"bilí" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 365.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de oxidable. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto das calidades sensoriais dun alimento, non necesariamente relacionadas co valor nutritivo, que se aprecian nunha dimensión psicolóxica, segundo os hábitos alimentarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político republicano formado por E. Castelar en 1876 como Partido Demócrata e que adoptou a denominación de Demócrata Posibilista en 1879 para se diferenciar dos progresistas demócratas de Cristino Martos. Centrou o seu programa unicamente na consecución do sufraxio universal e na participación electoral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de pasible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do que é penetrable.
-
-
Calidade de perceptible.
-
Grao de audibilidade dun son nunhas condicións acústicas dadas. Segundo este parámetro, os sons dunha lingua poden clasificarse nunha escala que vai desde o máis ao menos perceptible. As vogais son máis perceptibles ca as consoantes. Dentro das vogais, os sons abertos son máis perceptibles ca os pechados. Entre as consoantes, son máis perceptibles as sonoras ca as xordas, e as consoantes vibrantes, laterais e nasais máis ca as propiamente fricativas, e estas, á súa vez, máis perceptibles ca as oclusivas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de perdurable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de perfectible.
-
-
Calidade de permeable.
-
-
permeabilidade magnética/absoluta
[ì] Propiedade dos medios materiais que modifica a acción dos polos ou masas magnéticas, así como a indución magnética B, que resulta cando o medio está sometido a unha intensidade de campo magnético H. Intervén nas reaccións do magnetismo e de electromagnetismo. A súa unidade de medida é H/m.
-
permeabilidade magnética relativa [ì r ]
Relación entre a permeabilidade absoluta e a do baleiro ì 0 , que vale 1,256×10 -6 H/m.
-
permeabilidade magnética/absoluta
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de plausible.
-
-
Tendencia dun ión a deformarse, perdendo a simetría esférica do ión libre, a causa das atraccións ou repulsións electrostáticas que experimenta a nube electrónica. É importante sobre todo para os anións, e aumenta co volume e a carga.
-
Capacidade dun medio de polarizar unha radiación electromagnética.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado do pirrol que se biosintetiza a partir de glicina e sucinil-CoA e a partir del biosintetízanse as porfirinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Posibilidade que presenta o software que opera nunha máquina para poder operar noutra diferente.
-
-
Calidade de posible.
-
Cousa posible.
-
Capacidade de ser posible algo.
-
Carácter, estado ou condición do que é posible. As acepcións fundamentais da categoría de posibilidade son, dunha banda, a posibilidade lóxica ou modalidade do xuízo, que significa a calidade de todo xuízo que non sexa contraditorio, en contraposición á necesidade lóxica; doutra banda, a posibilidade real ou física significa a capacidade ou aptitude dunha cousa para existir de feito e realmente. O sentido da distinción entre ambos tipos de posibilidade é patente non só no coñecido argumento ontolóxico, senón tamén na distinción leibniziana entre os posibles e os composibles. Intimamente unida ao concepto de potencia, a categoría de posibilidade foi obxecto, na escolástica, de diversas distincións, como a posibilidade absoluta ou intrínseca (secundum se), e a posibilidade relativa ou extrínseca (in ordine ad potentiam activam).
-
-
-
Teoría que se ocupa das posibilidades que o contorno natural, relevo, ríos, mares, vexetación, clima, lle ofrece ao home, e que este, en certa maneira, pode dispor del ao seu servizo. Oponse ao determinismo.
-
Forma de oportunismo político dun partido ou dun particular que, conservando a fe nos propios principios ideolóxicos, está disposto a ceder nalgúns puntos do propio programa e a pactar con outros partidos ou correntes, a cambio de obter obxectivos parciais e inmediatos ou de manterse no poder.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao posibilismo ou aos posibilistas.
-
Partidario do posibilismo.
-
Membro do Partido Demócrata Posibilista.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer posible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de potable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de operacións e tratamentos aos que se somete a auga para facer que sexa potable. Segundo a natureza das operacións e dos tratamentos efectuados pode ser física, química ou bacteriolóxica. A potabilización física consiste en someter a auga a decantación, natural ou acelerada con axentes de floculación, e a filtración a través de leitos de area ou carbón. A potabilización química consiste en efectuar a decantación cunha cantidade axeitada de cal, para reducir a dureza temporal ou carbónica debida aos bicarbonatos de calcio ou de magnesio, cun control final do pH, coa adición xeralmente de ácido sulfúrico; pode consistir tamén en realizar a filtración a través de cambiadores iónicos. A potabilización bacteriolóxica efectúase normalmente por oxidación, ben directamente con gas cloro, debidamente regulado, ben con compostos clorados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se emprega ou que serve para potabilizar.