"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Santiago de Viveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Viveiro. Construída na segunda metade do s XII, ten planta basilical de tres naves, separadas por tres pares de columnas cuxos capiteis sosteñen directamente a cuberta de madeira, e ábsida semicircular, cun tramo recto cuberto con bóveda de canón semicircular e outro semicircular con bóveda de forno. A portada principal está formada por tres arquivoltas abucinadas apoiadas en tres pares de columnas acobadadas, con tímpano liso; sobre a portada erixiuse un tornachuvias e sobre este un rosetón. Os laterais rematan en dúas torres de orixe renacentista finalizadas no s XVIII e XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto formado pola igrexa parroquial de Santiago e o antigo convento de San Francisco. Os franciscanos instaláronse en Viveiro en 1351 e nese mesmo século comezou a construción da igrexa, que se continuou no século seguinte. De estilo gótico tardío, ten planta de cruz latina con ábsida pentagonal cuberta cunha bóveda de abano na que se abren cinco ventás oxivais. Destacan as bóvedas de aresta que cobren as naves do cruceiro. A fachada principal ten un pórtico que oculta o arco de entrada, e sobre el sitúase unha ventá arquitrabada rematada en frontón. A torre campanario é de planta rectangular. Da zona monacal destaca o claustro renacentista formado por dous corpos: o inferior de arcos semicirculares sobre pilastras e o superior arquitrabado. Nel consérvanse arcos románicos e unha porta tamén románica do s XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Místico hindú. De nome Narendranāth Dutt, foi discípulo de Rāmakri ṣ hna (1882). Iniciou o diálogo intercultural e interrelixioso entre o hinduísmo e o cristianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e filósofo. De familia xudía, estudou filosofía en París (1509-1512), desde onde se trasladou a Bruxas. Marchou a Lovaina (1519-1522), primeiro como preceptor do príncipe Guillaume de Croÿ, bispo de Cambrai e cardeal-arcebispo de Toledo, e despois como profesor de latín na universidade. Alí manifestou a reacción contra a decadente escolástica parisiense e a súa admiración pola verdadeira filosofía en De initiis, sectis et laudibus philosophiae (1518) e Aduersus pseudodialecticos (1519); os seus métodos pedagóxicos en De ratione studii puerilis (1523), e o seu interese pola Europa antiga (In XXXII libros De ciuitate Dei commentaria, 1522) e pola do seu tempo (De Europae statu et tumultibus, 1522). Relacionouse cos humanistas europeos, especialmente con Erasmo e Thomas More. Foi preceptor de María Tudor, a quen lle dedicou De institutione feminae christianae (1524), e deu clases de latinidade e xurisprudencia ciceroniana en Oxford...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Bibián Lorenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín Vivianus, derivado do xentilicio Vibius, correspondente ao etrusco Vipi. Por etimoloxía popular o nome Vivianus foi relacionado co verbo vivere e interpretado como nome augural cristián. Que en diferentes linguas exista a variante Bibiana, permite pensar nun derivado de Bivium ‘gallada, bifurcación’. Presenta as variantes Bibián/Bibiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Colaborou con Jaurès na fundación de L’Humanité e fundou o Parti Républicain Socialiste. Foi   ministro de Traballo (1906-1910) e de Instrución Pública (1913-1914). Presidiu o goberno de unión sagrada (1914-1915), do que tamén foi ministro de Xustiza (1915-1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosfato ferroso hi­dratado, de fórmula Fe3(PO4)2·8H2O. É un mineral incoloro que cristaliza no sistema monoclínico, de dureza 2 e densidade 2,6.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • vivificador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOAS

    Lagoa litoral situada na parroquia de Ribeira, no concello homónimo, que forma parte do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Desauga na praia de Corrubedo formando o río Lustre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que adopta a actitude ou a disposición de vixiar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de vixiar.

    2. Servizo que se establece para vixiar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que vixía.

      1. Persoa que se dedica profesionalmente a vixiar e velar pola seguridade de algo ou alguén.

      2. vixilante nocturno

        Funcionario que pola noite se encargaba de vixiar nas cidades para evitar roubos. Compartía a tarefa cos serenos, e estes dous corpos desapareceron en 1974.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e escritor. Especializouse en lexislación sobre teatro e cine. Colaborou en ABC e Pueblo e escribiu Derecho cinematográfico español (1952) e Summa de legislación del espectáculo (1962); a peza teatral Las luciérnagas (1963) e libros de ensaio e narrativa, como La España de la postguerra, de camisa vieja a chaqueta nueva (1976), Al tercer año resucitó (1978), La chapuza nacional (1990),   Los rojos no usaban sombrero (1995) e Los pasos contados (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Andhra Pradesh (India), situada a 20 km da costa do Golfo de Bengala (15.461 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador, cartelista e deseñador de cerámica. Foi o principal responsable do deseño da sección de cerámica de Sargadelos e da ilustración de libros, cubertas e carteis de Edicións do Castro, entre outros De cando Suso foi carteiro (1988) de X. Neira Vilas, O troleiro e outros contos (1999) de D. Vázquez, ou O País acuático (2001) de E. Alonso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran príncipe de Kiev (980-1015) e de Novgorod (972-1015). Incorporou aos seus territorios os pobos bálticos dos xatvingos e dominou a rexión do Bug setentrional. Segundo a chamada Crónica de Néstor, consentiu axudar militarmente ao Emperador Basilio II de Bizancio contra o seu rival Bardas Forcas, pero demandou en compensación a man da irmá do emperador, Ana. Os gregos, pola súa banda, esixíronlle a conversión ao cristianismo e foi bautizado en Kherson en 980, co que comezou así a cristianización de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral ruso. Participou na Guerra Civil co exército vermello. Na Segunda Guerra Mundial dirixiu a defensa de Kiev. Capturado polos alemáns, aceptou colaborar con eles. Ao final da guerra os estadounidenses entregáronllo aos rusos, que o condenaron á forca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Recibiu o Premio Nobel de Física (1977), compartido con P. W. Anderson e N. Mott, polas súas investigacións sobre a teoría cuántica aplicada á estrutura atómica e á estrutura electrónica de sistemas magnéticos en desorde.

    VER O DETALLE DO TERMO