"MIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 424.

  • Inclinación enfermiza a inventar mitos ou historias fantásticas, que acompaña a miúdo certos estados psicopatolóxicos. No neno, a mitomanía é case fisiolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen está afectado de mitomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luva que cobre a man desde o pulso ata a primeira falanxe dos dedos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso de división das células somáticas dos eucariotas que consiste, fundamentalmente, nunha división lonxitudinal dos cromosomas e nunha división do citoplasma que ten como resultado dúas células fillas idénticas á nai e entre si. Distínguense catro fases: a profase, a metafase, a anafase e a telofase. Na profase desaparece a membrana nuclear, o material xenético enrólase formando os cromosomas e faise visible o fuso acromático. Cara á fin da profase desaparece o núcleo. Durante a metafase os cromosomas esténdense á parte ecuatorial da célula. Na anafase divídense os centrómeros, e as cromátidas desaparecen e son arrastradas cara aos polos opostos da célula polas fibras do fuso. Na telofase unha membrana nuclear envolve cada un dos agrupamentos de cromosomas, reconstitúese o núcleo orixinal e divídese fisicamente a célula pola metade dando lugar a dúas células fillas, que entran nunha fase de metabolismo activo (interfase), dentro da que se dá a duplicación...

    2. meiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espora formada mediante divisións mitóticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á mitose.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Gorro apuntado que utilizaban os antigos persas.

      2. Gorro litúrxico, propio dos bispos, arcebispos e dalgúns eclesiásticos con este privilexio, que se empregaba durante a celebración litúrxica. En Occidente, nos ss IX e X, tiña dúas cúspides, coas puntas nos lados ou diante e detrás. En Oriente tomou unha forma case semiesférica, cunha cruz no cumio.

      1. Dignidade ou cargo de bispo ou arcebispo.

      2. Territorio sometido á xurisdición dun bispo ou arcebispo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade iraniana que apareceu por primeira vez nun texto cuneiforme do s XIV a C. No mazdeísmo deixou de ser un deus e pasou ser un dos yazata. Posteriormente, en Persia, Mitra converteuse nunha divindade solar, a miúdo representada no momento de sacrificar ao touro cósmico, que morría dando orixe á vida. Do seu culto coñécense os sete graos polos que pasaba o iniciado: Corax, Nymphus, Miles, Leo, Perses, Heliodromus e Pater.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos gasterópodos, da familia dos mítridos, que presentan unha cuncha alongada de cores vivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode usar mitra.

    2. Dignidade de arcebispo ou bispo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Culto ao deus Mitra que arraigou nas comunidades persas de Asia Menor despois da conquista macedónica, e a través dela estendeuse a Roma e a todo o Imperio, onde constituíu unha relixión oficial, reservada aos soldados. Rivalizou fortemente co cristianismo, que transformou a súa festa principal no Nadal. Extinguiuse no s V.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. mitriforme.

    2. Aplícase á válvula que existe entre a aurícula e o ventrículo esquerdos do corazón e que impide o retroceso do sangue do ventrículo á aurícula e ás veas do pulmón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Exiliado en Chile, Bolivia e Perú, en 1852 regresou a Bos Aires, onde se uniu a Justo José de Urquiza contra a ditadura do gobernador Juan Manuel de Rosas (1829-1832 e 1835-1852). Nomeado ministro de Guerra da provincia de Bos Aires (1853), rexeitou o plano federal de Urquiza, que pretendía unir a provincia á República Arxentina e, enfrontados abertamente, conseguiu derrotalo na Batalla de Pavón (1861). Nomeado presidente da República (1862-1868), baixo o seu mandato entrou na Triple Alianza contra Paraguay (1865). Fundador do xornal bonaerense La Nación (1870), en 1874 protagonizou un alzamento contra Nicolás Avellaneda, pero foi derrotado. Publicou La Historia de Belgrano y de la independencia argentina (1876-1877) e Historia de San Martín y de la emancipación sudamericana (1889-1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario dedicado a Mitra que adoitaba estar en sotos ou a nivel de terra e construído en ángulos escuros e cuberto cunha bóveda furada por unha claraboia, a través da que se filtraba un raio de luz que iluminaba só a imaxe do deus. Conserváronse diversos mitreos en Oriente e en Europa, particularmente en Italia. Nalgúns casos, construíuse sobre a cripta que os constituía unha igrexa, como a de Santa Prisca ou a de San Clemente, en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Grande (Partia ss II - I a C) Rei dos partos (123?-88 a C). Conseguiu refacer a fortuna do seu país, gravemente deteriorada polos reinados anteriores, conquistou unha parte de Armenia e iniciou relacións diplomáticas con Roma (92 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei do Ponto. Participou nas loitas dinásticas dos seléucidas e favoreceu a Antíoco III para expulsar a Seleuco II de Asia Menor. Crese que o seu reinado rematou cara a 220 a C e que foi sucedido polo seu fillo Farnaces I do Ponto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Everxete (Ponto s II a C) Rei do Ponto (150?-120 a C), fillo de Mitridates IV Filopátor. A súa alianza cos romanos permitiulle obter o goberno de Frixia. Fíxose cargo, ademais, da Capadocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eupátor (Ponto 132? - 63 a C) Rei do Ponto (111-63 a C), fillo de Mitridates V Everxete. Como rei do Bósforo cimerio, aliouse con Nicomedes III e conquistou Paflagonia. Desde 89 a C, a invasión do Ponto abriu o gran período de guerras entre Mitridates e os romanos. En 87 a C, Lucio Cornelio Sula desembarcou en Grecia, someteu Atenas e obrigou ao monarca póntico a asinar a paz (84 a C). A guerra recomezou coa anexión de Bitinia feita polos romanos (74 a C) e, malia que no primeiro momento foi favorable a estes, reportoulle despois moitos éxitos a Mitridates (68-67 a C), ata que interveu Cneo Pompeio. Mitridates reuniu un exército no Bósforo e intentou apoderarse de Italia, pero a revolta do seu fillo Farnaces II levouno ao suicidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inmunidade contra unha medicina, que se adquire pola súa administración previa, primeiro en doses mínimas e despois en doses progresivamente crecentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contraveleno composto dun gran número de ingredientes, que se empregou durante séculos como antídoto universal contra os envelenamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO