"ABI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 731.

    1. Calidade de controlable.

      1. Facilidade coa que se pode regular un proceso. Está relacionada coa regulación inherente, característica dun proceso ou dunha máquina que, despois dunha perturbación, lle permite acadar un estado de equilibrio sen necesidade de regulación externa.

      2. Propiedade dunha variable de estado pola que se asegura a existencia dunha acción de control capaz de levala, nun intervalo finito de tempo, dende un valor dado ata outro calquera; dise que esta variable, ou modo, está acomodada á entrada. Se esta propiedade se estende a todas as variables de estado do sistema, dise deste que é completamente controlable ou gobernable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Membro do colectivo poético Ronseltz, colabora en diversas revistas, como Luzes de Galiza, O Mono da Tinta ou Animal +. Interveu no libro colectivo Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994) e publicou os poemarios Arianrod (1993), Fruto do teixo (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, 1994) e Afasia (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de arquitectura e escultor. Realizou dous retablos colaterais para a igrexa de San Pantaión das Viñas (Betanzos), un dedicado á Virxe María e outro a santo Antón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación coral infantil fundada en abril de 1986 por iniciativa de José Luis Lorenzo Rodríguez. Ao longo da súa traxectoria musical participou en numerosos festivais e eventos culturais como o II Concurso Pelegrín de Composición de Vilancicos e Panxoliñas (1994) e nos encontros corais da Ribeira do Baixo Miño en Monção, Valença do Minho, Vila Nova de Cerveira e Vila Praia de Âncora. Así mesmo, destacan as súas actuacións realizadas no Teatro Lope de Vega de Ocaña, no Teatro Principal de Pontevedra, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, no Teatro Principal de Ourense e na Sagrada Familia de Barcelona. En 1991 obtivo o III Premio no Concurso de la Canción Marinera de Portugalete e en 1996 o I Premio no II Certame de Coros de Galicia. Na súa discografía destaca o traballo Canto á Guarda (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, gravador e escultor. Discípulo de Mariano García Patiño, as súas primeiras composicións figurativas incluían temas dionisíacos e eróticos. Bolseiro nun curso de cerámica do Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos (1975), a partir do 1978 pertenceu ao grupo A Carón e, posteriormente, foi un dos fundadores do colectivo de comunicación obxectual A Galga, co que realizou algunhas exposicións. Como integrante do movemento Atlántica, participou en todas as súas mostras (1980-1983) e neste período realizou unha obra espacialista baixo a influencia do expresionismo abstracto e da arte pobre. Cunha bolsa do ministerio de Cultura (1979) viaxou a México, onde comezou a traballar coa técnica da augaforte e incorporou a temática precolombina nunha liña expresionista. Entre 1984 e 1986 formou o Gruporzán, co que editou a súa obra gráfica. Durante os anos noventa a súa obra evolucionou dende a figuración á paisaxe. A partir de 1998 elaborou mariñas afastadas do naturalismo, entre as que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ara verde, retorcida con dous aros nos extremos, que se emprega para reforzar os fungueiros do carro e que non cedan coa carga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave do xénero Loxia, pertencente á familia dos frinxílidos, de aspecto groso, coas mandíbulas do peteiro cruzadas, alas e cola, que é gallada, de cor negra, e o resto da plumaxe de cor vermella nos machos ou verde acastañada nas femias.

    2. Ave de 17 cm de lonxitude, coa cabeza e o pescozo moi grosos, peteiro arredondado, cos bordos de cor branca. É unha especie sedentaria da taiga do N de Europa.

    3. Ave de 16 cm de lonxitude, propia de bosques de piñeiros, abetos e alerces da franxa boreal de Norteamérica, Europa e Asia. Na Península Ibérica constitúe unha especie sedentaria e habita principalmente en masas forestais de repoboación e bosques naturais de piñeiro rubio, piñeiro carrasco e piñeiro negro, ademais de bosques de abetos. As poboacións do N de Europa poden desprazarse de xeito masivo cara ao S cando escasean os piñóns.

    4. Ave de 16 cm de lonxitude, sedentaria dos bosques de piñeiro rubio do N de Escocia.

    5. Ave de 15,5 cm de lonxitude, cunha dobre franxa nas ás de cor branca. Cría entre o N de Finlandia, Suecia e Noruega, en bosques de alerces e inverna nos Países Bálticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten catro sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Circunstancia de ser culpable.

    2. Responsabilidade criminal. Para o culpable comporta a obriga de responsabilizarse dos prexuízos civís causados polo feito punible e a imposición dunha pena. O grao de culpabilidade determínase en función da participación no delito e das circunstancias concorrentes no feito delitivo.

    3. Consciencia de falta nun individuo, que se manifesta inconscientemente na súa conduta e lle inspira unha angustia diante dun crime non manifesto ou imaxinario. Se este sentimento é moi intenso, leva o individuo á neurose e incluso á loucura e desesperación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. A súa novela L’Hôtel du Nord (Hotel do norte, 1929) situouno na corrente populista do s XX. Entre as súas obras destacan, ademais, Petit-Louis (Pequeno Louis, 1930), Faubourgs de Paris (Arrabaldos de París, 1933) e Journal intime, 1928-1936 (Diario íntimo, 1928-1936), publicado postumamente en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘pemento picante’.

    2. Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘pemento picante’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é demostrable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dunha función de ser derivable nun punto. Xeometricamente significa que, na representación gráfica da función, se pode trazar a tanxente nese punto e que se pode dicir que a función é continua nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desestabilizar ou desestabilizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer perder a estabilidade.

    2. Perder a estabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de deshabitar ou deshabitarse.

    2. Que non está habitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar o lugar onde se habita.

    2. Deixar sen habitantes algún lugar.

    3. Quedar un lugar sen habitantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de hábito ou costume.

    2. Eliminación, por medios terapéuticos, dun hábito ou costume adquirido que se considera prexudicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer perder un hábito ou un costume.

    2. Perder un hábito ou costume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que determina a perda do trazo normalmente labializado dunha articulación nunhas circunstancias determinadas. Por exemplo, en galego perdeuse o elemento labial do grupo [k + w] latino en QUĬD > que e QUŌMŎDŎ > *QUOMO > como, e do grupo [(g) + w] xermánico, como en werra > guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO