"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Composto de natureza tautomérica, de fórmula HSCN, relativamente estable en disolución en auga, alcohol ou éter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Última etapa do Xurásico Inferior, situado sobre o Pliensbaquiano e baixo o Aaleniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de tolerar.

      1. Actitude teórica e práctica de quen respecta as convicións do outro, aínda que sexan moi distintas das persoais, e non impide o exercicio destas.

      2. tolerancia relixiosa /

        Recoñecemento legal por parte do estado de dereito a profesar calquera relixión distinta da oficial.

    2. Facultade dun organismo de soportar o uso continuado e crecente dunha droga ou dun medicamento sen sufrir danos.

    3. Erro ou inexactitude que se permite nas dimensións dunha peza respecto ás indicadas nas cotas do plano de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Croacia (1941-1943), duque persoal de Spoleto (1904-1948) e duque de Aosta (1942-1948). De nome Aimón de Savoia-Acosta, seguiu a carreira de mariño e loitou nas guerras de Libia e Etiopia. Nomeado rei da Croacia independente polo seu parente, o rei de Italia, non chegou a ser coroado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao torrente.

    2. Que está causado pola acción dunha corrente de auga impetuosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e pianista, curmán de Marcial del Adalid. Formado en Londres con I. Moscheles, viaxou por Europa e estableceu amizade con Chopin, Liszt e Rossini. Das súas composicións destacan Seven Waltzes for the Piano Forte, Bagatela campestre e Tres bagatelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e retórico da arte. Formouse en Barcelona, onde participou na decoración do Palau da Generalitat. Como pintor ao óleo e debuxante tendeu progresivamente ao esencialismo, e acusou unha influencia futurista. Residiu en Nova York (1920-1922) e en París (1926-1932), desde onde realizou unha salientable tarefa de aglutinador de artistas de vangarda organizando a exhibición da obra de pintores rexeitados polo Salon d´Automne (1926) e do grupo abstracto Cercle et Carré. Formou parte tamén do grupo Abstraction-Création. En Madrid (1932-1934), impulsou a formación do Grupo de Arte Construtivo. En París a súa pintura desprendeuse do primitivismo e dun esquematismo de raíz cubista para combinar as formas xeométricas coas alusións á realidade virtual, concepto plástico que chamou construtivismo ou universalismo construtivo e que continuou aplicando ata o remate da súa vida. De novo en Montevideo, difundiu os principios teóricos da súa última modalidade pitórica. Escribiu Historia de mi vida...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica do SL de Europa que abrangue o sector máis oriental da península balcánica e está repartida entre Grecia, Bulgaria e Turquía. A agricultura e a gandaría son a base dos seus recursos económicos, con cultivos de vide, oliveiras, tabaco e froiteiras. A cidade máis importante é Istambul. Mentres que en Bulgaria, Tracia non se corresponde con ningunha división administrativa, en Turquía equivale a 5 iller (23.764 km2; 6.021.600 h [1990]), e en Grecia constitúe unha rexión con 3 nomoí (8.578 km2; 337.536 h [1991]). Ocupada polos persas desde 492 a C, Tracia viuse sometida a unha dobre influencia ateniense e macedonia. Contra esta inxerencia foi creado o reino dos odrisios ata que, coa intervención de Filipo II de Macedonia (342-341 a C), pasou a ser posesión macedónica, mantida baixo Alexandre o Magno e Lisímaco. Morto este (282 a C), a rexión pasou sucesivamente aos odrisios e aos celtas, e o territorio da costa aos seléucidas...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á rexión histórica de Tracia ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante da rexión histórica de Tracia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo tracio.

      2.   Individuo do pobo tracio.

      3. Pobo que habitou a rexión histórica de Tracia desde o Paleolítico Superior. Posteriormente amosou aspectos da civilización neolítica e eneolítica. Coñecedores da cerámica e practicantes da inhumación dos cadáveres, cesaron a súa actividade arredor do segundo milenio a C, a causa da chegada doutros pobos indoeuropeos procedentes do N que se estableceron na rexión e foron coñecidos sucesivamente co nome de tracios.

    1. Lingua do phylum indoeuropeo que falaban os tracios. Só se conservan dúas inscricións de interpretación dubidosa que se refiren a nomes de plantas, de pobos e de lugares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina, oposta ao creacionismo, que considera que a alma é transmitida de pais a fillos mediante a xeración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Ucraína (12.800 km2; 1.288.200 h [estim 1998]). A súa capital é Uzhhorod.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de transcendente.

    2. Acción de transcender.

    3. Importancia ou repercusión que adquire algo ou alguén.

    4. Calidade do que queda máis alá dun ser ou dun conxunto de seres e, especialmente, do que permanece fóra de toda experiencia posible, entendida esta en sentido kantiano, é dicir, que queda máis alá do espazo e do tempo. Segundo o que se entenda por inmanencia, estará máis ou menos determinado o ámbito correspondente da transcendencia; en Kant, este ámbito caracterízase como o ámbito da cousa en si e concretamente como o ámbito correspondente ao mundo, á alma e sobre todo a Deus, como síntese ideal e suprema dun e doutra. O primeiro que procurou superar a escisión entre inmanencia e transcendencia consagrada filosoficamente por Kant foi Hegel, que fixo de ambos os dous extremos correlativos unha única dialéctica. A concepción cristiá, por outra banda, insistiu sempre na afirmación simultánea da transcendencia e a inmanencia á hora de conceptualizar a relación entre Deus e a creación, así como entre graza e liberdade, fe e razón ou sobrenatural e natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coeficiente que fai referencia á sensibilidade dun tubo electrónico. É un parámetro igual ao cociente entre a variación da corrente anódica e a da tensión de reixa, sendo constante a tensión anódica. OBS: Tamén se denomina condutancia [condutancia] mutua ou pendente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de transferir.

    2. Acción de xerar, nun sistema cibernético, un sinal de saída a partir dun sinal de entrada. Chámase transferencia conservativa se a enerxía do sinal de entrada e a do de saída son iguais, transferencia activa se a enerxía do sinal de entrada é inferior á do de saída, e transferencia pasiva se é ao revés.

      1. Traspaso dunha persoa a outra dun dereito, unha obriga ou a posesión dunha cousa, especialmente relacionado coa propiedade.

      2. Documento onde se formaliza a transmisión dunha propiedade.

      3. Transmisión unilateral de diñeiro, bens ou servizos que un axente económico, normalmente un estado, realiza a outro cun obxectivo social ou económico, como é o caso dos subsidios, as pensións, as subvencións ou as bolsas de estudos.

      4. transferencia bancaria

        Operación a través da que se efectúa un traspaso de fondos dunha conta bancaria a outra.

      5. transferencia de crédito

        Operación que, no marco da legalidade, varía a dotación dos diferentes servizos sen incrementar o gasto total do orzamento dun estado.

      6. transferencia de fondos

        Envío de fondos que realizan os residentes dun país a outro, sen ser obxecto de contraprestación.

    3. Paso dun produto intermedio dunha instalación a outra na que ten que reaccionar.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desprazamento dunha parte do xeo dunha lingua glaciaria fóra do seu val, aproveitando un punto baixo do interfluvio. É un fenómeno característico das montañas da zona subártica húmida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Migración estacional, propia de moitas especies de animais, especialmente do gando que, para aproveitar ao máximo a estacionalidade dos pastos percorren, normalmente conducidas polo home, grandes extensións de terreo desde as chairas cara ás rexións montañosas e viceversa. É un fenómeno común en todas as rexións da zona mediterránea, así como no Cáucaso, en Asia central e nos Andes. A súa orixe en España remontouse á época visigoda, aínda que deu o pulo definitivo durante o s XIII, que se materializou coa creación do Honrado Concejo de la Mesta. Despois da súa desaparición, en 1836, foi pouco a pouco substituída pola gandaría estabular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou condición de transixente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten un sentido figurado.

    VER O DETALLE DO TERMO