"PAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 751.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (5.917 h [2001]). Gran parte do territorio está cuberto de bosques e a agricultura baséase principalmente no regadío de hortalizas, patacas, leguminosas, árbores froiteiras e forraxe. Posúe industrias do sector químico, de materiais de construción, talleres mecánicos e carpintarías. O sector servizos ten certa importancia e as urbanizacións experimentaron un gran crecemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Capitán xeneral de Aragón, lexitimou o movemento popular antifrancés mediante a convocatoria das Cortes aragonesas e asumiu a defensa de Zaragoza, que foi asediada en dúas ocasións polos franceses (1808-1809). Dúas veces senador por Zaragoza con Fernando VII, en 1836 foi nomeado duque.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Administrador colonial e bispo de México. Reformou os estudos universitarios e opúxose aos xesuítas a causa da xurisdición eclesiástica. En 1649 ocupou o bispado de Osma. Carlos III e os inimigos dos xesuítas intentaron, no s XVIII, que fose canonizado, sen éxito.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cabalo nobre que utilizaban na Idade Media os reis e as damas para pasear e non para a batalla.
-
Cabalo en que vai sentado o criado que acompaña o amo cando este tamén vai a cabalo.
-
-
-
Criado que leva do freo o cabalo do señor.
-
Criado que montaba o cabalo palafrén.
-
Mozo que coidaba dos cabalos.
-
Xefe dos oficiais que tiña ao seu cargo as cabalarías reais e que tiña a misión de aguantar o cabalo do rei no momento en que este montaba.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya (18.332 h [2001]). O seu territorio está en parte cuberto de bosque. Destacan algúns cultivos de secaño como cereais e forraxe, que se complementan coa gandaría, aínda que as actividades industriais e o turismo son a base da súa economía. O principal sector industrial é o da construción, que se ve favorecida polo turismo, que supuxo a aparición dun importante sector servizos. O equipamento turístico concéntrase na costa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cova subterránea de formación natural.
-
-
Que ou quen vai mal vestido.
-
Persoa alta, desgairada e grosa.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao palaico.
-
Antiga lingua falada en Pala (Asia Menor), coñecida unicamente por unhas breves pasaxes en textos rituais hititas. Do mesmo xeito que o hitita xeroglífico, o luvio, o licio e o lidio, pertence á rama anatólica do phylum indoeuropeo.
-
-
PERSOEIRO
Teólogo bizantino. Ordenouse sacerdote en Tesalónica (1326) e levou unha vida eremítica en Berea e no monte Athos (1331). Escribiu máis de 60 libros en defensa do hesicasmo, onde expuxo a súa teoloxía, o palamismo. Foi designado arcebispo de Tesalónica por Xoán VI Cantacuceno (1350) e a súa ortodoxia foi recoñecida no Sínodo de Blaquernes (1351). Foi canonizado no Sínodo de Constantinopla de 1368.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor grego. Poeta nacional do seu país, é unha das figuras máis representativas da literatura grega moderna. Con Himno a Atenea (1889) amosou unha clara influencia parnasiana. A este seguíronlle outros títulos de orientación simbolista, como Os ollos da alma (1892) e de evocación de mitos clásicos. Da súa produción poética destacan Iambos e anapestos (1897) e Vida inmutable (1904). Despois, con novelas como A morte do palicari, consagrou o uso literario da lingua popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe do ciclo troiano, fillo de Nauplio e de Clímene. Participou como embaixador na guerra de Troia para esixir a devolución de Helena, e tamén foi a Ítaca para facer que Ulises cumprise coa promesa que lle fixera a Menelao de acudir a Troia. Foi acusado polo heroe de Ítaca de traizón e morreu lapidado polo exército.
-
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Discípulo de M. Mierevelt e F. Hals, empregou o claroscuro como efecto técnico--compositivo nunha pintura costumista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de utensilios necesarios para a manobra nunha embarcación miúda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina de Gregorio Palamás que traduce á linguaxe teolóxica a mística da comuñón con Deus e a visión da luz divina experimentada polos hesicastas. Distinguiu entre a divindade superior e invisible e a enerxía divina inferior e visible en forma de luz, como no monte Tabor, e que non é máis ca a graza increada. Isto provocou a reacción de Barlaam.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya (14.842 h [2001]). É un dos portos pesqueiros máis importantes de Catalunya. A industria, a pesar do desenvolvemento turístico, é aínda a principal actividade económica, e baséase nos sectores da construción, químico, do plástico e metalúrxico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pau, de aproximadamente un metro, que se emprega no xogo da estornela para lanzar a billarda.
-
-
Máquina simple que pode esquematizarse nunha barra ríxida, móbil arredor dun punto de apoio ou fulcro, que permite vencer un esforzo, denominado resistencia, ao aplicarlle outro, denominado potencia. Segundo a posición relativa dos puntos onde se apliquen a potencia e a resistencia e o punto de apoio, as pancas clasifícanse en tres xéneros diferentes: na panca do primeiro xénero, o punto de apoio sitúase entre os de aplicación da potencia e da resistencia; na do segundo, a resistencia aplícase entre o punto de apoio e o de aplicación da potencia; e na do terceiro, a potencia aplícase entre a resistencia e o punto de apoio. A lei física que rexe para calquera xénero de panca xa foi enunciada por Arquímedes, e di que o produto da forza (potencia) polo brazo de potencia é igual ao produto da forza (resistencia) polo brazo de resistencia. A ganancia mecánica dunha panca defínese como o cociente entre a forza “resistencia” e a forza “potencia”.
-
Barra que serve para accionar un mecanismo.
-
Pau groso que serve para levar un peso entre dous ou para sostelo entre dous puntos de apoio.
-
ara longa con que se moven embarcacións en lugares pouco profundos.
-
Temón do arado.
-
Superficie plana e horizontal, elevada sobre o nivel da auga, desde a que salta un nadador.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
apalestesia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente en forma de cunca que serve para lavar as mans.