"bat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar o 30 de xullo do ano 1000, preto de Calatañazor, na actual provincia de Soria, entre unha coalición de tropas navarras, leonesas e castelás dirixidas polo conde castelán Sancho García contra os musulmáns de Almanzor. Aínda que as tropas cristiás saíron derrotadas, a lenda converteu esta loita nunha desfeita musulmana.
-
PERSOEIRO
Político, avogado e financeiro catalán. Licenciouse en Filosofía e Letras (1896) e en Dereito (1897) en Barcelona. Fundou e dirixiu a Lliga Regionalista ata a súa desaparición (1936). Foi elixido deputado e, aínda que saíu derrotado nas eleccións posteriores á Semana Tráxica (1910), resultou reelixido en 1914 e nomeado ministro de Fomento en 1818, no goberno presidido por Maura. O seu prestixio decaeu por non acadar a aprobación do Estatut d’Autonomia. En 1923 retirouse da vida política e, unha vez instaurada a Ditadura, seguiu colaborando con La veu de Catalunya e publicou diversas obras. Cando caeu a Ditadura intentou soster a monarquía coa creación de Centro Constitucional, pero a proclamación da Segunda República fixo fracasar ese intento e trasladouse ao estranxeiro. Despois da transformación da Lliga Regionalista en Lliga Catalana (1933) continuou sendo un dos máximos dirixentes. O alzamento militar de 1936 sorprendeuno no estranxeiro e, aínda que se declaraba antifascista...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar preto da cidade de Basora en 656, entre Ṭ al ḥ a e Zubayr, aliados da segunda muller de Mahoma, e ‘Alī ibn Abī Tālib, que resultou vencedor. Recibe o seu nome por desenvolverse ao redor do camelo de Ā’iša,
-
PERSOEIRO
Médico e anatomista italiano. Exerceu como catedrático na Universidade de Ferrara. Descubriu os músculos curtos palmares e as válvulas das veas. É autor da obra gráfica Musculorum humanis corporis piturata dissectio (Disección pintada dos músculos do corpo humano, 1541).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar que tivo lugar á beira da cidade de Cannas, na rexión italiana de Apulia, no ano 216 a C entre o exército romano, comandado polo cónsul Terencio Varrón e o exército cartaxinés, comandado por Aníbal, no marco da Segunda Guerra Púnica (218-201 a C). Supuxo unha gran derrota para Roma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar acontecida entre outubro e novembro de 1917 na vila fronteiriza de Caporetto (actual Kobarid, Eslovenia), na chamada fronte do Isonzo, entre forzas italianas e austríacas durante a Primeira Guerra Mundial. En 1917 as tropas italianas do xeneral Cardona foron derrotadas pola ofensiva austro-alemana de Von Below.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como il Battistello, as súas primeiras obras seguen o estilo de Caravaggio no tratamento da luz e da sombra e na interpretación realista dos temas, como acontece en A liberación de san Pedro (1610?). Cara ao 1620 achegouse a un clasicismo motivado pola influencia da escola boloñesa dos Carracci; entre estas obras destaca O adeus de Cristo á súa Nai (1620?).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Realizou estudios en Barcelona e ocupou a cátedra de Composición do conservatorio de Madrid dende a súa creación en 1830. Compuxo as óperas Elena e Malvina (1829) e Cristoforo Colombo (1831) e escribiu tamén música relixiosa, cancións populares e o himno nacional de Chile, titulado Dulce patria (1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Contenda que tivo lugar (1113-1114) en Carrión de los Condes (Palencia), na que o exército dos partidarios de dona Urraca e do seu fillo, Afonso VII o Emperador, derrotou o exército de Afonso I de Aragón o Batallador. O enfrontamento tivo a súa orixe na coroación de Afonso VII o Emperador como rei de Galicia no ano 1110, co que diminuían as posibilidades de Afonso I de Aragón de unificar na súa persoa as coroas de Castela e Aragón, como xa intentara ao casar con dona Urraca, filla de Afonso VI.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e pintor italiano. Coñecido como o Bergamasco, construíu numerosos edificios en Xénova, como o palacio Podestá (1563) ou o palacio Doria (1564). En 1567 trasladouse a España, onde foi arquitecto e pintor de Filipe II. Traballou nos alcázares de Madrid e Toledo, e proxectou o palacio do Viso del Marqués en Ciudad Real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Impartiu clase no seminario de Montefiascone. Da súa produción destacan as obras: Poema tartaro (1787), Novelle galanti (Contos galantes, 1793) e Gli animali parlanti (Os animais falantes, 1802).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento armado que tivo lugar o 1 de xaneiro de 1860 no transcurso da Guerra de África entre forzas do corpo expedicionario español, comandadas por Prim e por Zabala, e o exército marroquí, no val chamado de Los Castillejos, preto de Ceuta. Gracias á vitoria acadada, concedéuselle o título de marqués de Los Castillejos ao xeneral Prim.
-
-
Que vai en descenso ou diminución.
-
Aplícase ao vento descendente, ben por efecto da velocidade adquirida, ben por ter maior densidade ca o aire circundante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contenda que tivo lugar no ano 451 na planicie situada ao NO das Galias, nas proximidades da antiga cidade de Catalaunum, na actualidade entre Châlons-sur-Marne e Troyes. Neste enfrontamento, o xeneral romano Aecio derrotou a coalición de pobos hunos, francos, godos e burgundios dirixidos por Atila.
-
PERSOEIRO
Historiador da arte italiano. Estudiou na Academia de Venecia e foi inspector de belas artes en Roma. Publicou obras sobre pintura italiana e flamenga, en colaboración con Joseph Archer Crowe entre 1825 e 1896; entre elas destaca A New History of Painting in Italy (Unha nova historia da pintura en Italia, 1864-1866).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que aínda non casou.
-
Estado ou condición da persoa que non casou, aínda que xa ten idade para facelo. No budismo e no cristianismo, o celibato está establecido como un modo de vida institucionalizado. No budismo está ligado ao ideal de liberación das paixóns para chegar ao nirvana. Celibato, castidade e virxindade ensalzáronse no cristianismo primitivo, debido a unha concepción escatolóxica da salvación, coa crenza na inminencia do xuízo final e da fin do mundo. O primeiro tratamento canónico apareceu no concilio provincial de Elvira, no ano 306. Durante os dous séculos seguintes, tres papas estableceron sucesivamente as primeiras leis. Estas leis prohibían ordenar homes casados. O Código de Dereito Canónico de 1983 mantén esta prohibición, pero admite a posibilidade de ordenar como diáconos a homes casados no caso do diaconado permanente. As igrexas orientais mantiveron unha disciplina distinta: no concilio in Trullo estableceuse que os sacerdotes e os diáconos só podían casar antes de ordenarse e...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate ocorrido en Cerignola o 28 de abril de 1503, decisivo na guerra entre Luís XII de Francia e Fernando o Católico polo reparto do reino napolitano. O exército aragonés, comandado por Gonzalo Fernández de Córdoba, derrotou as tropas do duque de Nemours e rematou o asedio. Este feito, xunto coa vitoria de Seminara, determinou a caída de Nápoles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate entre as tropas do marqués do Vasto, ás ordes do Emperador Carlos V, e as do duque de Enghien, ás ordes de Francisco I, celebrado en abril do 1544 na localidade de Cerisoles (Piemonte) no marco da guerra pola posesión do Milanesado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate librado o 12 de febreiro de 1817 entre as tropas españolas dirixidas por Maroto e as forzas combinadas de arxentinos e chilenos dirixidas por O’Higgins e San Martín. A derrota española resultou definitiva no proceso de independencia de Chile, conseguida o 12 de febreiro de 1818.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Cima da Conegliano, foi discípulo de Bartolomeo Montagna. En 1492 instalouse en Venecia, onde coñeceu a obra de Giovanni Bellini. Os fondos das súas composicións, nun principio arquitectónicos, evolucionaron cara á paisaxe que envolve os personaxes nunha atmosfera luminosa onde a cor lle concede unha visión unitaria ao conxunto. Entre as súas obras destacan Bautismo de Cristo (1494) e Virxe con dous santos (1513).
VER O DETALLE DO TERMO