"Sem" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

  • Figura de nota ou de pausa cuxo valor equivale a media fusa ou á setenta e catroava parte dunha redonda, considerada como a unidade de duración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto en que se define unha operación interna que é asociativa. Todo grupo é semigrupo, pero non á inversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ovario soldado parcialmente co tálamo cóncavo da flor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ladrillo cocido empregado polos romanos. De forma triangular, incrustábase na masa ao xeito das pezas do opus reticulatum.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de media lúa.

    2. Segundo óso da primeira fila do metacarpo. Ten forma cuboide e articúlase co raio e o escafoide, o piramidal e o óso grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento que posúe propiedades intermedias entre as dos metais e as dos non metais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da química en que as determinacións analíticas son levadas a termo cunha mostra da orde do centigramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nota ou pausa, na notación proporcional, que equivalía á metade dunha mínima. A súa correspondencia actual é unha negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘seme’ ou ‘semente’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á semente ou ao seme.

    2. Xermes, contidos no espírito cósmico (estoicismo) ou na alma do mundo (plotinismo), en virtude e por causa dos que se desenvolven os acontecementos (o que aconteceu, o que acontece e o que acontecerá), que son, pois, a súa manifestación ou desenvolvemento. A concepción estoica do mundo como sometido a unha orde seminal, reasumida por Plotino, perdurou no pensamento filosófico-teolóxico do cristianismo medieval. Para Agostiño de Hipona o sentido das razóns seminais ten que entenderse como expresión e afirmación de que Deus crea simultaneamente todas as cousas e que todo o que semella novo no mundo xa existía xerminalmente desde un principio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual editada en Ourense a partir do 7 de marzo de 1945. Cesou en 1959. Subtitulada “Órgano del Fomento de Vocaciones Sacerdotales. Suplemento al Boletín Oficial Eclesiástico”, foi dirixida por Miguel A. Araújo. Imprimiuse nos obradoiros de La Región.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Institución eclesiástica, dependente dos bispos, destinada a formar os mozos que se preparan para o sacerdocio. Foi creada polo decreto Pro seminariis expedido polo Concilio de Trento (1563) para uniformar e estruturar o ensino dado nas escolas catedralicias, nas universidades ou nos colexios universitarios e nas escolas baixo a autoridade do bispo. O decreto mandaba a creación dun seminario en cada diocese (chamado seminario tridentino ou conciliar), pero nalgunhas dioceses non foi erixido ata a fin do s XIX, polos preitos e as dificultades postas polos cabidos catedralicios que temían a perda dos seus dereitos. Os reis axudaron sempre os bispos a impulsar a construción de seminarios e servíronse deles para introducir as súas ideas reformistas. O concordato de 1851 obrigou a un novo plan de estudos e algúns erixíronse en universidade interina. O peche das facultades de teoloxía nas universidades e o fomento do ensino converteron os seminarios en centros de estudos das poboacións...

      2. Institución, en moitas ordes e congregacións relixiosas, destinada á formación dos seus membros que se preparan para o sacerdocio.

      1. Sección ou grupo, xeralmente universitario, onde se fan estudos e investigacións baixo a guía dun profesor.

      2. Grupo de traballo dedicado ao estudo ou á investigación.

      3. Reunión de técnicos ou especialistas para o estudo dun tema concreto.

      4. Departamento dun centro de ensino secundario.

      5. Lugar onde se xuntan os participantes ou integrantes dun seminario e conxunto de persoas que o forman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento que se creou en Madrid, liderado por Bautista Álvarez, dentro do Club de Amigos de la Unesco (CAUM) a finais da década de 1960, e ao que estivo ligado a organización da Unión do Pobo Galego (UPG) nas súas primeiras andainas fóra de Galicia, que tiña como fin saír do illamento político e cultural e renovar a loita contra a ditadura franquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución científico-cultural fundada en outubro de 1923 por nove estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, que aglutinou a profesores e alumnos universitarios, intelectuais do galeguismo e a distintos cenáculos da erudición local. Nos seus doce anos de vida activa (1923-1936), estruturouse en 12 seccións que abarcaban os principais campos das ciencias e das letras da época, abordou case todas as manifestacións da cultura galega, atendeu á formación de investigadores e á divulgación científica, e introduciu un novo método de traballo, en equipos interdisciplinares. Como mostran as súas publicacións, centrou a maior parte das súas actividades nas seccións de Historia, Prehistoria, Arqueoloxía e Historia da Arte e Etnografía e Folclore, e foi a única institución que levou a cabo dun xeito continuado en Galicia investigacións nestas disciplinas, e colaborou, ademais, coas institucións científico-culturais máis renovadoras da España da época. Encheu o baleiro investigador naquelas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Equipo de investigación dependente da Real Academia Galega, creado en 1983 por iniciativa de Constantino García González, que o   dirixiu ata 1996, ano en que asumiu a dirección Manuel González González. Elabora dicionarios e vocabularios e coorganiza os Cursos de Lingua e Cultura Galegas para estranxeiros e de Lingua e Cultura Galegas para españois de fóra de Galicia. Dos traballos publicados destacan o Dicionario da lingua galega (1990), Léxico da administración castelán-galego (1991), Contribución ao léxico de Álvaro Cunqueiro (1991), Dicionario manual da lingua galega (1991), Pequeno dicionario da lingua galega (1993), Dicionario manual castelán-galego (1996), Dicionario da Real Academia Galega (1997) e Dicionario castelán-galego (2004). Asesorou e revisou un gran número de obras lexicográficas, como Manual básico de economía en galego (1996), Dicionario italiano-galego (2000) e Dicionario galego de termos médicos (2002), entre outras. Publica a revista de investigación lingüística,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Equipo de investigación dependente da Real Academia Galega, fundado a finais de 1980 e dirixido por Guillermo Rojo (1990-1994) e Manuel González (desde 1994). Está formado por un equipo multidisciplinar que conta con psicólogos, sociólogos, lingüistas e sociolingüistas. Realizou o Mapa Sociolingüístico de Galicia, do que se publicaron tres volumes (Lingua galega e competencia lingüística en Galicia, 1994; Usos lingüísticos en Galicia, 1995 e Actitudes lingüísticas en Galicia, 1996). Participou en diversos proxectos europeos, en colaboración con socios de Irlanda, Holanda, Gales, Catalunya e Euskadi. No 2004 publicou a monografía O galego segundo a mocidade, na que combinando diversas técnicas de tipo cualitativo (grupos de discusión, entrevistas en profundidade e técnica de máscaras) se chega á conclusión de que as actitudes da mocidade cara ao galego non son tan favorables como reflectían as enquisas de carácter cuantitativo. No 2005 realizou unha actualización dos datos do Mapa sociolingüístico,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Seminario creado en 1977 na Università degli Studi di Perugia como iniciativa do profesor Paolo Cauci von Saucken para manter un contacto máis concreto coa realidade cultural galega. Os cursos, teses, seminarios, conferencias e demais eventos que se realizaron no seu ámbito mostran a amplitude do seu campo de actuación (lingua e literatura galegas e a temática xacobea). Das publicacións que saíron destes estudos, destacan La Via gagliega al fantastico: (dai Romantici a Cunqueiro) (1981), de Gianni Ferracuti, Don Ramón del Valle-Inclán tra la letteratura e luoghi natali (1982), de Daniella Gambini, Il galego (1984) tradución de Giovanna Scalia Rössler sobre un texto de Constantino García González, Introduzione alla linguistica galega (1986) de Daniella Gambini, e Cousas e Retrincos (1987), tradución de Isabel González da obra de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Seminario permanente que se creou en 1985 promovido por un grupo de profesionais dos distintos niveis do ensino sensibilizados diante da ausencia de materiais didácticos e reflexións teóricas sobre a educación para a paz en xeral ou especificamente sobre os dereitos humanos, a tolerancia, a solidariedade, o ecopacifismo, a solución pacífica de conflitos, a interculturalidade ou a cultura de paz. O seu primeiro coordinador foi o profesor Calo Iglesias Díaz e, desde 1994, convertido xa nunha ONG, está presidido por Manuel Dios Diz. Forma parte da Coordinadora Galega de ONG’s para o Desenvolvemento e da Coordinadora Galega pola Paz. No ámbito internacional forma parte dos Comités Asesores Internacionais de Hague Appeal for Peace, da Asociación Internacional de Educación para a Paz (AIEP) e da Fundación Cultura de Paz. Promoveu e coordinou o Congreso Europeo de Educación para a Paz, celebrado en Santiago de Compostela en 1994, así como o Congreso Mundial de Educación e Cultura de Paz, celebrado...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alumno dun seminario eclesiástico.

    2. Integrante ou participante dun seminario.

    VER O DETALLE DO TERMO