"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato galego xurdido na década dos setenta para diminuír o peso que as confrarías de pescadores, con vocación vertical, tiñan no sector dos traballadores do mar. Agrupa o conxunto de traballadores de baixura, altura, marisqueo e acuicultura, ademais de pequenos armadores. A súa primeira asemblea, que se celebrou na Illa de Arousa en xaneiro de 1975 como culminación de anteriores asembleas de portos, aprobou a Plataforma reivindicativa dos traballadores do mar de pesca de altura e litoral. Neste documento, que serviu de programa provisional, propúñase a explotación racional dos recursos do mar, solicitábanse medidas de seguridade no posto de traballo, un salario mínimo (que naquel momento se establecía en 25.000 pesetas con independencia da participación na pesca capturada), unha xornada de oito horas e outras medidas sociais, e esixíase a supresión da lexislación militar na pesca. Nos primeiros anos foron os seus responsables Manuel Pillado, Begoña Palacio, Tito Ucha e Romualdo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Sindicato Nacional de CC OO de Galicia constituído en marzo de 1978, é unha organización de clase que ten por tarefa principal a defensa dos intereses da clase traballadora e dos dereitos nacionais de Galicia na perspectiva do socialismo democrático. Desenvolve a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
    Órganos, estrutura e obxectivos
    Os órganos de dirección son o Congreso Nacional, máximo órgano deliberante e decisorio; a Conferencia Nacional, convocada intercongresualmente para cuestións de interese puntual; o Consello Nacional, máximo órgano de dirección e representación entre congresos; e a Comisión Executiva Nacional, órgano de dirección que leva á práctica as decisións e directrices adoptadas polo Consello e polo Congreso. A coordinación está a cargo do Comité Nacional e a representación legal e pública recae no Secretario Xeral. A estrutura interna é en sentido vertical, para atender a rama laboral, e horizontal, en atención á súa procedencia territorial...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de comisar.

      1. Pena xurídica de confiscación de bens, aplicada polo fisco ás mercadorías prohibidas ou de contrabando.

      2. Pena accesoria ou medida cautelar imposta ao autor dun delito, que consiste na perda ou retención dos instrumentos empregados no feito delitivo ou dos efectos resultantes do acto ilícito.

    2. Conxunto de bens ou xéneros comisados.

    3. Reversión do dominio útil dun inmoble en réxime de enfiteuse a favor do señor directo cando o enfiteuta deixa de pagar pensións censuais. Pódese liberar pagando os atrasos dentro do termo subseguinte á demanda que lle formula o censualista. Tamén se produce en virtude do convenio de enfiteuse, como cláusula penal contractual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é obrigatorio ou válido por un certo tempo.

    2. Que foi aprazado para unha data determinada.

    3. Norma xurídica recollida no Dixesto que lle permitía ao vendedor anular un contrato de compravenda e quedar coas cantidades satisfeitas polo comprador, no caso de que este non pagara a parte do prezo estipulado.

    4. No contrato de compravenda, facultade outorgada ao vendedor para rescindir o contrato e recuperar a cousa vendida en caso de que o comprador non realice o pagamento dentro do prazo estipulado. Está prohibido nos contratos de proba, hipoteca e anticrese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. En 1960 fundou a Orquestra de Cámara de Israel e foi director da Ópera de Bucarest, da Orquestra Sinfónica de Haifa (Israel), da Orquestra Sinfónica do Ulster e da de Baltimore. Así mesmo, asumiu a dirección das orquestras de Vancouver, Helsinqui e RTVE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador e xornalista italiano. Viaxou por Europa e África como correspondente do diario Il Corriere della sera. Influenciado por D’Annunzio, distinguiuse polo seu estilo descritivo. Publicou, entre outras obras: L’italiano errante per l’Italia (O italiano errante por Italia, 1937) e Un gatto attraversa la strada (Un gato atravesa a estrada, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar de unión entre dous corpos ou dúas partes dun corpo.

    2. Punto de unión de dúas partes dun órgano, ou de órganos diferentes, que en xeral delimitan unha abertura. Aplícase especialmente aos labios (comisura labial) e ás pálpebras (comisura palpebral) e tamén aos labios vulvares maiores (comisura vulvar) e menores (comisura labial pudenda). No sistema nervioso central, dáselle a miúdo este nome aos fascículos definidos como ponte entre dúas estruturas; exemplos destes son a comisura magna, ou corpo caloso, a comisura medular, ou parte central da medula, a comisura media, ou unión dos tálamos ópticos, e a comisura branca, que relaciona os cordóns anteriores medulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á comisura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica dunha comisura. Aplícase especialmente á liberación das valvas dunha válvula do corazón afectada de estenose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao caso que indica ‘en compañía de’, tanto en sentido flexional como no de pura función sintáctica. Nalgunhas linguas, como o finlandés, ten unha forma especial; pola contra, noutras confúndese con outros casos (no grego co dativo e no latín co ablativo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Séquito que acompañaba o emperador. O concepto evolucionou e, máis tarde, incluíu a corte, e, por último, o exército en campaña. Nos pobos de orixe xermánica estaba constituído polo conxunto de guerreiros novos que seguían o monarca, vinculados ao caudillo por un xuramento de fidelidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurisdicións territoriais de diversos tamaños instituídas polos monarcas asturianos en Galicia, dende finais do s VIII ata o s XI. O monarca situaba á fronte delas a un delegado coa obriga de manter a orde, ocuparse da administración de xustiza, recadar os tributos, organizar as prestacións persoais dos homes de cada circunscrición e dirixir as tropas. A evolución do reino levou a que o monarca lles concedese aos grandes señores a encomenda de dirixir varias destas xurisdicións, co privilexio de inmunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de persoas elixidas para desempeñar cargos ou misións de interese común, en representación dun grupo, dunha asociación ou dun organismo, constituído por un número maior de membros. Entre os múltiples comités existentes poden sinalarse os comités de folga, que representan os traballadores durante as folgas e coidan do cumprimento dos seus dereitos; os de empresa, con múltiples atribucións, como a saúde laboral e a hixiene no traballo; os comités propresos, encargados da defensa dos encarcerados e das súas familias. Existiron ademais os comités de defensa que coidaban da integridade do sindicato ou movemento fronte a outros grupos ou ao Estado, os comités paritarios e os comités revolucionarios, entre outros moitos.

    2. Órgano dirixente dos partidos comunistas. Os seus membros elixíanse en cada congreso do partido.

    3. Órgano colexiado, representativo dos traballadores dunha empresa ou dun centro de traballo, elixido para a defensa dos seus intereses. De orixe electoral e de carácter non sindical, aínda que o ordenamento xurídico o dotou de funcións sindicais, constitúese nas empresas con máis de 50 traballadores. A duración do seu mandato é de catro anos pero mantéñense nas súas funcións ata que non se celebren novas eleccións. Se remata o mandato e non hai eleccións, automaticamente se prorroga. Para o exercicio das funcións de representación, os membros do comité de empresa teñen un número mínimo de horas mensuais retribuídas, segundo o número de traballadores que haxa en cada centro de traballo; ata 100 traballadores, 15 horas; de 101 a 250, 20 horas; de 251 a 500, 30 horas; de 501 a 750, 35 horas; e de 751 en adiante, 40 horas. Ao ser o crédito de horas retribuídas, o representante dos traballadores non debe ver minguado o seu salario e para a utilización das mesmas só debe avisar o empresario, quen...

    4. Órgano encargado, nunha situación de folga, de participar en todas as actuacións dirixidas á solución do conflito, garantir a prestación dos servicios necesarios para a seguridade das persoas e cousas, e negociar co empresario para chegar a un acordo que poña fin á folga. Está composto por traballadores dos centros de traballo afectados.

    5. Consello composto por un número igual de representantes obreiros e patronais, cun presidente nomeado polo goberno, que tivo como finalidade resolver por arbitraxe previa obrigatoria os conflitos laborais colectivos e individuais. Este tipo de comités constituíu o organismo básico do réxime corporativo paritario implantado en España durante a ditadura de Primo de Rivera, por decreto do 26 de novembro de 1926, obra do ministro de Traballo, Eduard Aunós. Inspirouse no corporativismo fascista de Italia e no movemento social católico. Non se baseaba nun sindicato único, oficial e obrigatorio, senón que teoricamente a sindicación era libre, aínda que as decisións dos comités paritarios eran de obrigado cumprimento para todos os patróns e obreiros do sector sobre o que tiñan xurisdición. Só na Compañía Telefónica se impuxo a sindicación única e obrigatoria. A UGT e os socialistas participaron nos comités paritarios en virtude do pacto tácito de non agresión existente entre eles e o goberno franquista....

    6. Organismo creado en Francia en 1793 pola Convención. Había un en cada municipio e en cada distrito das cidades de máis de 25.000 habitantes. Chegaron a aplicar directamente a lexislación revolucionaria, pero foron abolidos ao caer o réxime do Terror (xullo de 1794).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución constituída en Santiago de Compostela en novembro de 1890 polos seguidores do rexionalismo. Presidida por Manuel Murguía, tiña como secretario a Manuel Cabeza de León, profesor da facultade de Dereito, e como vocais a Alfredo Brañas, catedrático de Economía política, Xosé Tarrío, Barcia Caballero, Pereiro Romero e Enrique Lens. Entre os seus obxectivos figuraban o establecemento de vínculos entre as vilas galegas sen por iso crebar a unidade de España, conseguir que os representantes en Cortes por Galicia fosen galegos, acabar co caciquismo, fomentar as artes e as industrias galegas, solicitar unha rebaixa de impostos ao goberno de acordo coa situación dos labregos galegos e levar a cabo todo tipo de iniciativas para acadar o progreso material, moral e intelectual de Galicia. Foi realmente o impulsor, baixo a dobre dirección de Murguía e Brañas, dos comités rexionalistas que se fundaron en todas as cidades e vilas galegas desde 1890. Integraba, ademais, o consello de redacción...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo constituído baixo os auspicios da ONU no ano 1959. Ten por misión o establecemento de recomendacións técnicas e de tarifas para regular as comunicacións telegráficas e telefónicas a escala mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano con carácter consultivo creado polo Tratado da Unión Europea e asinado en Maastricht o 7 de febreiro de 1992. Está composto por representantes das colectividades rexionais e locais dos quince estados membros da UE. Os seus compoñentes son nomeados polos membros do Consello Europeo, por catro anos e por unanimidade. O Comité das Rexións pode ser consultado polo Consello ou pola Comisión Europea en materias de educación, xuventude, cultura, saúde pública, redes transeuropeas e cohesión económica e social. Tamén pode emitir un ditame por propia iniciativa cando se considera que están en xogo intereses rexionais específicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comisión permanente do Congreso dos EE UU, constituída en 1938, para investigar organizacións consideradas subversivas, en xeral, de tendencia esquerdista. Nos anos corenta e cincuenta protagonizou unha auténtica “caza de bruxas” entre actores, guionistas e directores de cine de Hollywood. Aboliuse en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional creado en Londres en 1936, destinado a garantir a neutralidade das grandes potencias na Guerrra Civil española (1936-1939). Constituírono Francia, Reino Unido, EE UU, Italia, Alemaña, URSS, Bélxica, Holanda, Checoslovaquia e Polonia. Disolveuse o 20 de abril de 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político venezolano de tendencia socialcristiá fundado en 1946 por Rafael Caldera. En 1958 formou parte da Junta Patriótica que substituíu o ditador Marcos Pérez Jiménez. Gobernou o país cos presidentes Rafael Caldera (1969-1974) e L. Herrera Campins (1979-1984).

    VER O DETALLE DO TERMO