"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción de examinar os sentimentos e pensamentos dun mesmo.

    2. Método que consiste na análise da consciencia individual para descubrir as leis que rexen o comportamento persoal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apropiación psíquica dos obxectos ou das persoas do mundo exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de intubar.

    2. Intubación a través da glote para asegurar o paso libre do aire nas vías respiratorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de intuír.

      1. Rapidez e seguridade de xuízo.

      2. Especie de facultade de acerto instintivo.

      1. Coñecemento inmediato obtido sen discurso reflexivo. Platón fixo da intuición unha forma de coñecemento superior que tiña por obxecto a visión das ideas, e para R. Descartes tratábase do coñecemento das evidencias máis simples. B. de Spinoza converteuno nun coñecemento de terceiro grao, certo e infalible, que achega paz ao espírito co saber supremo que lle proporciona. I. Kant só admitiu unha intuición empírica ou captación sensible do fenómeno e unha intuición pura a priori, principio unificador da realidade empírica. A filosofía postkantiana instaurou a intuición intelectual ou facultade creadora do acto mental. Este concepto sufriu unha dura crítica por parte das escolas positivistas como fonte de todo tipo de falacias e divagacións ociosas.

      2. Capacidade de coñecer pola intuición.

      3. Obxecto da intuición.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Doutrina filosófica segundo a que a intuición é a forma primordial do coñecemento. Postula unha aprehensión irracional de realidades extraempíricas e do absoluto.

      2. Corrente epistemolóxica, propia da escola escocesa, segundo a que a existencia do real material é directamente coñecida, non simplemente inferida.

    1. Corrente do pensamento matemático, nacida na segunda metade do s XIX. Defende que a matemática é o estudo duns tipos de construcións mentais en que os obxectos que se manexan han de ser definidos dando un criterio que permita a súa construción e en que a linguaxe empregada, ben ordinaria ou simbólica, non é máis ca un instrumento auxiliar e non unha parte esencial das construcións (formalismo). Acéptase que a matemática intuicionista está conformada por todo aquilo que é consecuencia da construción da sucesión dos números naturais N, da que resultan evidentes os axiomas de Peano e a ordenación. Outra peza esencial é o principio de indución completa. Entre os matemáticos asociados á corrente intuicionista pode citarse a L. E. J. Brouwer, L. Kronecker, J. H. Poincaré, E. Borel e H. Weyl.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao intuicionismo.

    2. Que ou quen é partidario do intuicionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de crecemento que se consegue pola intercalación dun material, da mesma natureza ou non, sobre outro xa existente, como é o crecemento en grosor da membrana celular.

    2. Acción de penetrar ou repregarse unha capa de células ou unha membrana dentro doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de inundar ou inundarse.

    2. Desbordamento dun curso fluvial fóra do seu leito normal causado por un incremento do seu caudal superior á súa capacidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de inutilizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de invalidar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de invaxinar ou invaxinarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de inventar.

      2. Cousa inventada

      3. Cousa non real que inventa alguén.

    1. Descubrimento de algo que permanecía oculto, en especial referido a unha reliquia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de investigar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de invitar.

    2. Escrito ou tarxeta cos que se invita a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de invocar.

    2. Conxunto de palabras coas que se invoca.

    3. Fórmula nun documento coa que se invoca a divindade. Substitúese con frecuencia por un símbolo ou monograma.

    4. Parte da prótase dun poema en que o poeta invoca a axuda da divindade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Paro e retroceso no desenvolvemento de algo.

      1. Conxunto de modificacións regresivas naturais ou por alteracións (rexeneracións, reorganizacións e enfermidades) que se producen dentro dunha célula, un órgano ou un organismo. Desenvólvense progresivamente, como o envellecemento ou o paso á pubertade.

      2. involución senil

        Involución que sofre o organismo dunha maneira xeral ao chegar á vellez.

      3. involución uterina

        Retorno progresivo do útero á súa dimensión normal despois do parto.

    2. Transformación que, sendo distinta á identidade, aplicada dúas veces sucesivamente dá a identidade. Unha aplicación é involutiva se f = f -1 .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento ou tendencia á involución, especialmente política.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á involución.

    2. Que ou quen é partidario do involucionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de inxectar.

      1. Introdución no interior dun organismo dunha solución ou suspensión estéril por medio dunha xiringa ou dun instrumento axeitado. A inxección pode ser intradérmica (dentro da espesura da pel), subcutánea ou hipodérmica (debaixo da pel, no tecido subcutáneo), intramuscular, intravenosa ou endovenosa, intraarterial, intrarraquídea e intracardíaca, entre outras.

      2. Líquido que se inxecta.

      1. Sistema de alimentación dos motores alternativos de combustión interna que consiste en inxectar a cantidade axeitada de combustible directamente dentro da cámara de combustión (inxección directa) ou á entrada do cilindro, preto da válvula de admisión (inxección indirecta). A inxección directa emprégase nos motores de acendido por compresión; os motores de acendido por chispa poden utilizar estes dous sistemas, aínda que é máis frecuente o uso do carburador. Consta dunha bomba de inxección que colle o combustible directamente do depósito ou que é alimentada por unha bomba de baixa presión, e que introduce o combustible no cilindro por medio do inxector. Se a bomba é de émbolo só hai que instalar, entre a bomba e os inxectores, un distribuidor de combustible. Nalgúns casos a bomba e o inxector xúntanse nun só dispositivo, o inxector bomba, alimentado por unha bomba de baixa presión. Regula a inxección para sistemas mecánicos ou pneumáticos, pero tamén se pode facer electronicamente, mediante...

      2. bomba de inxección

        Bomba empregada na inxección de combustible que dosifica a cantidade inxectada de combustible e fornece a presión adecuada. A dosificación pode ter lugar por medio dun émbolo rotativo proveniente dunha canle helicoidal que permita o retorno do exceso de combustible, ou por medio dunha válvula dosificadora que se abre xusto o tempo imprescindible para que pase a cantidade de líquido necesaria. A bomba pode ser de émbolo único ou pode ter un émbolo para cada cilindro.

    2. Técnica de moldeado que consiste en introducir a aliaxe a presión no molde e efectuar a solidificación nas mesmas condicións. Obtense unha microestrutura metálica moi homoxénea con gran pequeno, ausencia total de oclusións gasosas e unha resistencia mecánica superior á obtida con métodos convencionais.

    3. Aplicación inxectiva que se establece entre dous conxuntos.

    4. hiperemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Introdución dun ou máis átomos de iodo nunha molécula, especialmente nunha molécula inorgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO