"Ise" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

    1. Fenómeno que consiste na destrución total ou parcial das membranas e paredes da célula e na dispersión do citoplasma. Pode producirse espontaneamente, por dexeneración das células; bioloxicamente, por acción de bacteriófagos; ou físico-quimicamente, por axentes lísicos (ultrasóns, tratamentos mecánicos ou HCI).

    2. Desaparición lenta e gradual dunha enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da costa atlántica situada entre a praia de Riazor e a punta Mexillosa, na parroquia de Visma (A Coruña).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constituínte fundamental de todos os alcaloides do cornizó de centeo, do que se extrae por hidrólise. Numerosos derivados do ácido lisérxico empréganse en terapéutica, sobre todo a súa dietilamida, coñecida coa sigla LSD.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Custos causados pola tramitación dun preito.

    2. Cantidade económica que se asigna a alguén que non dispoña libremente dos seus bens para que atenda os gastos dun preito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de disolución de cálculos co fin de extraelos con máis facilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disolución dos cálculos, especialmente os da vexiga urinaria.

    2. meteorización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi membro da Frente de Libertação de Moçambique (FRELIMO) desde 1962, e dirixiu a organización desde 1970, despois do asasinato do seu líder. Fundou e presidiu a República Popular de Moçambique (1975-1986) trala independencia e mantivo relacións co goberno de Sudáfrica. En 1984 asinou os Acordos de Nkomati co goberno sudafricano, que supuxo a fin do apoio dos sudafricanos á guerrilla da Resistência Nacional de Moçambique (RENAMO).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da química analítica en que as determinacións analíticas necesitan unha mostra da orde do gramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Françoise Lilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de València, Comunitat Valenciana, drenado polo río Turia que constitúe o límite setentrional do termo (25.685 h [2001]). As principais actividades económicas son as derivadas do sector terciario, seguido da industria, na que destaca a fabricación de cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cerámica artesanal fabricada en Manises desde o s XIV ata o s XVIII. Estaba influenciada pola que se facía no oriente islámico, e era realizada por artesáns mudéxares. Caracterizouse polos reflexos metálicos dourados, en combinación coa pintura azul e vermella. O seu influxo sobre a gran cerámica italiana do s XVI fíxose patente na técnica do reflexo metálico que se aplicaba en Gubbio. A súa produción decaeu desde o segundo terzo do s XVI coa expulsión dos mouriscos levantinos (1610) e acentuouse no s XVIII, co uso de temas de estilo totalmente popular e un empeoramento progresivo da decoración dourada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Mademoiselle Dumesnil, foi unha das actrices dramáticas máis célebres do s XVIII e unha das figuras da Comédie-Française entre 1737 e 1776. Traballou en obras de Voltaire e Racine, como en Iphigénie en Aulide (1737). En 1800 publicou Mémoires, en resposta ao libro homólogo precedente de Hyppolite Clairon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Himno patriótico militar composto en 1792 por Claude-Joseph Rouget de Lisle, oficial do exército francés. Cantouse por primeira vez en Marsella, de onde provén o seu nome, nun banquete de carácter patriótico. O 14 de xullo de 1795 converteuse no himno nacional francés polo seu marcado ton republicano e revolucionario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa estadounidense. Colaboradora free lance da axencia Magnum desde 1976, viaxou por India, Chile, Nicaragua e El Salvador, e o seu traballo en América Central apareceu publicado na prensa mundial. Ademais de codirixir dous documentais en 1986 e 1991, publicou os libros Carnival Strippers (1976), Nicaragua (1981), Kurdistan: in the Shadow of History (1997) e Pandora’s Box (2002). Expuxo en Chicago, Londres e París, e recibiu a Medalla de Ouro Robert Capa (1979), a Leica Award for Excellence (1982) e o Hasselblad Award (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Física. Estudou nas universidades de Viena, onde se doutorou en 1906, e Berlín. Traballou no Instituto Kaiser Wilhelm, onde colaborou con Otto Hahn, e interveu no descubrimento do protoactinio e na produción de elementos transuránicos. Fixo, xuntamente co seu sobriño Otto R. Frisch, estudos básicos sobre a estrutura do núcleo atómico e a fisión do átomo de uranio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei sacerdote de Salem, en Canaán. Recibiu o décimo de Abrahán, vencedor do rei de Elam,   e ofreceu un sacrificio de pan e viño por el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intercalación dun pronome persoal átono no medio dunha forma verbal. Por exemplo, en portugués,   é posible a mesóclise coas formas de futuro e de pospretérito: calar-me-ei ou calar-me-ia, que se corresponden co galego calarei e calaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona de crecemento que se atopa entre a epífise e a diáfise, durante o desenvolvemento dun óso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de métodos e técnicas da análise química que se emprega no estudo de mostras de substancias da orde dos microgramos. Os métodos máis aptos para mostras moito máis pequenas constitúen a ultramicroanálise, e os aptos para mostras ao redor do decigramo ou do centigramo, a semimicroanálise. A pequena escala de traballo esixe o uso de reaccións químicas especialmente sensibles e selectivas ou específicas e de técnicas de traballo moi elaboradas de procedementos de medida moi exactos. A microanálise é esencial cando se ten que examinar material perigoso (radioactivo ou explosivo), cando se dispón dunha mostra única, rara, ou moi pequena, ou cando se necesitan os resultados moi rápido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Durante a Segunda Guerra Mundial residiu en Reino Unido, onde foi vicepresidente (1940-1943) e presidente (1943-1945) do goberno polaco no exilio. Vicepresidente dun goberno de unidade nacional (1945), exiliouse despois das eleccións de 1947, favorables aos comunistas.

    VER O DETALLE DO TERMO