"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • As sete estrelas principais, visibles a simple vista, do conglomerado das Pleiades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación pequena, de dous paos, aparellados por velas a tercio, un pequeno botalón con algúns foques e unha cangrexa a popa. Antigamente era frecuente velo nas costas bretonas e galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diamina de cadea lineal, fumegante e semellante a un xarope, que se fonde a 9°C e é soluble nos disolventes orgánicos. Prodúcese na putrefacción dos organismos, como produto final da descomposición dalgúns aminoácidos (ornitina e lisina) e, en xeral, das albuminas. É a causa do fedor nos cadáveres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisora radiofónica fundada en 1966 e implantada no ámbito estatal, pertencente á Sociedad Española de Radiodifusión (Cadena SER). Especializada en música e pioneira na “radio-fórmula”, elabora unha lista semanal cos corenta temas musicais de máis éxito no momento baixo o título de Los 40 Principales. Emite, amais, programas informativos musicais, concertos en directo, ou gravados, presentacións de discos e entrevistas a artistas e profesionais da música. Dirixida en Galicia por Anxo Botana (2000), conta cun coordinador en cada unha das delegacións e frecuencias, repartidas por Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Canal + e Canal Satélite Dixital emiten a mesma fórmula diaria nun canal temático denominado Cuarenta Principales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Licenciouse en periodismo pola Universitat Autónoma de Barcelona en 1987. Director da RNE en Galicia e profesor na facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa carreira profesional nas emisoras locais de Antena 3 Radio, Cadena SER e RNE en Vigo. Posteriormente, trasladouse a Santiago de Compostela para traballar na Radio Autonómica Galega. Foi tamén director territorial de RNE Galicia e delegado territorial de RTVE en Galicia. Amais, exerceu como correspondente do Diari de Barcelona, de TVE, e da axencia EFE en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida elaborada con rodiñas de limón e azucre machacados e mesturados con xeo e cachaça, típica do Brasil. Con base neste combinado creáronse novas variantes, nas que se engade vodka, ron ou outras augardentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos alcaloides de estrutura indólica extraídos das fabáceas; o máis importante é a fisostigmina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papirólogo e editor de textos clásicos italiano. Foi profesor na Università Cattolica di Sacro Cuore de Milán, onde fundou o Istituto di Papirologia e a revista Aegyptus. Entre os seus traballos destaca o Trattato di papirologia (Tratado de papiroloxía).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade anual que se editou entre os anos 1810 e 1847. Malia que inicialmente foi coñecido como Calendario General para España del año 1810, arreglado por D.P.V. y V. para Galicia (imprenta de D. Manuel María Vila, A Coruña), deseguida adoptou o nome definitivo. A súa impresión realizábase cada ano nun obradoiro distinto das cidades de Santiago, A Coruña ou Valladolid, dependendo de quen tivera o privilexio exclusivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cámara elevada e accesible, situada normalmente detrás dos altares presididos por unha imaxe que recibe especial veneración, visible desde unha nave da igrexa a través dunha abertura. Chegou a ser un elemento típico da liturxia espectacular da Contrarreforma. A miúdo é unha auténtica capela, na que se pode xirar a imaxe, e que adoita servir tamén para custodiar as vestimentas e xoias. Algunhas veces son torres acaroadas á ábsida da igrexa, como na de Guadalupe (1688-1696) e na Vic22toria de Málaga (1693). Un dos máis espectaculares é o que se atopa tralo altar maior da catedral de Santiago de Compostela.

      1. Cuarto dedicado ao peiteado e ao aseo.

      2. Espacio dun teatro ou dunha sala de espectáculos no que os artistas se visten e se preparan para saír a escena.

      3. Cuarto no que se gardan as roupas e as xoias dunha imaxe relixiosa.

      4. Cuarto no que se gardan obxectos delicados e de valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación común que reciben os peixes da clase dos condritios como os marraxos e os raposos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arbusto ramalludo de ata 100 cm de altura, con follas lineais de aspecto acanalado de ata 10 mm de longo e 1 mm de ancho, de bordos curvados. Só as flores masculinas presentan tres pétalos rosáceos e de catro milímetros de lonxitude. O froito é unha drupa rosácea, tamén chamada camariña. En Galicia ten o límite setentrional da súa distribución nos areais costeiros da costa atlántica da Península Ibérica e nas illas dos Açores, onde é unha especie endémica.

    2. Pequeno cuarto da casa de campo, situado a carón da cociña ou sobre as escaleiras, onde os campesiños adoitaban durmir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Camariñas ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Camariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia e capital do concello de Camariñas, baixo a advocación de san Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Terra de Soneira, situado na provincia da Coruña no centro do litoral da Costa da Morte, no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N e ao O co Océano Atlántico, polo S cos concellos de Muxía (na comarca de Fisterra), Vimianzo (Terra de Soneira) e co Océano Atlántico, e ao L con Vimianzo. Abrangue unha superficie de 51,9 km 2 cunha poboación de 6.275 h h (2007), distribuída nas parroquias de Camariñas, Camelle, A Ponte do Porto e Xaviña. A capital municipal, a vila de Camariñas, na parroquia homónima, situada a 43° 07’ 50’’ de latitude N e a 9° 10’ 07’’ de lonxitude O, dista 80 km de Santiago de Compostela e 88 km da Coruña. Está adscrito ao partido xudicial de Corcubión e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O territorio do concello de Camariñas está baixo o dominio climático oceánico húmido e, dentro das variedades galegas, pertence ao subtipo do litoral atlántico do NO, caracterizado por suavidade térmica e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que leva por armas escudo cortado: primeira partición, en campo de ouro un minguante de azul; segunda partición, faixado en ondas de azul e prata. Outra variante semellante á anterior trae, en campo de azul, un minguante de ouro e na punta tres faixas ondeadas de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ría do litoral atlántico, no NO da Comunidade Autónoma de Galicia, situada na desembocadura do río Grande, entre as vilas de Camariñas, ao N, e Muxía, ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • camariñán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cambados. Foi construída entre os últimos anos do s XV e os primeiros do s XVI por orde de López Sánchez de Ulloa sobre unha capela do s XII. De estilo oxival, consta dunha nave dividida por catro arcos transversais de medio punto sostidos por pilastras e dunha ábsida de planta rectangular con bóveda estrelada. O arco triunfal é apuntado e a bóveda é de crucería. A fachada principal tivo un rosetón, hoxe desaparecido. A mediados do s XIX foi pechada ao culto e en 1943 as súas ruínas foron declaradas Ben de Interese Cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO