vascón, vascoa
(< lat Vascŏnes)
-
adx
Relativo ou pertencente aos vascóns.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo vascón.
-
s
[ETN/HIST]
Pobo prerromano establecido no territorio da actual Nafarroa, ao extremo NL de Gipuzkoa e nunhas pequenas zonas limítrofes de Logroño e do alto Aragón. Os seus veciños polo L eran os ilerxetes, polo S os celtiberos e polo O os beróns e os várdulos. Orixinados nos pobos pirenaicos da cultura megalítica, a súa lingua era parecida ao eúscaro. Tiñan unha economía mixta de gandaría e agricultura. A administración romana incluíu todo o territorio no convento xurídico de Caesaraugusta, pero a romanización non tivo lugar máis ca nas terras baixas. Durante toda a época romana e visigoda, sobre todo os das zonas montañosas, opuxéronse aos intentos de conquista, e no s VI dominaron Gascoña.