"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á radiotelegrafía.
-
-
Técnico en radiotelegrafía.
-
Persoa encargada de transmitir radiogramas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Telégrafo sen fíos que se emprega en radiotelegrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mensaxe que se transmite mediante radiotelegrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo público de radio e televisión fundado en 1945. Xestionado cun sistema de financiamento mixto a través de fondos públicos e publicidade, dirixe as sociedades TVE (TVE-1 e La 2), TVE Internacional, TVE Temática, Radio Nacional de España (RNE), o IORT (Instituto Oficial de Radio y Televisión) e a Orquesta Sinfónica y Coro. Membro da Unión Europea de Radiodifusión e do EURO, canal informativo multilingüe, emite vía satélite (HotBird 2, Hispasat e Telstar) desde 1994. Participou na cadea Euronews (1993) e na cadea dixital Vía Digital.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne, de ata 90 cm de altura, de follas estreitas e glabras e espículas cunha soa gluma, aplicadas ao eixe da inflorescencia. Florece entre maio e outubro. Constitúe un bo pasto para o gando e en xardinaría emprégase para facer céspede.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Rodés, Roergue 1082 - Barcelona 1131) Conde de Barcelona (1096-1131), fillo de Ramón Berenguel II. A súa titoría foi encomendada en 1086 ao seu tío Berenguel Ramón II. En 1095 comezou as súas accións bélicas co asedio de Tolosa. Atacou Amposta en 1097, e un ano máis tarde acometeu Oropesa, praza do Cid, e este atacou os sarracenos de Morvedre aliados do conde. Pero logo aliouse co Cid e concertou o seu matrimonio coa filla deste, María, que debía celebrarse en 1098. Os avances dos almorábides polo cantón de València a partir de 1102 impediron toda posibilidade de expansión nesta dirección. En 1111 incorporou aos seus estados a cidade de Besalú e os seus anexos por extinción da correspondente dinastía condal. Deste xeito deulle a Catalunya un lugar destacado na política europea e contribuíu ao seu avance cultural. En 1114 foi tomada Eivissa, cando acababa de ocupar a cidade de Mallorca. Despois, os cristiáns retiráronse e as illas foron ocupadas polos almorábides. A comezos...
-
PERSOEIRO
Piragüista. Nos Xogos Olímpicos de Montréal e Moscova conseguiu dúas medallas olímpicas, unha de prata en K-4 1.000 e outra de bronce en K-2 1.000. Participou tamén nos Xogos Olímpicos de Los Angeles, obtivo 9 medallas en diversos campionatos do mundo e 60 títulos de campión de España. Recibiu a medalla ao Mérito Deportivo Nacional e ao Mérito Piragüístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Intervalo térmico correspondente a cada unha das divisións da escala Rankine de temperaturas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se emprega para determinar os contornos da columna vertebral e rexistrar as desviacións.
-
PERSOEIRO
Escritor ruso. Escribiu as novelas Čelovek s etogo sveta (Un home deste mundo, 1961), Dengui dl’a Marii (Cartos para María, 1967), Poslednij srok (O último termo, 1970), Živi i pommi (Vive e lembra, 1975), Proščanije s Mat’oroj (O adeus de Matiora, 1976) e Siberia, Siberia (1991), ademais de moitos contos breves de gran calidade. Recibiu o premio estatal da URSS (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de negociacións celebradas en Rastatt (1797-1799), prevista no Tratado de Campoformio, entre Francia, Prusia e Austria, para estudar as compensacións que se darían aos príncipes alemáns privados das súas terras na ribeira esquerda do Rin. Rematou sen apenas acordos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de reagrupar ou reagruparse.
-
-
Agrupar de novo o que se dispersou ou o que estaba agrupado doutro xeito.
-
olver agruparse os membros dun grupo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervalo térmico correspondente a cada unha das divisións da escala Réaumur de temperaturas.
-
PERSOEIRO
Técnico estadounidense. Pioneiro da radioastronomía, en 1937 construíu o primeiro radiotelescopio. Cunha antena parabólica obtivo en 1942 o primeiro mapa de radiofontes da Vía Láctea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Holding empresarial de comunicación constituído en Madrid en 1977 por un grupo de xornalistas a partir da compra da cabeceira Actualidad Económica, á que seguiu a adquisición de Telva (1982) e Marca (1984), e o lanzamento de Expansión (1986) e Diario Médico (1992), que fixeron do grupo a corporación líder na prensa especializada. Denominado Recoletos Compañía Editorial SA, tras a fusión de todas as sociedades que o constituían (1992), a compañía británica Pearson converteuse no seu accionista maioritario (1994). A partir de 1995 continuou a súa expansión cara a Hispanoamérica e estendeu os seus intereses a outros medios como a radio, a televisión e internet.
-
PERSOEIRO
Remeiro inglés. Considerado un dos mellores remeiros da historia, foi cinco veces consecutivas campión olímpico en Los Angeles (1984), en catro sen temoneiro, e en Seúl (1988), Barcelona (1992), Atlanta (1996) e Sidney (2000), en dous sen temoneiro. Gañou o campionato do mundo en nove ocasións (1986, 1987, 1991, 1993, 1994, 1995, 1997, 1998 e 1999). Escribiu Steven Redgrave’s Complete Book of Rowing (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz teatral e cinematográfica. Iniciou a súa carreira cinematográfica con Morgan: a Suitable Case for Treatment (1965) de K. Reisz, quen a volveu dirixir en Isadora (1968). Recibiu un Oscar pola súa interpretación en Julia (1977) de F. Zinneman. Participou tamén en Camelot (1967), Yanks (1979), The Bostonians (1984), Howards End (1991), James and the Giant Peach (1995) e The Fever (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Instrumento de madeira, plástico ou metal, longo e recto, de sección rectangular e xeralmente de pouco grosor, empregado para trazar liñas rectas cun lapis ou cun tiraliñas.
-
regra graduada
Regra que leva gravada unha escala lineal, xeralmente en centímetros e milímetros, e que se emprega para medir lonxitudes nun debuxo.
-
-
Instrución ou norma de conduta, que indica o que se debe ou non se debe facer e a maneira de facelo.
-
menstruación.
-
-
Conxunto das ordenacións que regulan a vida cotiá e o comportamento a seguir nunha orde relixiosa.
-
Cada un dos preceptos dunha regra relixiosa.
-
regra monástica
Norma escrita que regula a vida dos frades con miras á observación dos consellos evanxélicos. Nun principio os frades rexíanse por decretos conciliares, decretais pontificias e leis civís ditadas por eles. Cada unha das comunidades monásticas regulaba a súa vida seguindo algún dos conxuntos de regras contidas nos codices regularum, coleccións coas regras e tratados ascéticos dos monxes de Exipto e as regras de santo Agostiño, san Pacomio, san Basilio e san Xerome, entre outros. As regras antigas foron reunidas por san Bieito de Aniana nun Codex regularum no s IX. Despois estas regras foron substituídas pola regula monachorum de san Bieito de Nursia (regra de san Bieito).
As regras monásticas en Galicia
A diferenza do que sucedeu no resto de Europa, a entrada da regra de san Bieto no NO da Península Ibérica foi un proceso tardío. Durante os períodos suevo e visigodo, e a Reconquista, seguíronse algunha das regras dos codices regularum....
-
-
-
...
-
-