"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • PERSOEIRO

    Político italiano. Marqués de Vallesantoro e de Squilace (1755-1785), estivo ao servizo de Carlos III. Contable da casa Baretta en Nápoles, foi nomeado por Carlos III administrador xeral de víveres militares (1742), director xeral de aduanas (1746) e secretario de Facenda (1753). Tras recibir os títulos de marqués de Vallesantoro e de Squilace (1755), acumulou na súa persoa as carteiras de Guerra, Mariña e Comercio do reino napolitano. En 1759, tras ocupar Carlos III o trono español, trasladouse a Madrid, onde ocupou a carteira de Facenda. Desde 1763 ocupou tamén a secretaría de Guerra e interinamente a de Gracia e Xustiza. Iniciou un programa de reformas que o levaron a fundar montepíos para viúvas e orfos, á creación do sistema de loterías, a impulsar a urbanización de Madrid e a promulgar o bando sobre capas e chapeos (1766), que iniciou o motín de Esquilache. Tras ser cesado polo monarca nos seus cargos (24.3.1766), trasladouse a Sicilia e foi nomeado embaixador de España en Venecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario. Redactor da revista O moscovita, foi o primeiro teorizador da doutrina estética da arte pola arte, e da crítica orgánica, intento de fusión da crítica idealista e da positivista. De tendencia romántica, manifestou influencias de Schelling e de Carlyle. Publicou Da verdade e a sinceridade na arte (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romántico alemán. Coñecido como Novalis, entendeu o amor como unha forza elemental anímica e cósmica, e no seu individualismo máxico todo coincidiu, individuo e universo, vida e morte, un e todo. Publicou Geistliche Lieder (Cánticos espirituais, 1799), algúns poemas alegres e vitais, Lied der Toten (Canto dos mortos) e Hymnen an die Nacht (Himnos á noite, 1800). Tamén publicou fragmentos literarios co nome de Blütenstaub (1798), o ensaio Die Christenheit oder Europa (A cristiandade en Europa, 1799) e a novela inacabada Heinrich von Ofterdinge, en resposta ao Wilhelm Meister, de Goethe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome grego de Íwnw, antiga cidade do Baixo Exipto, situada uns 12 km ao NL do Cairo. Foi a terceira cidade do Exipto faraónico, despois de Tebas e Menfis, pola súa importancia relixiosa, e acadou o seu apoxeo durante o Imperio Novo co culto a Ammón-Ra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Heliópolis ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Heliópolis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome grego co que foi coñecida a antiga cidade exipcia de Henensu, actualmente Ihnāsiyat al-Madīna, situada a uns 110 km ao SO do Cairo. Foi capital de Exipto durante as dinastías IX e X (2300? a C-2160? a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Polinomios en O dados pola expresión xenérica

    FORMULA

    Satisfán a fórmula de recorrencia
            Hn+1(x) - 2xHn(x) + 2nHn-1(x) = 0,
    e son solucións da ecuación diferencial de Hermite,
                             y’’- 2xy + 2ny = 0.
    Os primeiros polinomios son H0(x) = 1, H1(x) = 2x, H2(x) = 4x2-2, H3(x) = 8x3-12x e H4(x) = 16x4- 48x2+12.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiron as cidades exipcias consagradas ao deus Thot, identificado polos gregos con Hermes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Exipto, actualmente Al-Ašmūnayn, situada a uns 20 km ao NL de Tall Al-Amārna. Foi un importante centro relixioso e político, sobre todo durante as dinastías IX e X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curva que o punto de contacto dun elipsoide de inercia describe nun plano sobre o que roda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á máquina eléctrica en que se alternan sucesivamente polos de signo contrario.

    2. enlace iónico

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polisacárido formado por distintos tipos de monosacáridos e outras substancias non glicídicas, como a quitina ou a pectina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de hidrozoo cnidario con cavidade gastrovascular sen tabiques. Esta forma alterna coa forma de hidromedusa, aínda que hai especies de hidrozoos que só se presentan en forma de pólipo. Normalmente habitan os fondos mariños ou as aguas continentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade frixia fundada por Eumenes II de Pérgamo á beira do Río Meandro (190 a C), actualmente Pumakkale. Anexionada a Roma en 133 a C, foi un importante centro relixioso ata época bizantina. As ruínas da cidade foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1988.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte inferior dun lago. As súas augas non sofren case variacións ao longo do ano. Ten unha temperatura entre 4 e 10°C, e as correntes son febles. Nos lagos eutróficos o osíxeno é escaso e abundan os produtos de fermentacións anaeróbicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia que ten a propiedade de diminuír o nivel de lípidos no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raíña das amazonas, filla de Ares. Por arrebatarlle o cinto máxico que lle dera o deus Heracles, matouna. Segundo outra versión, Teseo raptouna e casou con ela e froito desta unión naceu Hipólito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe grego, fillo de Teseo e da amazona Antíope, ou quizais de Hipólita. Da súa nai herdou a afección pola caza. Veneraba a Ártemis pero desprezaba a Afrodita, así que esta, en vinganza, fixo espertar en Fedra, a segunda esposa de Teseo, unha paixón irrefreable polo mozo. Con todo, Hipólito rexeitouna e Fedra, por medo a que a delatase, finxiu ser víctima dun intento de violación. Teseo creuna e pediulle a Posidón que matase o seu propio fillo. Daquela, cando o mozo conducía o seu carro á beira do mar, o deus fixo saír das ondas un mostro mariño que asustou os cabalos e casou a súa morte. Cando Fedra soubo da desgracia, aforcouse arrepentida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antipapa (217-235). Presbítero de Roma (212), opúxose ao Papa Calisto e foi elixido papa polos seus seguidores (217). Adoptou abertamente unha postura cismática contra a oficial dos papas san Ceferino, san Calisto e san Ponciano (217). O cisma prolongouse durante o pontificado de Urbán I e Ponciano. Capturado durante a persecución de Maximino, foi desterrado xunto ao Papa Ponciano á illa de Sardeña, onde realizaron traballos forzados. Ambos renunciaron ao pontificado para rematar co cisma e procurar a unidade para todos os cristiáns. Morreron mártires o mesmo ano e enterráronos nas catacumbas de Roma. A súa festividade celebrábase o 22 de agosto, pero a reforma litúrxica posterior ao Concilio Vaticano II eliminouno do calendario litúrxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s III) Mártir cristián. Como carcereiro gardaba a prisión onde encarceraron a san Lourenzo e, pola coraxe amosada por este ante o martirio, converteuse ao cristianismo. Na iconografía viste clámide militar romana ou armadura medieval, con espada ou puñal ao cinto; e leva como atributos as chaves de gardián do cárcere. A súa festividade celébrase o 13 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO