"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • ou Academia Pontaniana Institución fundada cara ao ano 1440 en Nápoles baixo a protección de Alfonso IV de Aragón, de onde deriva o seu primeiro nome de Academia Alfonsina. Nos comezos os seus membros reuníanse ao redor de Antonio Becadelli, o Panormita (deste alcume deriva o nome de Academia Panormitana), e á súa morte dirixiuna Giovanni Pontano, de quen toma o nome definitivo. Os seus obxectivos eran a realización de estudios filolóxicos e a promoción dos escritores napolitanos (Sannazzaro, etc). Disolveuse a mediados do s XVI e rexurdiu nos primeiros anos do s XIX con obxectivos diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Accademia Pomponiana Institución fundada ao redor do ano 1460 en Roma polo humanista Pomponio Leto, polo que tamén se coñece co nome de Accademia Pomponiana. Tiña como finalidade o culto ao mundo clásico, polo que nas reunións se discutía sobre filosofía, arte, filoloxía e arqueoloxía. Os membros latinizaron os seus nomes e dataron os seus escritos ab urbe condita. O seu ton paganizante provocou que os seus membros fosen acusados, no ano 1468, de conxura contra o papa e de pretender a liberación de Roma da suxeición da clerecía. Así, por orde de Pablo II foron apresados Pomponio Leto e Bartolomeo Sacchi o Platina, ademais, forzou a disolución da academia; renovada baixo Sixto IV, as xuntanzas continuaron ata 1527.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada por Bieito XIV co nome de Accademia delle Romane Antichitá (1740), ten a súa orixe, sen embargo, na Accademia Romana. Pío VIII concedeulle o título de Pontificia, polo que a partir dese momento pasou a designarse Accademia Romana Pontificia di Archeologia. Ten por obxecto principal o estudo da antigüidade clásica e paleocristiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e xurista. Foi Secretario do Vicerrei de Sicilia Hugo de Montcada, a quen acompañou a Bruselas en 1516, e do Bispo de Cefalú Rinaldo Montuori, criado na Corte de Castela por Carlos I. Mereceu os eloxios de Erasmo de Róterdan e Lucio Marineo, cos que mantivo relación epistolar, e coñeceu a Guillaume Budé. Reeditou e prologou a versión latina de J. Baró do Llibre dels proverbis de R. Llull (1507) e a Disputatio eremitae et Raimundi (1507), tamén de R. Llull.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación de aceleración gradual do movemento. A súa abreviatura é accel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político catalanista creado no ano 1922 con elementos da Joventut Nacionalista da Lliga Regionalista, da Unió Federal Nacionalista Republicana e intelectuais independentes disconformes coa actuación da Lliga Regionalista, que cualificaban de pouco nacionalista. No verán de 1923 pactou cos nacionalistas vascos e galegos a Triple Alianza. Caída a Ditadura de Primo de Rivera, participou no pacto de San Sebastián (1930). En marzo de 1931, ao fusionarse con Acció Republicana de Catalunya, converteuse en Acció Catalana Republicana. Ao se proclamar a Segunda República Española (1931), un dos seus líderes, Lluís Nicolau d’Olwer, foi nomeado Ministro de Economía do Goberno Provisional presidido por Niceto Alcalá-Zamora, participando Acció Catalana na redacción do Estatuto de Autonomía de Catalunya. Acadou representación nas Cortes Españolas e foi integrante da Fronte Popular nas eleccións do 1936; durante a Guerra Civil Española...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política de carácter conservador e católico, constituída oficialmente en Ourense o 8 de novembro do 1931, nunha xuntanza celebrada no Círculo Católico da cidade por iniciativa de destacados membros da burguesía local (comerciantes, propietarios, militares retirados, etc). Tiña como obxectivo o agrupamento do movemento conservador provincial baixo unhas únicas siglas, introducíndose no recén estreado xogo democrático da Segunda República como partido eminentemente católico, social e agrario, unificador de todas as clases sociais, sen restricións económicas ou laborais. Foi o primeiro grupo de significación dereitista aparecido en Ourense, e non tivo intención de estenderse polas demais circunscricións galegas. No seu programa político defendeu a liberdade de ensino e a pervivencia do sistema bicameral, empregando o Senado como a Cámara gobernativa representativa da vella organización política, protagonista política antes da proclamación da República. Sen dúbida, o obxectivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política de carácter conservador, fundada en Santiago de Compostela o 16 de xuño de 1931. Apareceu como resposta da dereita galega ao rexime nacido o 14 de abril; asumindo así a nova situación, e alentando ás asociacións conservadoras a participar no sistema democrático dun xeito unificado. Dependeu directamente da tamén recén fundada Acción Nacional de Madrid (alentada polos sectores monárquicos da capital) e foi o núcleo da futura Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) en Galicia. A Acción de Santiago, foi promovida por catro persoas de gran de influencia local: o comerciante Xulián Pérez Esteso; o farmacéutico Ricardo Bermejo Pena; o arquitecto Xesús López de Rego; e o catedrático de Dereito Político, e verdadeiro líder do grupo, Carlos Ruíz del Castillo. Dentro dos propósitos inmediatos da organización non estaba o de presentarse ás primeiras eleccións de deputados ás Cortes (28 xuño de 1913), pretendendo antes conseguir un grande apoio popular e recuperando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1912 na Coruña de periodicidade mensual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Gana, que se estende ao redor da cidade homónima, capital do país (2.593 km2 ; 1.696.170 h [estim 1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista italiano, de orixe florentina, profesor na Universidade de Boloña. Foi o autor da Magna Glossa (Gran Glosa), recompilación sistemática das anotacións e dos comentarios recollidos no Corpus Iuris e noutras escolmas feitas por glosadores precedentes e contemporáneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro asentado en Mondoñedo. No ano 1739 fixo una lámpada de prata de cinco luces para a capela Maior de Mondoñedo e varias pezas litúrxicas para o cabido catedralicio mindoniense.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia que acelera unha reacción química que, máis lentamente, se produce tamén de seu.

    2. Substancia que acelera a forxa e o endurecemento (desenvolvemento da resistencia mecánica) do cemento e do formigón. Diversos sales inorgánicos actúan a xeito de acelerantes, pero o máis correntemente empregado é o cloruro de calcio.

    3. Substancia que acelera a vulcanización do caucho, natural ou sintético, ou que permite vulcanizalo a unha temperatura máis baixa, o que reduce o tempo e o custo da fabricación e mellora o produto final.

    4. Substancia que aumenta a actividade dos reveladores.

    5. Produto que incha as fibras acelerando ou facendo posible a tintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen acepta.

    2. Na aceptación dunha letra de cambio é a persoa á que se lle obriga a pagar unha letra de cambio como destinatario directo e debedor principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • País de Asia occidental, que se estende desde os contrafortes meridionais do Gran Cáucaso ata o Kurdistán e o río Qiziluzan. Limita ao O con Armenia, Turquía e Iraq e ao L co mar Caspio. Actualmente divídese entre Irán e o estado de Acerbaixán, que ata 1991 constituíu unha república da Unión Soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESTADO

    Estado asiático na rexión oriental do Cáucaso (86.600 km2; 7.617.000 h [estim 1997]). Limita ao L co mar Caspio, ao N con Rusia e Xeorxia, ao O con Armenia, e ao S con Irán. Inclúe o enclave de Nakhičevan, entre Armenia, ao L, e Irán, ao O. A capital é Bakú.
    Xeografía física
    De N a L, nos contrafortes orientais do Gran Cáucaso, están as máximas elevacións (Gora Bazard’uz’u 4.466 m). No extremo L, esta serra forma a península de Apšeron. A zona central comprende a conca do Kura, que se abre no mar Caspio formando unha gran chaira atravesada por numerosos ríos e que se ensancha cara ao S na confluencia co Araxes. Ao O están as montañas volcánicas do pequeno Cáucaso. O territorio de Nakhičevan, separado do resto do territorio azarí pola serra do Sangesur, no pequeno Cáucaso armenio, limita con Irán no Araxes. O clima, aínda que en conxunto é continental, vese modificado pola altitude no N e no O. As temperaturas medias oscilan entre os 27° C e os 0°...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (49.287 km2; 3.278.718 h. [1991]). A capital é Tabriz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (38.588 km2; 2.284.208 h [1991]). A capital é Orumiyeh.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Acerbaixán ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Acerbaixán.

    3. azarí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado da anilina. Substancia cristalina, neutra e estable. Obtense a partir da anilina e o ácido acético glacial. Non moi tóxica, o home emprégaa en medicina como analxésico e como antipirético. Emprégase tamén na industria de vernices.

    VER O DETALLE DO TERMO