"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Elemento decorativo, propio da arte musulmá, obtido mediante a combinación xeométrica de prismas entestados e truncados polo extremo inferior en forma de superficie cóncava. Colócase en fileiras superpostas ou elevándose en progresión. Este tipo de decoración apareceu en Persia, desde onde se estendeu, durante os ss XI e XII, a Exipto, Siria, Sicilia, o Magreb e Al-Andalus, onde na época nasarita (x XVI), foi moi importante. Destacan os mocárabes da casa real vella da Alhambra de Granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño que pode acadar ata 20 cm de lonxitude, coa boca grande e o maxilar superior moito máis saínte ca o inferior. A aleta dorsal sitúase no medio do corpo, entre as pélvicas e a anal. É de cor verdosa ou azulada, cos flancos prateados. Pasa o inverno en augas profundas, achégase na primavera ás zonas litorais para desovar e permanece preto da costa ata finais de outono. Distribúese polo Mar Mediterráneo e polo Océano Atlántico, dende Marrocos ata o Mar do Norte, onde se alimentan de plancto. Os bocartes péscanse de noite con redes, atraéndoos mediante luces. Ten unha grande importancia económica; a súa forma salgada é a anchoa. Tamén é importante ecoloxicamente, xa que dependen del gran número de especies de aves mariñas. A súa carne graxa e saborosa é moi apreciada. Boa parte do que se captura destínase á industria conserveira para facer as anchoas. Frescos admiten diversas preparacións: fritos, en adubo ou en vinagre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cambiar algo sen alterar a súa natureza esencial, mudando só algunha calidade.

    2. Limitar ou restrinxir o sentido ou a aplicación dunha palabra.

    3. Mudar algo algunha das súas calidades como a forma ou o aspecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Fixo importantes traballos de análise volumétrica, introduciu o uso do ácido oxálico na alcalimetría e ideou a balanza de Mohr que determina os pesos específicos de líquidos e sólidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado na costa, entre os núcleos de Garrucha e Carboneras (4.291 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría. As praias favoreceron o desenvolvemento do turismo no verán. Destaca a necrópole da Loma de Belmonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Autor cunha obra que se enmarca dentro do movemento ultraísta, con temáticas variadas que abarcan desde a paisaxe ata o amor e o relixioso, formou parte do grupo literario xurdido ao redor da revista Martín Fierro e mantivo unha estreita relación cos autores da Xeración do 27, en especial con F. Garía Lorca. Das súas obras destacan El imaginero (1927), Hostería de la rosa y el clavel (1933), Unida noche (1957), Una sombra antigua canta (1966), La escudilla (1973) e Las sombras del pájaro tostado (1975). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Converter un cadáver en momia desecando os seus tecidos para que poidan resistir a putrefacción.

    2. Converterse en momia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten un só núcleo en cada célula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten un só carpelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao monocarpo.

    2. Aplícase á planta que florece unha soa vez e que morre tras frutificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito constituído por un só carpelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ferrocarril que utiliza un só carril de rodamento para desprazarse. Segundo os diversos sistemas, os trens circulan a cabalo do carril, ou ben colgan suspendidos. En ambos os dous casos trátase dun ferrocarril elevado, levantado sobre piares para non interferir co tránsito de superficie. No sistema a cabalo do carril, constituído por unha viga de formigón armado, as rodas motrices do tren, con pneumáticos, corren pola pista superior do carril, mentres que as rodas de guía, de eixe vertical, percorren pistas laterais, a cada lado do carril. No sistema de tren suspendido dun carril superior, as rodas metálicas corren por riba dun camiño de aceiro. Este sistema pode ser tamén a base de rodas e pneumáticos. Neste caso o carril superior é unha viga-caixón, e polo seu interior pasan os bogies. As rodas corren polas caras internas da viga, as motrices pola cara inferior e as de guía polas laterais, e os vehículos colgan a través da abertura inferior da viga. Tamén se fixeron ensaios con...

      2. Carril sobre o que roda ou ben pende este tipo de ferrocarril.

      3. agoneta dun destes ferrocarrís.

    1. Sistema de mantemento industrial constituído por un carril aéreo do que colgan pequenas carretas que, sexa movidos a man, sexa accionados por unha cadea sen fío, transportan obxectos dun lado a outro suspendidos de ganchos ou sobre plataformas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Azucre simple constituído por un polihidroxialdehido (caso no que recibe o nome de aldosa) ou unha polihidroxicetona (cetosa) e que se obtén por hidrólise dos polisacáridos. A súa fórmula xeral é (CH2O)n onde n 7 3. Clasifícanse segundo o número de carbonos; así, os máis simples son as triosas (n = 3). Os máis abundantes son as hexosas (n = 6). As aldopentosas (n = 5) son compoñentes dos ácidos nucleicos. Todos os monosacáridos simples son sólidos brancos, cristalinos, moi solubles en auga e insolubles en disolventes non polares. Todos (excepto a dihidroxiacetona) posúen algún carbono asimétrico, e teñen, polo tanto, actividade óptica. A maior parte pertence á serie de configuración absoluta D.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos monotocardios.

    2. Molusco da antiga orde dos monotocardios.

    3. Antiga orde de moluscos gasterópodos da subclase dos prosobranquios, de cuncha xeralmente en espiral, que, por redución dos órganos do lado dereito, posúen unicamente unha branquia, unha aurícula e un nefridio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para o transporte de pesos en sentido vertical, mediante unha plataforma, cabina ou gaiola que se despraza cara a arriba e cara a abaixo, encaixada en dúas guías. Malia que a súa constitución é esencialmente a mesma ca a dun ascensor, ten unha estrutura máis simple e adaptada a unha función específica. A maioría dos montacargas son movidos por un motor eléctrico pero, nalgúns casos, recórrese á tracción manual ou hidráulica. Nos almacéns automatizados poden ser empregados os montacarcas automáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos tres núcleos urbanos que constitúen o principado de Mónaco (13.154 h [estim 1990]). Situado ao N do principado, érguese sobre a plataforma rochosa de Spélugues, entre os pequenos vales de Sainte-Dévote e Saint-Roman. Aquí están a maior parte dos hoteis, o casino (1878) e o teatro da ópera, do arquitecto Charles Garnier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monte-Carlo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método estatístico polo que, mediante unha mostraxe artificial, que en xeral emprega sucesións de cifras aleatorias, se chega a estimar a probabilidade de que un proceso real teña lugar. O uso dunha mostraxe artificial evita o método analítico de compatibilizar todos os datos reais que concorren no proceso analizado. O método de Montecarlo foi empregado con éxito en física, en estudos estatísticos e en problemas de investigación operativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situada nas cordilleiras Béticas, ao pé da serra de Alta Coloma (2.780 h [2001]). A economía baséase principalmente na agricultura e na gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Decano da facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1993-2000), foi membro da Comisión de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela e da sección de lingua e literatura do Instituto Padre Sarmiento. Fundou e dirixiu a revista Senara (1977-1978), e foi membro do Comite Científico das revistas Verba, desde 1993, e da Revista de Investigación Lingüística, desde 1997. Escribiu El eufemismo en Galicia. Su comparación con otras áreas romances (1981), La evolución de los esquemas condicionales (1983) e Gonzalo de Berceo y el Libro de Alexandre (1989). Recibiu o premio da tese de doutoramento de 1978, concedido pola Deputación Provicial de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO