"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

  • PERSOEIRO

    Colonizador francés. Enviado a Madagascar en 1648, escribiu Histoire de la grande isle de Madagascar (Historia da gran illa de Madagascar, 1653) e Ditionnaire de la langue parlée à Madagascar (Dicionario da lingua que se fala en Madagascar, 1658).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás flacourtiáceas.

    2. Leñosa da familia das flacourtiáceas.

    3. Familia de árbores ou arbustos, da orde das violais, de follas dispostas de xeito alterno e con estípulas caducas; flores hermafroditas, actinomorfas, coa corola formada por numerosos pétalos libres, androceo de moitos estames e xineceo de 2 a 10 carpelos; e con froitos en cápsula ou baga. Existen unhas 800 especies orixinarias das rexións tropicais. Os principais xéneros son Pangium e Taraktogenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de flaxelar ou flaxelarse.

    2. Castigo penal que consistía en darlle un número determinado de azoutes ou lategazos a un individuo por motivos diversos e con distintos intrumentos. Na Antigüidade foi unha das penas máis xeneralizadas. Nas relixións mistéricas executábase como un acto ritual vinculado aos ritos iniciáticos. A ascese medieval cristiá converteu a autoflaxelación nun método de mortificación e penitencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación de agregados compactos nunha disolución coloidal por fenómenos de natureza eléctrica (atracción de partículas de signo contrario), evaporación ou arrefriamento.

      1. Tratamento ao que se someten os sólidos disgregados dispersos no seo dun fluído para formar agregados de partículas que fan posible a separación do sólido por sedimentación ou por filtración. Só se emprega cando as partículas sólidas son moi pequenas.

      2. axente de floculación

        Substancia tensoactiva ou electrólito que se emprega para producir a floculación.

      1. Aparición dun enturbamento nunha solución coloidal dosificada, á que se lle engade unha cantidade determinada dun soro cun exceso de gammaglobulinas. Emprégase para diagnosticar certos estados patolóxicos do fígado que ocasionan un aumento nas gammaglobulinas.

      2. Tipo de reacción inmunolóxica de precipitación que producen algúns antisoros, fundamentalmente os que se preparan con toxinas diftéricas e estreptocócicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao depósito que ten a súa orixe na correntes de auga de fusión que se formaron preto do límite de fusión do xeo e que constituíron verdadeiros ríos, moi cargados de materiais de arrastre derivados das morenas. A erosión destes depósitos e as súas sucesivas acumulacións formaron as terrazas de orixe fluvioglaciar, que son moi importantes para determinar a cronoloxía do Pleistoceno. Outros depósitos de orixe fluvioglaciar son as varvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de substitución electrofílica mediante a que se introduce un ou máis grupos formilo nun composto orgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de formular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Incorporación dun grupo fosfato a un composto orgánico.

    2. Reacción que ten lugar na fotosíntese en que o fósforo inorgánico se fixa a unha molécula de ADP para a formación de ATP, coa utilización de enerxía luminosa. Existen dúas vías: a fosforilación cíclica e a fosforilación non cíclica. Tamén recibe o nome de fotofosforilación.

    3. Reacción que se dá nos estadios finais da respiración aerobia, en que se produce a fosforilación do ADP, para formar ATP. Ten lugar nas mitocondrias celulares conxuntamente co transporte de electróns e representa un mecanismo de conservación de enerxía que se produce na respiración celular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método terapéutico que se basea na produción de coagulacións localizadas nos tecidos pola conversión en calor dun feixe luminoso, procedente dunha lámpada de xenon ou de argon ou dun láser, sobre unha área moi reducida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz romana, filla de Teodosio I o Grande. Apresada por Alarico durante o saqueo de Roma polos visigodos (410), casou co rei visigodo Ataúlfo (414) e acompañouno a Hispania. Enviuvou no 415 e casou con Constancio, xeneral do seu irmán, o Emperador Honorio, e emperador no 421. Trala morte do seu esposo fuxiu a Constantinopla acusada de conspirar contra Honorio e conseguiu que recoñecesen como emperador de Occidente o seu fillo Valentiniano III (425). Exerceu a rexencia durante a súa minoría de idade. Consérvase o seu mausoleo en Ravenna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión situada no centro de Asia Menor, que se estendía por Frixia e Capadocia, dominada polos celtas gálatas desde o 278 a C. Trala vitoria dos romanos en Magnesia (189 a C) converteuse nun estado autónomo pero fiel a Roma. Provincia romana dende o 25 a C, máis tarde incluíu partes do Ponto e da Paflagonia. No s I san Pablo evanxelizou o S da rexión. Baixo o goberno de Vespasiano engadíronselle os territorios de Capadocia e Armenia (72). A súa extensión reduciuse durante Traxano e Diocleciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefixo de orixe grega que se utiliza na formación de palabras co significado de ‘leite’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia medicamentosa ou alimentaria que favorece a secrección láctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á galaxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arxila detersiva que se desfai na auga e lle confire aparencia de leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dilatación quística nunha glándula mamaria que contén leite. Prodúcese pola obstrución dun ou máis condutos mamarios.

    2. ariedade de hidrocele que contén un líquido dunha cor leitosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que leva ou transporta leite.

    2. Aplícase aos condutos que unen os alvéolos mamarios coa mamila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento utilizado para medir a densidade do leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mecanismo mediante o que as células ganglionares da mama elaboran o leite.

    VER O DETALLE DO TERMO