"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • Diagrama de representación das divisións en clados. Consiste nun sistema de ramificación dicotómica no que cada rama indica a posesión común de homoloxías nos taxons que a integran e a procedencia dun ancestro común. O sistema baséase na idea de que as especies se forman a un tempo e non en cambios graduais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diagrama termodinámico que ten o volume por abscisa e a presión por ordenada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente anarco-sindicalista. Organizou un grupo anarquista de traballadoras do sector téxtil en Sabadell (1884). Foi detida en varias ocasións e desterrada despois do proceso de Montjuïc (1896). Á súa volta, participou activamente como propagandista da campaña de reivindicacións sociais en Barcelona e en Zaragoza contribuíu a organizar o movemento anarcosindicalista aragonés. Fundou a revista El Produtor en 1901.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psiquiatra francés. Describiu a sintomatoloxía de diversas psicoses exóxenas e estudiou os delirios crónicos sistematizados. É o creador da teoría do automatismo mental, que establece que a enfermidade psíquica é consecuencia da produción espontánea, automática e involuntaria dunha serie de elementos semiolóxicos, produto da excitación neuronal. A súa obra Oeuvre psychiatrique (Obra psiquiátrica, 1942), recollida polos seus discípulos, publicouse postumamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Organista e compositor. Pertencente a unha dinastía de músicos da corte francesa, introduciu en Francia a cantata e a sonata italianas, e procurou fundir o gusto francés co italiano. Compuxo numerosas cantatas, como a dedicada a Luís XV Le soleil vainqueur des nuages (O sol vencedor das nubes, 1721), ademais de motetes, pezas de órgano e de clavecín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diagrama no que se representan os datos de temperaturas (ordenadas) e precipitacións (abscisas) mensuais dunha localidade. O gráfico resultante permite obter os índices climáticos. Elabórase a partir de datos mensuais, nun ciclo anual. O termo creouno T. Griffith Taylor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina que funde a 64-66°C e que se administra por vía oral. É un composto que se une irreversiblemente ao ADN, ao que lle provoca unha alteración estrutural e funcional coa que ocasiona perturbacións no crecemento e na división celular. Emprégase como antineoplásico, especialmente na leucemia linfocitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos derivados clorados do ácido p-toluensulfónico. Trátase de antisépticos moi empregados para o uso externo e para a desinfección da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cobrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e empresario. Iniciou a súa andaina política no ano 1969 como presidente do sindicato mixto local de actuacións diversas. En 1971 foi elixido concelleiro en Ribadeo polo terzo sindical, cargos que renovou democraticamente na candidatura de Coalición Democrática. Foi parlamentario, pola circunscrición de Lugo, na primeira e na segunda lexislatura galega polo Partido Popular. Foi tamén tenente de alcalde e alcalde da súa vila natal. Director da Caixa Rural de Lugo en Ribadeo, é membro da confederación de empresarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resina de intercambio iónico, útil no tratamento de certas hiperlipemias e do proído orixinado en cadros de colestase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Estudiou maxisterio e oficialía industrial. Profesor de escultura en Houston (EE UU), comezou a expoñer en Ourense en 1971. Inicialmente, a súa obra acadou un certo expresionismo con figuras tendentes á deformación; posteriormente realizou personaxes voluminosas de carácter realista. Entre as súas obras destacan as cabezas monumentais de Valle-Inclán e Suárez Ferrín (A Coruña) e de Pablo Iglesias (Ourense), Caronte para o Parque Escultórico Torre de Hércules (A Coruña), o Monumento ao traballo (Vigo, 1991) e A Pementeira (Padrón, 2001). Realizou exposicións nas principais cidades galegas, en Madrid e Barcelona, e participou en diversas mostras colectivas, como as bienais de Pontevedra ou as exposicións do ministerio de Cultura. Ten obra en diversos museos de Galicia, Madrid e Sudamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escultor. Traballou nos monumentos funerarios dos arcebispos Bertomeu Rajoy e Lope de Mendoza, situados na capela da Comuñón da catedral de Santiago de Compostela (1900?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • contradecotado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pano de aparello que abraza a rede máis estreita na que se forma a bolsa para que se deteña o peixe.

    2. Rede de malla dobre e ancha empregada para reter os peixes que se enredan nas mallas estreitas, fronte a outra rede de malla máis estreita que se usa na arte do trasmallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • En dirección contraria á normal ou debida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manobra que se opón a unha precedente ou a un movemento do adversario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Segunda marca que se pon nun artigo comercial para distinguilo dos produtos que unicamente levan a primeira.

    2. Marca que se pon nunha moeda, xa cuñada, co fin de lle modificar ou ratificar o valor legal, o ámbito de circulación ou calquera outra característica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poñer unha contramarca a algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Retroceso ou volta atrás que se fai no camiño que se levaba.

    2. Operación, manobra ou movemento que, dentro do dominio da estratexia ou do campo da táctica, leva a termo un exército ou corpo de tropas para tomar unha dirección contraria á que levaba. A contramarcha estratéxica é unha operación de guerra que constitúe un medio para subtraerse, ao mesmo tempo, da vista e do alcance do inimigo.

      1. Método de evolución que segue unha escuadra formada en liña de marca cando quere cambiar de marcación, de xeito que ningún barco teña que cambiar de velocidade.

      2. Método de evolución que segue unha escuadra formada en liña de fila cando quere cambiar de rumbo por movemento sucesivo, de xeito que cada navío cambie de rumbo ao chegar ao punto no que o fixo o primeiro.

    3. Árbore intermedia que transmite o movemento dunha árbore primaria a unha árbore secundaria por medio dun sistema de correas e poleas ou de engrenaxes. Emprégase para aumentar ou diminuír a velocidade de rotación.

    VER O DETALLE DO TERMO