"López" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 371.

  • (A Coruña 1977) Músico. Tras pasar polos grupos The Covers e Elephant Band, fundou o seu proxecto persoal, Deluxe, lanzando o seu primeiro disco, 'Not what you had thought', en 2001 co selo musical Mushroom Pillow, co que se mantén ata 2007, data na cal firma un contrato con Virgin Records. No ano 2003 publica un álbum de sete temas 'We create, we destroy' e, no ano seguinte, o largo 'If things were to go wrong' . En 2005 saca o seu primeiro traballo integramente en castelán, 'Los jóvenes mueren antes de tiempo'. No 2007 sae a luz 'Fin de un viaje infinito' , xa en colaboración coa multinacional. O último álbum publicado leva por título 'Reconstrucción'. O estilo musical de Xoel pódese definir como ecléctico con influencias que van dende os Beatles e o soul da Motown ata a bosanova e os sons electrónicos. En paralelo ao seu proxecto Deluxe, no ano 2000 creou Lovely Luna, un dúo en formato acústico xunto con Félix Arias. No 2009 versionou ‘Quen puidera namorala’, un tema do cantautor galego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e escritor. Foi capelán do exército. Da súa autoría destacan La cuestión social (1901), Nostalgia (1902) e Contos de pola vila (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e crítico literario. Doutor en Filoloxía Hispánica e profesor da Universitat de València, foi membro destacado das Festas Minervais, en que resultou premiado en diversas ocasións. Polo seu poemario Mesteres (1976), está considerado como un dos autores que abre a poesía de signo realista ás liñas de renovación da lírica galega no último cuarto do s XX. Colaborador asiduo de La Noche e doutras publicacións periódicas, a súa obra destaca polo relevo dos mundos mítico-simbólicos e a plenitude expresiva que acada a palabra poética. Da súa produción destacan os poemarios Sonetos de espranza presentida (1965), Palabra de honor (1967), Retratos pra tempos de pouca luz (1968), Memoria dunha edá (1976), Liturxia do corpo (1983), Antología personal (1987) e Noite do degaro (1994), máis a recompilación do seu traballo poético Do tempo posuído (2003). No ámbito da teoría, a crítica e a historia literaria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, musicólogo e escritor. Exerceu a crítica musical durante cincuenta anos e colaborou na Revista Musical Catalana. En 1903 fundou a Orquestra Valenciana de Cámara e foi nomeado profesor do conservatorio de València. Da súa obra destaca Valenciana, Abanicos antiguos, Rapsodia valenciana ou Acuarelas. Como crítico destacan Música popular española (1972), Historia de la música (1929) e Folklore musical español (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Ingresou no Corpo Técnico da Administración Civil do Estado e foi asesor xurídico da Universidade de Vigo. Fundou a Asociación Amigos de los Pazos, da que é presidente, e coa que publicou Inventario de Pazos y Torres e El Camino Portugués, entre outras obras. Contribuíu á declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo e á difusión e recuperación do Camiño Portugués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Institucionista, filla de Xosé Pascual López Cortón. Preocupada polos temas pedagóxicos, educativos e sociais, especialmente relativos á educación da muller, estivo ligada á Institución Libre de Enseñanza (ILE). Nesta liña publicou varios artigos no Boletín de la Institución Libre de Enseñanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae por armas escudo partido: primeira partición, en campo de azul, cun castelo de prata, rematado en ameas e con cachotería de sable; bordo de ouro cargado de seis escudiños de goles, cunha banda de ouro; segunda partición, en campo de prata, cunha torre donxonada da súa cor, e saínte dela un león da súa cor; bordo de goles, cargado de seis cunchas de vieira, de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, entado en punta, de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano. Cronista xeral da provincia de Santiago, dirixiu a publicación Archivo Íbero-Americano e El Eco Franciscano (1904-1905) e colaborou no Archivum Franciscanum Historicum (1908) e na Revista de Estudios Franciscanos. Dos seus libros destacan Viaje de San Francisco a España (1914), Estudios crítico-históricos sobre Galicia (1916) e, postumamente, La imprenta en Galicia (siglos XV-XVIII) (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e editor. Mestre de Carles Riba, os seus primeiros libros, dos que destaca Intermezzo galant (1910), evolucionaron progresivamente cara á busca de Deus e o gusto pola imaxe intelectualizada e o epigrama. Cants i al·legories (1917) e Elegia (1925) acentúan a corrente intelectual e a busca da poesía pura. Foi membro do Institut d’ Estudis Catalan (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora. Profesora de didáctica da música na Universidade de Santiago de Compostela, foi bolseira do Ministerio de Asuntos Exteriores para recibir estudios de música en Hungría. Conseguiu o terceiro premio do Patronato Rosalía de Castro pola canción “Has de cantar”. Publicou álbums monográficos de partituras musicais instrumentadas e composicións inéditas e publicadas destinadas á educación infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político mexicano. Ingresou no Partido Revolucionario Institucional (PRI) en 1945. Foi ministro de Economía e Facenda (1973-1975) e presidente da República (1976-1982). Puxo en marcha unha política reformista e de achegamento ao Terceiro Mundo. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Iberoamericana (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Os seus primeiros éxitos foron La velá de San Juan e María de la O. Con Rafael de León compuxo cancións, zarzuelas, sainetes e comedias, e popularizou a canción española. Tamén colaborou con Xandro Valerio, José Antonio Ochaíta, Salvador Valverde e Antonio Quintero cos que creou temas tan populares como Ay, pena, penita, Ojos verdes e Te he de querer mientras vivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustradora. Ademais da súa actividade docente, participou en diversas actividades de animación á lectura. Realizou as ilustracións dos libros Noa (1989), de A. García Teijeiro, e Xasmín no país dos mentireiros (1992), de Gianni Rodari.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, seis garzas de ouro sostendo unha pedra coa pata destra, colocadas en dous paos de tres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director de teatro. Dirixiu o cadro de declamación de Cantigas e Agarimos, co que realizou espectáculos como Antígona (1958), Os vellos non deben de namorarse (1961), A revolta (1964), A noite vai coma un río (1966) ou O fildalgo (1967). Tamén foi un dos promotores do Grupo de Teatro Rosalía de Castro e do Seminario de Teatro das Aulas da Terceira Idade, agrupacións coas que realizou diversas propostas na década de 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e escritor. Foi redactor xefe de El Norte de Galicia. Das súas obras destacan La escuela anarquista (1909), La guerra (1914), Mi viaje a Roma: Impresiones (1925) e El Museo Arqueológico Diocesano (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesora. Catedrática de Didáctica de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, preside a Sociedad Española de didáctica de la Lengua y la Literatura.   Publicou máis de cen artigos en revistas especializadas e é autora e editora de varios libros de crítica literaria, ensaio, didáctica do teatro e biografía, as súas liñas de investigación fundamentais son a didáctica da literatura, con atención preferente ao teatro, intertextualidade e estudios sobre muller, lingua e literatura. Entre eles, destacan Ramón Otero Pedrayo. Teatro ignorado (1991), As precursoras. Achegas para o estudo da escrita feminina (Galiza 1800-1936) (1993), A Escola Normal de Santiago de Compostela: de Escuela Normal Superior a Escola Universitaria (1849-1996) (2000), en colaboración con A. Serafín Porto Ucha, Avilés de Taramancos: un francotirador da fermosura (2003) e Ramiro Paz Carbajal: 1891-1936, unha vida segada pola barbarie (2003). Recibiu o Premio Tomás Barros de Investigación Teatral...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ecólogo e naturalista. Director do Institut d’Investigacions Pesqueres (1951), destacou no eido da aplicación da teoría da información ao estudo das comunidades e na formulación de modelos matemáticos para o estudo do plancto. Estudiou tamén aspectos prácticos como os de eutrofización dos pantanos e a produtividade e contaminación das augas. Publicou Ecología (1974), La biosfera entre la termodinámica y el juego (1980), Limnologia (1983) e Teoría de los sistemas ecológicos (1991). Recibiu o Premio Ramón y Cajal (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñadora. Creou a empresa textil Modatest en Vigo (1985), onde se centraliza o proceso de deseño, produción e distribución das coleccións. Lanzou a súa primeira colección en 1986 coa liña María Mariño e posteriormente creou African Blue (1995). Participou en distintas edicións da pasarela Luada e comezou a súa expansión internacional a través de franquicias.

    VER O DETALLE DO TERMO