"Vas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 331.

  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Mon Vasco, formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña ata 1972. Nas súas primeiras obras traballou a madeira e realizou cabezudos de gran tamaño. Posteriormente realizou baixorrelevos caracterizados pola presenza da luz. En 1973 recibiu unha bolsa da Fundación Juan March coa que se trasladou a Senegal. Cultivou entón unha figuración formalista e unha abstracción volumétrica e traballou con diversos tamaños. De regreso a Galicia participou no colectivo A Carón e viviu durante un tempo en Ibiza. Instalado na Coruña continuou a traballar a madeira e realizou esculturas formadas por diversos bloques ensamblados. En 1977 foi un dos fundadores do grupo Galga. Comezou entón a traballar coa pedra tradicional, o ferro e o formigón. As súas obras caracterizáronse entón polo tenso diálogo entre o baleiro e a masa, o plano e a curva. Foi un dos integrantes do colectivo Atlántica. Da súa obra destacan Caprino (1973-1974), Adán (1976-1977), Eva...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador probablemente de orixe portuguesa. Activo na segunda metade do s XIII, puido pertencer a unha familia de Coimbra relacionada con Pero Martinz, presbítero e mestre-escola da Sé da cidade portuguesa. Pola súa participación no ciclo de Maria Balteira, a súa tenzón con Pedr’Amigo de Sevilha e a súa colocación nos cancioneiros xunto a Johan Garcia de Guilhade e Fernan Velho, presúmese que participou na vida da corte de Afonso X. Da súa obra consérvanse un total de 13 textos, tres cantigas de amor, cinco de amigo, catro de escarnio e unha tenzón. Do cancioneiro burlesco destacan “Vedes agora que mala ventura”, en que fala da homosexualidade de Fernan Díaz, un personaxe moi coñecido da corte, e “Don Anssur, per qual serviço fazedes”, onde critica a desmesurada ambición do protagonista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. Activo no terceiro cuarto do s XIII, nas Inquirições de 1258 hai unha referencia a dúas rapazas criadas en Santa Maria de Duas Igrejas, preto de Calvelo, que poden ser fillas do autor. Nas súas composicións aparece como musa do autor Maior ou Mor Gil, que pode estar relacionada coa liñaxe dos Bravães. É autor de 13 composicións, 11 de amor e dúas de amigo. En canto ás primeiras, aparecen ordenadas de xeito diferente nos cancioneiros -dúas delas presentan dúbidas sobre a súa autoría-, e conteñen abundantes trazos de ironía e parodia, aínda que tamén tratan a coita do amado. Unha delas “Se eu ousass’a Mayor Gil dizer” rompe o código e menciona o nome da senhor. En canto ás composicións de amigo, toca o tema do obstáculo que representa a nai da doncela nos seus encontros co amado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos vascóns.

    2. Individuo do pobo vascón.

    3. Pobo prerromano establecido no territorio da actual Nafarroa, ao extremo NL de Gipuzkoa e nunhas pequenas zonas limítrofes de Logroño e do alto Aragón. Os seus veciños polo L eran os ilerxetes, polo S os celtiberos e polo O os beróns e os várdulos. Orixinados nos pobos pirenaicos da cultura megalítica, a súa lingua era parecida ao eúscaro. Tiñan unha economía mixta de gandaría e agricultura. A administración romana incluíu todo o territorio no convento xurídico de Caesaraugusta, pero a romanización non tivo lugar máis ca nas terras baixas. Durante toda a época romana e visigoda, sobre todo os das zonas montañosas, opuxéronse aos intentos de conquista, e no s VI dominaron Gascoña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Caíno, é autodidacta. Comezou a súa traxectoria artística en Londres (1970-1972). Traballa o óleo, a acuarela e o debuxo e colabora na ilustración de libros e en diversos xornais. Realizou paisaxes do seu redor, tanto de interior como mariñeiros, e centrouse fundamentalmente na figura humana. Nas súas obras combinou elementos cubistas e expresionistas, aínda que evolucionou cara a unha liberdade de estilos. Destacan A noite do cometa, Muller roxa, Nenos xogando, Esmorga e Maternidade gris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Basconcelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e etnólogo portugués. Doutorado (1901) pola Universidade de París, foi profesor de ensino superior (1911) cando o Curso Superior de Letras se transformou en Facultade de Letras da Universidade de Lisboa. Fundou (1887) e dirixiu a Revista Lusitania e fundou (1895) O archeologo português, órgano do Museu Etnológico. Destacan as obras Tradições populares de Portugal (1882), Enquisse d’une dialectologie portugaise (1901), Livro de Esopo (1906), Lições de Filologia Portuguesa (1911), Antroponímia Portuguesa (1928) e Etnografia Portuguesa (1932-1942), e os traballos sobre o mirandés O Dialecto Mirandez (1882) e Estudos de Filologia Mirandesa (1900-1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo. A súa obra está máis orientada cara á lectura que cara á representación. A súa obra máis importante é a comedia Eufrósina (1555), inspirada en La Celestina. Outras obras son Ulissipo (1616?) e Aulegrafia (1619).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e poeta. Foi un dos fundadores do Grupo Surrealista de Lisboa (1947). A súa obra caracterízase polo emprego das técnicas de automatismo psíquico, así como pola utilización da colaxe ou mesmo de obxectos tridimensionais nos seus lenzos. Destacan os Poemas-Obxectos. A súa poesía caracterízase pola aproximación humorística e ácida á realidade cotiá. Publicou Pena capital (1957) e Planisfério e outros poemas (1961). Tamén cultivou o ensaio en obras como Antologia surrealista do cadáver esquisito (1961) e Primavera Autónoma das Estradas (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión onde habitaban os vascóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos vasos das plantas e dos animais.

    2. Aplícase ao organismo que ten condutos ou vasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno de formación ou aumento do número de vasos sanguíneos ou linfáticos nun tecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao tecido orgánico no que se producen ou hai vasos sanguíneos.

    2. Que está provisto de vasos sanguíneos de nova formación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación dun vaso sanguíneo do organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de esterilización masculina que consiste na ligazón ou na extirpación total ou parcial do conduto deferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Material amorfo, case incoloro, cunha consistencia que varía coa temperatura ambiental desde unha cera translúcida ata un aceite viscoso, soluble nos medios apróticos e insoluble na auga, que se obtén por destilación fraccionada de petróleo. Está constituída fundamentalmente por unha mestura de hidrocarburos saturados e emprégase principalmente en farmacia, como vehículo para diversos fármacos e na preparación de graxas lubricantes, protectores da oxidación e repelentes de insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta simbolista romanés. Coñecido como George Bacovia, evolucionou desde o tenebrismo, con Scintei galbene (Chispas amarelas, 1926) ata o realismo, con Stante burgheze (Estancias burguesas, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente cóncavo e fondo que serve para conter líquidos ou alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Judeţ de Romanía (5.318 km2; 455.049 h [2002]). A súa capital é Vaslui (79.070 h [estim 1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO