"Hel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 558.

  • Xénero de plantas herbáceas anuais ou arbustivas da familia das boraxináceas. Presenta follas xeralmente alternas, enteiras ou dentadas. As flores son de pequeno tamaño e de cor branca ou lixeiramente azuladas dispostas de forma illada ou en acios. Froitos en casulos. Engloba ao redor de 300 especies distribuídas polas rexións temperadas e cálidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea anual con talos erectos, leñosos e ascendentes que alcanzan os 50 cm de altura. Ten moito crecemento secundario con lanuxe nas ramas de color verde agrisadas. As flores son pequenas, de cáliz tubular de color branca azulada e amarelenta con aparencia de veludo. O froito en forma de casulo. Vexeta de xeito espontáneo os cultivos e barbeitos. A especie H. peruvianum ou heliotropo azul, orixinario de Perú, presenta flores azuladas e moi recendentes polo que se cultiva con fins ornamentais.

    2. helióstato.

    3. Calcedonia de cor verde escura e opaca, presenta numerosas manchas vermellas de pigmentación férrica. É un mineral moi usado en xoiería polo seu fermoso pulido. Os xacementos máis importantes atópanse en Brasil, India e Australia. OBS: Tamén se denomina xaspe sanguíneo ou sanguina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos heliozoos.

    2. Protozoo do grupo dos heliozoos.

    3. Protozoo sarcomastigóforo da clase actinopódea, co corpo celular dividido nun ectoplasma moi vacuolizado e un endoplasma cun ou varios núcleos. Carecen de cápsula central e teñen axopodios dispostos en forma de raio arredor do corpo e están provistos dun exoesqueleto silícico. Habitan nas augas doces, aínda que tamén os hai mariños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aeródromo ou área definida sobre unha estrutura artificial elevada ou en superficie, destinada exclusivamente á chegada, saída ou movemento en superficie dos helicópteros, podendo dispoñer de edificios, equipamentos e instalacións de carácter fixo. Pode ser temporal e referirse á superficie de terreo que reúne as condicións mínimas de seguridade para ser utilizada polos helicópteros, normalmente en actividades ligadas a operacións de prevención, vixilancia e extinción de incendios, actividades recreativas ou de transporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gasterópodos pulmonados pertencente á familia dos helícidos. Presenta cuncha comprimida e helicoide que permite aloxar a todo o animal. Posúe dous pares de tentáculos de diverso tamaño dispostos en parella, no extremo dos posteriores están os ollos. O orificio xenital atópase preto da base do gran tentáculo dereito e o estigma pulmonar sobre o colar. Algúns son identificados como hospedadores intermediarios de trematodos, cestodos e nematodos así como portadores de ácaros, fungos e protozoos. Este xénero engloba miles de especies pero a que está máis amplamente distribuída pola Europa Meridional é H. aspersa, especie que precisa climas temperados ou subtropicais podendo ser orixinaria do Magreb. Especie moi utilizada en alimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Reacción de obtención dun haluro do ácido ¦Á-haloxenado por adición directa do halóxeno nun carbono ¦Á, segundo a reacción:

    FORMULA

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes e rizomatosas ou subarbustivas da familia das ranunculáceas. Presenta follas pecioladas, palmadas ou trifoliadas. As flores están illadas ou dispostas en inflorescencias en forma de acio. O froito é un polifolículo. Vexetan solos húmidos, ricos en materia orgánica e semisombreados. Resisten as baixas temperaturas, ata os -15°, e florecen desde o inverno ata a primavera. Engloba arredor de 20 especies distribuídas por Europa e polas rexións mediterráneas ata o Cáucaso. En Galicia é moi común a especie H. foetidus, coñecida como herba das chaveiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda austríaca e checoslovaca de bronce e níquel equivalente a un céntimo de coroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante e gravador francés. Sobresaíu nos debuxos e nos gravados de escenas da Belle Époque, como Jeune femme en blanc (Mm Helleu) appuyée au bastingage sur le pont d’un bateau (1900) ou Femme au chapeau (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, no límite con Murcia (27.553 h [2001]). Drenado polo río Mundo, é o centro dunha comarca agrícola dedicada aos cultivos mediterráneos (cereais, oliveiras e viña). Posúe minas de xofre e sal, industria alimentaria e manufacturas de esparto, cerámica e confección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e dramaturga estadounidense. A súa obra deixa ver a pegada de Henrik Ibsen e August Strindberg, sobre todo nas súas temáticas, nas que presenta problemáticas sociais, éticas e morais. Entre as súas obras destacan The Children’s Hour (1934), Little Foxes (1939), Watch on The Rhine (1951), The Autumn Garden (1951) ou Toys in The Attic (1960). Tamén é autora de guións para cine, de diversas adaptacións de textos de Anouilh ou Voltaire e de varios libros de memorias, como An Unfinished Woman (1969), retrato do seu compañeiro Dashiell Hammet, Pentimento (1974), The Scoundrel Time (1976) ou Maybe (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Agrónomo alemán. Descubriu xunto con Willfarth que as papilonáceas fixan o nitróxeno atmosférico grazas aos nódulos das súas raíces, e demostrou a proporcionalidade entre nodulación e fixación de nitróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral. Coñecido como Marcos Orsi, comezou a súa carreira en Galicia da man do grupo Ollomol Teatro Submarino, que máis tarde se converteu na compañía Ollomoltranvía. Participou na maioría das montaxes deste grupo, entre as que destacan Commedia: un xoguete para Goldoni (1993), Raíñas de pedra (1994), Qui pro Quo (1998), ÑikiÑaque (2000) ou Policía (2001). Tamén traballou en diversas obras postas en escena polo CDG como O incerto señor Don Hamlet (1991) ou Un soño de verán (1992). Así mesmo, interpretou distintos papeis en series de televisión como Pratos combinados ou Fíos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Afganistán. Nace nos montes Sanglak. O seu curso separa a chaira da estepa do Dašte Marg do deserto de Rīgestān. Desemboca no lago Hāmūn despois dun percorrido de 1.400 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Afganistán (61.829 km2; 541.508 h [1982]). A capital é Lashkargah (22.707 h [1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Salamanca ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Salamanca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación que dá o valor da aceleración da gravidade g (en cm/s2) en función da latitude ø e da altitude H (en cm). A fórmula é: g= 980,616- 2, 5928 cos 2ø + 0,0069 cos2 2ø - 3,086·10-6 H.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Ecuación diferencial en derivadas parciais que ten por expresión

    FORMULA

    onde K é un escalar. Aparece á hora de buscar solucións das ecuacións dadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Función termodinámica F definida pola ecuación F = U - TS, onde U é a enerxía interna, T a temperatura absoluta e S a entropía. Denomínase tamén enerxía libre de Helmholtz e, cando un sistema sofre unha transformación isotérmica reversible, a correspondente diminución da función de Helmholtz é igual ao traballo total efectuado polo sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Estudiou medicina en Berlín, impartiu anatomía na academia de Belas Artes de Berlín (1848), fisioloxía nas universidades de Königsberg (1849), Bonn (1855) e Heidelberg (1858). Destacou por apoiar e desenvolver a incipiente teoría da conservación da enerxía proposta por Mayer. En 1852 logrou medir a velocidade de transmisión do impulso nervioso e os tempos de reacción. Na súa actividade como fisiólogo realizou importantes descubrimentos sobre a vista e o oído. Inventou o oftalmoscopio, espectrofotómetro e o telestereoscopio, estableceu a fórmula coñecida en óptica como invariante de Helmholtz. Na óptica xeométrica, determinou o límite de potencia dos microscopios ópticos. Explicou a derivación da percepción das cores por combinación das tres cores primarias, formulada inicialmente por Young. Na acústica fisiolóxica fixo un estudo da natureza e calidades do son realizando experimentos sobre combinacións de sons, harmonías e discordancias. Inventou...

    VER O DETALLE DO TERMO