facer ningún tipo de puntuación.

    2. Poñer en circulación letras de cambio fraudulentas. Consiste en aceptar por parte do debedor unha sen que exista ningunha débeda previa e, polo tanto, sen intencion de pagar, co obxecto de que o librador poida dispoñer, mediante o seu desconto no banco, dun crédito fiticio. En compensación o debedor volverá xirar outra letra ao librador da operación anterior nas mesmas condicións, e así sucesivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Estudou a termoelectricidade e a meteoroloxía. Descubriu o efecto que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torcer cara a un lado.

    VER O DETALLE DO TERMO