"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Deseñador gráfico, ilustrador e debuxante de historietas coñecido como Fausto Isorna. O seu traballo no eido do deseño vincúlase con proxectos editoriais e culturais: cartelerías e promocións para grupos de teatro como Chévere, Teatro do Aquí ou Ollomoltranvía; imaxe corporativa e divulgación da Sala Nasa; cubertas para libros e catálogos de artistas plásticos, así como discos para grupos como Milladoiro, Fuxan os Ventos ou Cristina Pato. Director artístico da revista Golfiño, creou e editou a revistas Valiundiez e Das Capital. Colaborou nos xornais El Correo Gallego e El Mundo e nas revistas Tintimán, Aula Aberta, Coordenadas. Como historietista colaborou en Aula Aberta, Tintimán, Coordenadas, Valiundiez, Das Capital, Golfiño e Animal+L, e publicou, entre outros, os libros Os viaxeiros do tempo, A irmandade dos lectores tristes, Flores dende...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome masculino procedente do adxectivo latino castus ‘puro, inocente’. A súa festividade celébrase o 6 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa que se abstén de todo pracer sexual ou daquel considerado como impuro, pecaminoso ou ilícito.

    2. Que ten un comportamento exento de sensualidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero acuático do xénero Castor, de ata 100 cm de lonxitude do corpo, 35 cm de cola e un peso de 30 kg. É o roedor máis grande do hemisferio norte. Ten o corpo groso, cuberto dun pelame ríxido baixo o que se agocha unha peluxe fina e mesta que o illa da auga e do frío. A cabeza é ancha e posúe ollos e orellas de tamaño pequeno; os grandes dentes incisivos son de cor laranxa e quedan á vista cando pecha os beizos para protexer a boca das estelas de madeira cando traballa. Os xenitais están protexidos por unha cloaca que mantén pechada cando está baixo a auga. Aos lados deste orificio externo do aparato xenital hai dúas glándulas que segregan unha substancia parda de cheiro aromático denominada castóreo. As extremidades son fortes e curtas; as anteriores permiten que o animal teña unha gran capacidade de manipulación mentres que as posteriores son máis fortes, cunhas membranas interdixitais e unha dobre uña no segundo dedo que lle serve como peite. A cola é aplanada,...

      2. castor de montaña [Aplodontia rufa, Fam dos aplodóntidos]

        Roedor duns 30 cm de lonxitude, repoludo e de ollos pequenos, con patas pentadáctilas de uñas longas e cunha cola pequena cuberta de pelos longos. De hábitos nocturnos, constrúe o tobo preto da auga onde amorea alimento para o inverno. Non é acuático aínda que pode nadar ben. Aliméntase, principalmente, de follas que consegue ao gabear polas árbores. Distribúese en zonas húmidas das áreas de montaña do occidente norteamericano.

    1. Pel deste animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do nome Cástor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome masculino mitolóxico de orixe hebrea que significaba ‘almiscre’, que se introduciu a través do grego Kástor (Kάστωρ). Presenta como variante gráfica a forma Castor. Na mitoloxía grega, Cástor é o irmán xemelgo de Pólux, chamados dióscuros ‘fillos de Zeus’. San Cástor de Coblenza (s III-IV), sacerdote en Tréveris, evanxelizou a rexión do río Mosel (Moselle) e é patrón dos marmoristas e canteiros. San Cástor de Apt (s V), bispo desta cidade occitana, fundou un mosteiro na Provenza. Na iconografía, os dióscuros visten túnica branca e clámide de púrpura, gorro lacedemonio e lanza nunha man, mentres que san Cástor de Coblenza leva na man unha maqueta. A súa festa celébrase o 28 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe grego, fillo de Leda e irmán xemelgo de Pólux, co que formaba o grupo dos Dióscuros (Dιόσκουροι ‘fillos de Zeus’). Como combatentes, un guerreiro e o outro boxeador, participaron na expedición dos argonautas na procura da pel do castrón de ouro, na captura de Calidón e axudaron a Xasón e Peleo a saquear Iolco. Nas lendas romanas aparecen tamén na Batalla do lago Rexilo (449 a C) axudando os romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrela da constelación dos Xemelgos, de magnitude 1,6, a unha distancia de 46 anos-luz. É unha estrela dobre que ten un período de revolución de 346 anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia segregada polos folículos prepuciais do castor común coa que fai a marcaxe do seu territorio. É un sólido untuoso, de cor amarela avermellada, de cheiro irritante, que contén dende un 40 a un 70% de resinas. Empregábase en medicina como antiespasmódico e sedante, e en perfumería como aromatizante e fixador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia dos castóridos.

    2. Mamífero da familia dos castóridos.

    3. Familia de roedores á que pertencen os castores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantor privado dos testículos antes da puberdade co fin de lle conservar a voz infantil de soprano ou de contralto, reforzada pola capacidade pulmonar adulta. Acadou gran relevancia en Italia nos ss XVII-XIX, feito motivado pola prohibición papal de cantaren as mulleres na igrexa. Ao mesmo tempo, o gusto musical barroco polo virtuosismo vogal estendeu o seu uso por toda Europa, especialmente na ópera, onde perdurou ata mediados do s XIX. Entre os castrati máis importantes destacan, entre outros, Carlo Broschi Farinelli, Gioacchino Conti, Luigi Marchesi e Girolamo Crescentini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta brasileiro. De tendencia romántica, participou no movemento condoreirista, que propoñía renovar a lírica do Brasil, e atacou o réxime escravista do Brasil. En 1870 publicou a obra Espumas flutuantes. Postumamente se publicaron Voces de África (1880), Os escravos (1883), O Gonzaga ou a Revolução de Minas (1875) e A canção do Africano (1893). En 1966 editouse un volume de Poesías completas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Publicou Sermones morales y panegíricos (1791), Dicionario histórico portátil de las órdenes religiosas y militares y de las congregaciones regulares y seculares que han existido hasta hoy (1792) e Novenario doloroso de María Santísima (1794 e 1804).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante e gravador. Establecido en Galicia desde os anos setenta, exerceu como asesor artístico do Instituto Arxentino da Cultura Galega. Tamén foi director da Galería Lucense de Bos Aires, encargado da biblioteca do Jockey Club de Bos Aires, director do Taller de Arte Abracadabra de Vigo e crítico de arte de La Voz de Galicia. Publicou os cartafoles de gravados Homenaxe a Castelao, Homenaxe a Rosalía e O extraño mundo, e ilustrou diversos libros como De norte a sur, de Ernesto Castany, e Xelmírez ou a Gloria de Compostela, de Daniel Cortezón. Colaborou na revista do Centro Gallego de Bos Aires para o que publicou diversos gravados e ilustracións de temática galega. A súa obra está presente en museos e coleccións de Arxentina e de España. Escribiu Los petra siniestros e Los juegos mágicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Diplomático, fillo de Francisco Fernández de Costa e X conde de Lemos, marqués de Sarria e conde de Vilalba e de Andrade. Casou coa súa curmá dona Ana Francisca de Borja. Carlos II nomeouno vicerrei e capitán xeneral dos reinos do Perú no ano 1667. Patrocinou a construción da capela dos Desamparados de Lima, onde pediu que o soterrasen, aínda que despois o seu cadáver se trasladou á igrexa de San Pedro por mor do desmantelamento da citada capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortificación situada en Presqueiras, no concello de Forcarei, construída por iniciativa do arcebispo Xelmírez. Baixo a xurisdición do arcebispado de Santiago foi centro administrativo e residencia dos xuíces meiriños da comarca ata 1476, data na que se trasladaron a Soutelo de Montes. Desde alí cobraban as rendas para a igrexa santiaguesa e para a Coroa, así como de administrar xustiza. O seu topónimo revela a existencia dun asentamento castrexo dotado das defensas naturais do río Presqueiras. Despois das Revoltas Irmandiñas, reconstruíuse a comezos do s XVI. Da muralla, que seguía un plan rectangular ao redor do patio, coa torre de homenaxe no centro, só se conservan algúns tramos. A partir do s XVII perdeu interese estratéxico e as edificacións entraron nun proceso de deterioración, agás a ermida da Nosa Señora do Castro, que fora erixida ao carón da fortaleza e reconstruída no último terzo do s XVIII seguindo trazas barrocas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e crítico de arte. Licenciouse en Historia da Arte e en Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Historia da Arte pola Universidad Complutense de Madrid. Cursou estudios de literatura francesa na Sorbonne de París e de arte contemporánea no Metropolitan Museum e no MOMA de Nova York. Foi profesor do Liceo Internacional de París (1985-1991), responsable das edicións de 1982, 1983 e 1986 da Bienal de Arte de Pontevedra, director da sección de Artes Plásticas da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia (1984), conservador do Centro Galego de Arte Contemporánea (1994-1995) e profesor de historia da arte contemporánea na facultade de Belas Artes e de movementos artísticos contemporáneos na facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo. Realizou o comisariado de distintas exposicións de arte na maioría das cidades de Galicia, como a Illa das Esculturas (Pontevedra, 1999), e en Madrid, Barcelona, València, Lisboa e París. Participou en numerosas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación e diplomouse en Ciencias Humanas. Deputado no Parlamento galego polo Partido Popular (PP) dende a terceira lexislatura (1989-1993), foi asesor do conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes e secretario provincial de Alianza Popular (AP) e do PP en Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Foi atleta na modalidade de ximnasia rítmica deportiva e licenciouse en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade de Vigo e exerceu de profesora antes de adicarse por enteiro á interpretación. O seu primeiro papel como actriz foi na serie da TVG, "Pratos combinados" do ano 2001 ao 2006. Deu o salto á televisión nacional participando na serie de La Sexta, "SMS". En 2008 fáiase coñecida en todo o territorio español gracias á súa aparición na serie emitida por Telecinco, "Sin tetas no hay paraíso". No cine, ten aparecido en tres longametraxes, a última de 2008 "Los muertos van deprisa", coa que foi candidata ao Goya á Mellor actriz revelación, ademais de poñer a voz nos filmes de animación galegos "Pérez, el ratoncito de tus sueños 2" e "El sueño de una noche de San Juan".

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guerrilleiro republicano. Coñecido como Tucho, colaborou como enlace ata que marchou ao servizo militar, do que desertou en xullo de 1947 para ingresar na guerrilla. Morreu cun compañeiro nunha celada da Garda Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO