"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘bailar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego. Activo a mediados do s XIII, desenvolveu a súa actividade probablemente en contacto co círculo señorial de Rodrigo Gomez de Trastámara, e puido ter relación con Pero Garcia d’Ambroa, Pero Garcia Burgalês e Roi Paez de Ribela. Consérvanse 18 composicións, moitas de mestría. Delas, 13 son cantigas de amor, atribuídas por erro a Juião Bolseiro, en que incorpora habilmente elementos técnicos como o dobre, o mordobre e a palabra rima en estruturas complexas. Destacan “Con gram coyta sol non posso dormir” e “Senhor fremosa, des aquel dia”, en que se preocupa polo insomnio provocado pola coita, “Muytos me veen preguntar”, que trata o segredo de amor, e “A vós fez Deus, fremosa mha senhor” e “Senhor fremosa, non pod’om’osmar”, dotadas dunha complicada técnica estrutural. Tamén se conservan catro composicións de amigo, como “Amigo, mando-vos migo falar”, dialogada, e unha de escarnio “Donzela, quen quer entenderia”, en que compara a fealdade da muller co seu propio traseiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Foi profesor na Ecole Normale Supérieure (1894-1897) e, desde 1910, na Faculté des Sciences de París. En 1895 descubriu que os electróns constitúen a carga negativa dos raios catódicos. Fixo experimentos sobre os raios X e sobre o movemento browniano. Determinou o número de Avogadro e demostrou a orixe da enerxía solar como unha transformación do hidróxeno en helio. Entre as súas obras destaca Les atomes (1913) e Les éléments de la physique (1931). En 1926 recibiu o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das lauráceas, ao que pertence o aguacate e o viñátigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e farmacéutico francés. Descubriu con Payen a diastase (amilase), e puxo en evidencia o envelenamento por fósforo. Tamén descubriu un método de obtención do metano a partir de ácido acético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constante que, nun díodo de baleiro con cátodo termoeléctrico, indica a limitación de corrente pola carga espacial. Depende da configuración xeométrica dos eléctrodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego. Fillo de Johan Rodrigues de Valadares e Teresa Anes Marinho, e activo a finais do s XIII segundo consta na documentación da chancelaría de Sancho IV, dubídase sobre o seu parentesco cos tamén trobadores Martin e Osoir’Anes Marinho. Puido ter certa relación con Johan Vasquiz de Talaveira e, en tempos de Afonso X, con Johan Airas. Incluso puido seguir activo no reinado de Fernando IV, a quen acompañaría na conquista de Alxeciras. Da súa obra consérvase unha cantiga de amor, “Boa ssenhor, o que me foy miscrar”, dirixida contra todos aqueles que pretenden dispoñer a señor contra o amado, e que se presenta como un contrafactum ou resposta a outra cantiga de amigo elaborada por Johan Airas. Ambas as dúas composicións repiten a fórmula silábica e o esquema estrófico e rítmico. No seu contido, onde se amosa innovador, como no emprego de ‘dizedor’, identificado con ‘intrigante’, presenta un léxico pouco utilizado noutras composicións de características semellantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. Establecido coa súa familia en República Sudafricana, volveu a Lisboa en 1905, onde traballou como tradutor de inglés para diversas empresas e para algunha editora inglesa interesada en recompilar obras de autores portugueses. Comezou a escribir en portugués en 1908, e os seus primeiros traballos foron os ensaios de crítica aparecidos na revista A Águia (1912), e posteriormente colaborou noutras publicacións como Orpheu e Presença. Considerado como un dos introdutores en Portugal dos movementos de vangarda, en 1914 entrou en contacto con outros vangardistas portugueses, como Mário de Sá-Carneiro e Almada-Negreiros, e xurdiron os seus principais heterónimos, Álvaro de Campos, Alberto Caeiro e Ricardo Reis, personaxes que, á marxe do autor, posúen biografía e estilo propio. Alberto Caeiro “mestre” de R. Reis e de Á. de Campos, é un poeta instintivo, sensual e antimetafísico; Ricardo Reis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derrubar ou facer saltar algo con petardos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Petar de xeito continuo e suave sen facer moito ruído.

    2. Insistir para conseguir algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián. Foi o primeiro que tratou as infeccións do oído abrindo cirurxicamente a apófise mastoide. Inventou o torniquete compresor e deixou incompleto un Traité de Chirurgie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Limpar con petróleo pulverizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas arbóreas ou arbustivas, da familia das oleáceas, que presentan as follas perennes e coriáceas, enteiras ou dentadas. As flores son brancas e dispostas en acios e o froito en drupa. É moi frecuente na rexión mediterránea e, en Galicia, cultívase como ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fotográfica creada en Nova York en 1936 a partir dun colectivo de traballadores de cine e fotógrafos, o Worker’s Film and Photo League (1928). Inspirado pola escena política radical que se vivía en Alemaña a finais da década de 1920, Sid Grossman impulsou a formación deste colectivo. O seu propósito inicial foi prover de imaxes das folgas e manifestacións políticas a xornais de esquerdas, ademais de publicalas no seu boletín Photo-Notes, pero logo tamén se retratou a forma de vida da clase obreira. Desapareceu en 1951.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos tricópteros, da familia dos frigánidos, que se caracterizan por ser de pequeno tamaño e coloración parda. As larvas viven en auga doce, e fabrican refuxios con grans de area. En Galicia dáse a especie P. grandis, de ata 40 mm, con aspecto de bolboreta nocturna e de voo nocturno durante o verán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo suízo. Foi profesor das universidades de Neuchâtel (1925-1929), Xenebra (1929-1971) e Lausanne (1938-1951), e profesor invitado en La Sorbonne (1952-1963). Dirixiu o Bureau International d’Education (1929-1967) e fundou e dirixiu o Centre International d’Epistémologie Génétique (1955-1980). A súa liña de traballo centrouse en temas de psicoloxía infantil e evolutiva, especialmente no xurdimento e desenvolvemento da intelixencia no neno, e na interrelación entre pensamento e ambiente social, poñendo de manifesto como o pensamento dos nenos, de características moi diferentes ao dos adultos, está condicionado por diversas transformacións, pola interrelación co ambiente e pola propia experimentación, co xogo dos sentidos e da súa estimulación, ata converterse nun pensamento adulto. O desenvolvemento intelectual sería un proceso adaptativo baseado en dous procesos fundamentais: o de asimilación e o de acomodación. Como consecuencia da propia actividade intelectual, e en intercambio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do judeţ de Neamţ, en Moldavia, Romanía, situada aos pés dos Cárpatos orientais e na beira do Bistriţa (124.859 h [estim 1999]). Posúe industrias de materiais de construción, téxtiles e alimentarias. Destaca a igrexa de Santo Estevo o Grande (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Sacerdote e prior da abadía de Rille, en Anjou, foi un dos primeiros en ocuparse da astronomía de posición moderna e, con Adrien Auzout, ideou (1667) o micrómetro de fíos móbiles para dar máis precisión ás observacións astronómicas. Entre 1669 e 1670 mediu a lonxitude do grao de meridiano entre Sourdon (preto de Amiens) e Malvoisin (preto de París). En 1677 investigou sobre a velocidade do son.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das pináceas, que miden máis de 30 m, coa copa de forma cónica. Teñen follas verdes, que poden ser azuladas ou amarelentas segundo a especie, e que presentan piñas terminais. Empregadas como ornamentais, a súa madeira é moi utilizada en carpintaría. O máis coñecido en Galicia é o abeto rubio, P. abies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral italiana fundada polo director Giorgio Strehler e por Paolo Grassi en 1947. Os seus espectáculos comprenden unha ampla panorámica da dramaturxia mundial, case sempre baixo a dirección de Strehler, pero tamén de Costa, Enríquez, Lodovici, Eduardo de Filippo, Jacobbi, Chéreau, D’Amato, Vitez e Damiani.

    VER O DETALLE DO TERMO