"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Aparello formado por un mastro sobre o que se coloca unha banda de tea, unha manga ou unha frecha metálica que move o vento e, dese xeito, indica a súa dirección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario dos Padres Franciscanos que se publicou en Ourense dende 1943 ata 1945. O seu director foi o P. José Mª Guillén Rey. No sumario figuran as seccións “Pedagogía y catequesis”, “Liturgia” e “Miscelánea”. Entre os redactores destacan Aurora Maceda, Andrés Herranz, Agustín Rodríguez, Josefa Rodríguez e Germán Yáñez. O grupo de colaboradores estaba integrado por Vicente Risco, José Mª Ciorda, Amparo F. Noguerol ou José Mª Parente. Trátase dunha folla semanal de información que co tempo se converteu nunha revista mensual de formación relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos lados que forman o ángulo recto dun triángulo rectángulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento empregado para medir a distancia vertical entre dous puntos próximos, especialmente cando non están na mesma vertical. Empregado por Gay-Lussac, consiste nunha lente astronómica e horizontal, coa mobilidade que lle proporciona un parafuso micrométrico ao longo dun soporte vertical graduado. A lectura realízase coa axuda dun nonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Materia colorante vexetal que se extrae da especie Acacia catechu. Emprégase como adobo do coiro, en tinturería para obter castaños e negros, en ebanistería para tinguir madeira, e en preparacións cosméticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo dos catos.

    2. Individuo do pobo xermano dos catos.

    3. Pobo xermánico que viviu nas terras comprendidas entre o Rin, o Main e o Lahn. A conquista do país comezou polo SO, durante o goberno de Augusto e Tiberio. Participou na sublevación que dirixiu Arminio contra os romanos e mantiveron a súa independencia ata que foron absorbidos polos francos no s III d C. Os principais núcleos deste pobo foron Castellum Casttorum, actual Cassel, e Mattiacum, que se corresponde coa moderna Wiesbaden.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cátodo.

    2. Que emana do cátodo.

    3. Procedemento de protección de estruturas metálicas contra a corrosión, que consiste na polarización negativa da estrutura en relación ao medio que a rodea. A protección catódica emprégase en canalizacións soterradas, pozos de petróleo, diques flotantes, barcos, estruturas metálicas de cemento armado, etc.

    4. Feixe de electróns emitidos polo cátodo dun tubo electrónico e acelerados por un campo eléctrico. J. W. Hittorf descubriunos no ano 1869. W. Crookes estudiounos en 1897 e observou que os raios sufrían unha desviación provocada polos campos magnéticos ou eléctricos. J. J. Thomson mediu estas desviacións e demostrou que estaban formados por partículas de carga negativa: os electróns. En 1898 Lenard descubriu que podían penetrar en certas substancias. Os raios catódicos teñen diversas aplicacións, como os tubos de raios X, o microscopio electrónico e, especialmente, os tubos de raios catódicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Electrodo fornecedor de cargas negativas e receptor das positivas en todos aqueles dispositivos que teñen no seu interior un medio non metálico (gas máis ou menos rarefacto, electrólito ou semicondutor) que pasa a ser condutor baixo determinadas condicións. Polo tanto, nos dispositivos alimentados por unha fonte de tensión exterior, a través do cátodo os electróns do circuíto exterior entran cara ao interior do dispositivo e, por este motivo, é o electrodo negativo; sen embargo, é o positivo nos xeradores electroquímicos, pilas ou acumuladores. Nos tubos electrónicos e nos rectificadores sólidos o cátodo produce electróns, que son atraídos polo ánodo. Dentro dun electrólito, no cátodo ten lugar unha reacción de redución cara onde emigran os catións. Se estes son redutibles, a reacción catódica dá lugar ao desprendemento dun gas ou ao depósito dun metal sobre o cátodo (electrodeposición). Se os catións non son facilmente redutibles, prodúcese unha redución electrolítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión de radiación electromagnética producida por algunhas substancias cando se excitan enerxicamente, mediante a exposición da substancia a un feixe de electróns que proceden dun tubo de raios catódicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Catoira baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Caldas, situado na provincia de Pontevedra no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Valga, ao L co de Caldas de Reis (Caldas), ao S co de Vilagarcía de Arousa (comarca do Salnés) e ao O co esteiro do río Ulla, separado de Rianxo (da comarca do Barbanza). Abrangue unha superficie de 29,4 km 2 cunha poboación de 3.480 h (2007), distribuídos nas parroquias de Abalo, Catoira, Dimo e Oeste. A capital municipal é a vila de Catoira, na parroquia de Catoira, situada a 42° 40’ de latitude N e 8° 43’ de lonxitude O, 37 km ao SO de Santiago de Compostela e 35 km ao N de Pontevedra. Está adscrito ao partido xudicial de Vilagarcía de Arousa e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O territorio municipal de Catoira está baixo o dominio climático oceánico húmido con tendencia á aridez estival, propio do litoral das Rías Baixas. Ao estar situado na transición entre a desembocadura do río Ulla e a ría de Arousa,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe no topónimo homónimo de orixe dubidosa. Documéntase no século XV: “Ferrnando de Catoyra” (doc ano 1457 en F. R. Tato Plaza, Libro de Notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457), 1999, p 684). Sen a preposición indicativa do lugar de orixe ou residencia, atéstase no ano 1816: “Alberto Catoira” (en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 541).

    2. Liñaxe natural do lugar homónimo que emprega tamén a forma Catoyra. Unha rama pasou ao Ecuador. As súas armas levan, en campo de azul, cinco estrelas de prata, postas en aspa, e a do medio dentro dun crecente de ouro coas puntas para arriba. Outra variante trae, en campo de azul, cinco estrelas en aspa, as dos extremos de prata e a do centro de ouro e dentro dun crecente de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel López González.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Universalidade da Igrexa Católica, que constitúe unha das catro notas coas que, xa nas manifestacións de fe máis primitivas, se autodefinía a Igrexa.

    2. Calidade de católico.

    3. Identificación cos principios da doutrina católica.

    4. Conxunto dos que practican a relixión católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma do cristianismo que define a Igrexa Católica romana. É a relixión dos seguidores de Cristo que están en plena comuñón co bispo de Roma (o Papa ou Sumo Pontífice), cabeza do colexio episcopal, sucesor do colexio apostólico. Preséntase como o sistema doutrinal propio da Igrexa Católica, baseada na Biblia, na Tradición e no Maxisterio. Amósase ademais como un pensamento e unha visión das realidades humanas segundo esta mesma doutrina. Os trazos fundamentais que distinguen o catolicismo das outras confesións cristiás son, á parte da autoridade suprema do Papa, a observancia dos sete sacramentos, o sacerdocio xerárquico e a devoción aos santos, especialmente á Virxe María. O catolicismo non é un concepto completamente idéntico ao de Igrexa Católica: o conxunto de ideas e valores constitutivo do catolicismo considérase como unha síntese realizada no entendemento humano en cada momento determinado e, polo tanto, no interior dun proceso histórico. Por iso, presenta unhas características...

    2. Calidade de católico.

    3. Conxunto dos que practican a relixión católica.

    4. Movementos do catolicismo no s XIX que intentaban conciliar a Igrexa Católica coas ideas e as institucións do liberalismo. Os Papas Gregorio XVI e Pío IX rexeitaron as posicións máis extremas deste tipo de catolicismo, como por exemplo as de Lamennais en Francia, que querían converter a Igrexa na inspiradora dos movementos de liberación, mesmo revolucionarios.

    5. Movemento social católico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á antiga Igrexa cristiá e, na actualidade, á Igrexa que recoñece como cabeza visible ao Papa. No s III aplicóuselle o termo á gran Igrexa como unha característica para indicar que está por riba das igrexas locais. Desde os tempos da Ilustración xeneralizouse en Europa Occidental o seu uso como exclusivo da Igrexa Romana. Co movemento ecuménico xurdiu a tendencia a cualificar como católicas a aquelas confesións cristiás nas que se consideran de dereito divino unha serie de elementos institucionais: a xerarquía, os sete sacramentos e a tradición apostólica de toda a Igrexa. Tamén fai referencia ao aspecto universal da Igrexa no espacio e no tempo.

      2. Que ou quen practica o catolicismo.

      3. Que ou quen segue os principios da Igrexa Católica na súa forma de obrar.

    1. Aplícase ao título concedido no ano 1494 polo Papa Alexandre VI á Raíña Isabel I e ao seu home, Fernando II de Aragón. Este título recíbenno tamén os seus sucesores (Católicos Reis de España ou das Españas).

    2. Cartas dos Apóstolos que non están dirixidas soamente a unha persoa ou comunidade determinada, senón a toda a Igrexa universal. Están incluídas no canon bíblico e son: a de Santiago, a primeira e a segunda de Pedro, a primeira, a segunda e a terceira de Xoán, e a de Xudas.

    3. vello católico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de carácter relixioso que se imprimiu por vez primeira en Ferrol no ano 1871.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia purgante elaborada con follas de sen, raíz de ruibarbo e polpa de tamarindo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título do cabeza dunha igrexa autónoma, pero non patriarcal, nalgunhas igrexas orientais, especialmente en Armenia, Xeorxia ou Mesopotamia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou dignidade do catolicós.

    2. Período que dura o goberno dun catolicós.

    3. Territorio sometido á xurisdición dun catolicós.

    VER O DETALLE DO TERMO