"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de València, capital da Comunitat Valenciana (738.441 h [2001]). O predominio do regadío é case absoluto e condiciona a estrutura agraria e o réxime de propiedade. Baixo o signo da pequena empresa, a progresión da actividade fabril non se interrompeu ao longo dos anos. Sobresaen a madeira e os mobles, a fabricación de produtos metálicos, o papel e as artes gráficas, a confección téxtil e os produtos alimentarios e as bebidas. A localización industrial seguiu un proceso espontáneo e, malia conservar barrios de obradoiros no núcleo urbano, invadiu desordenadamente espazos periféricos. As artes gráficas e a fabricación de plásticos, o caucho, o vidro e a cerámica foron os sectores máis favorecidos polos investimentos. Décimo Xuño Bruto fundouna en 138 a C (Valentia) para instalar soldados licenciados e foi destruída en 75 a C durante a guerra entre Pompeo e Sertorio. No s IV foi cristianizada e en 304 foi martirizado san Vicente. No s V os bispos fixéronse cargo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Comunitat Valenciana, formada por 263 municipios (10.763 km2; 2.216.285 h [2001]). A súa capital é València. A provincia conta cunha concentración humana importante grazas á prosperidade agrícola das súas hortas, ao desenvolvemento industrial e ao crecemento dos núcleos urbanos. Entre eles destacan, ademais da capital provincial (738.441 h [2001]), os núcleos de Torrent (65.417 h [2001]), Gandía (59.850 h [2001]), Sagunt (56.471 h [2001]) e Paterna (46.971) h [2001]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade deportiva fundada en València en 1919. Xoga os seus partidos como local no campo de Mestalla e viste camiseta branca e pantalón negro. Gañou a Liga en 6 ocasións (1942, 1944, 1947, 1971, 2002 e 2004), 6 Copas do Rei (1941, 1949, 1954, 1967, 1979 e 1999), unha Supercopa de España (1999), dúas Copas de Feiras (1961 e 1962), unha Recopa de Europa (1980), unha Copa da Uefa (2004) e dúas Supercopas de Europa (1981 e 2004).
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Cáceres, Extremadura (5.878 h [2001]). É un punto aduaneiro próximo á fronteira con Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de León, Castela e León, á esquerda do río Esla (4.185 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado ao pé de Sierra Morena, no val do río Bodión (2.298 [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilamartín de Valdeorras baixo a advocación de san Bernabé.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médica. Foi a primeira muller en Galicia en obter a licenciatura de Medicina, en 1925, na Universidade de Santiago de Compostela, especializándose en Xinecoloxía, e obtivo o doutoramento en Madrid, onde entrou en contacto coa Institución Libre de Enseñanza. En 1931 apoiou os candidatos galeguistas e pediu o voto favorable no plebiscito para o Estatuto de Autonomía de 1936, o que sumado á súa relación coa esquerda, levou á súa detención e encarceramento durante a Guerra Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Comunidade autónoma de España, constituída polas provincias de Alacant, Castelló de La Plana e València (22.826 km2; 4.152.776 h [2001]). Limita ao N con Catalunya e Aragón, ao O con Aragón e Castela-A Mancha, ao S con Murcia e ao L co Mar Mediterráneo. A súa capital é València.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo da Comunitat Valenciana divídese en dous sectores: as serras do interior e as chairas costeiras. O primeiro sector caracterízase polos accidentes montañosos, integrados no Sistema Ibérico e nas serras Subbéticas. Destacan as serras do Maestrat, Espadà, Martés e o macizo do Caroig. A maior altitude acádase en Penyagolosa (1.813 m). O segundo sector é unha chaira litoral composta por praias suaves, baixas, areosas e con lagoas litorais ou albufeiras, algunhas delas desecadas. Climaticamente, os invernos son relativamente suaves, con poucas chuvias, con máximos en outono e primavera e forte seca estival. No verán, a influencia do anticiclón dos... -
-
Relativo ou pertencente á cidade de València ou ao País Valenciano e aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da provincia de Valencia ou do País Valenciano.
-
ariedade lingüística do catalán que se fala na Comunitat Valenciana.
-
Literatura escrita no País Valenciano en catalán literario ou dialectal. A literatura valenciana comezou, de feito, a partir da conquista do Reino de València en 1232-1245 por Xaime I de Aragón, que o repoboou, en boa parte, de cataláns. Desde entón o País Valenciano formou parte do ámbito catalán, malia que xa desde o s XV xa alguén falou de lingua valenciana contrapóndoa á catalá. Pero ata o s XVI, e mesmo o XVII, non resulta sempre fácil de distinguir, a partir da lingua, a orixe valenciana dun escritor ou dunha obra. A aparición dunha lingua rexional valenciana con pouca comunicación coa literatura rexional do Principado e das Illes Balears é cousa do s XVII e, sobre todo, do s XVIII. Durante este século a poesía culta aparece sobre todo en compilacións colectivas motivadas por efemérides políticas ou relixiosas. Moito máis abundante foi a poesía humorística e satírica, case sempre expresada en coloquios, razoamentos e outras pezas, normalmente anónimas.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1844), foi xefe superior de Administración Civil, ata que en 1866 decidiu retirarse da función pública. Colaborador en diversas publicacións periódicas, como El Eco de Galicia, Galicia, Galicia Humorística, A Monteira e O Tío Marcos d’a Portela, contribuíu á elaboración do Dicionario geográfico-histórico-estadístico de España y sus posesiones de Ultramar (1845-1850), de Pascual Madoz, en especial no referente a datos da provincia de Pontevedra; e na composición da Colección de enigmas y adivinanzas (1883), de Machado Álvarez. No ámbito da etnografía recolleu datos sobre folclore galego que reproduciu nos volumes Cantigueiro popular (1867, inédito ata 1970) e Novo apéndice ao Cantigueiro popular (1887). Destacou o seu labor como gramático con Elementos de gramática gallega (datado en 1892, pero inédito ata 1970) e, sobre todo, como lexicográfico coa...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor. Membro fundador da Asociación Galega de Compositores (1987), foi secretario da mesma entre 1988 e 1999. Realizou obras para piano, música de cámara e sinfónica. Das súas composicións destacan Aparición en la distancia secreta, Al fondo del espejo en la noche e Julieta en sueños (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Porción de terreo chan e fértil situado nas marxes dun río.
-
PERSOEIRO
Xurista. Ingresou na carreira fiscal en 1985. Fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desde 2004, foi fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra (1985-2004) e fiscal Provincial de Protección de Menores de Pontevedra (1987-2004). Foi presidente da Comisión de Xustiza Gratuíta de Vigo (1997-2004). Colaborou en diversas publicacións especializadas e en Contos da Xustiza (2002). Membro da Fundación Premios da Crítica, Amigos do Couto Mixto, da Fundación Álvaro das Casas e vogal da Fundación Menela, recibiu o Premio Lois Peña Novo (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de vehemente.
-
CAPITAIS
Capital da rexión de Véneto, Italia, e da provincia homónima (266.181 h [2001). Situada á beira do mar Adriático, xurdiu no medio dunha lagoa, sobre un arquipélago de máis dun cento de illas, separadas por unha rede de canais, a 4 km da terra firme e a 2 km do mar aberto, do que está separado por un cordón litoral. A arteria urbana máis importante é o Canal Grande, de 3,8 km de lonxitude e de 30 a 70 m de largo, que forma un grande S. Unha ponte ferroviaria (1841-1846) e outra vial (1933) unen o centro con terra firme. Desde a Idade Media a cidade tivo unha gran prosperidade, ligada principalmente á actividade do seu porto. A obstrución do porto tradicional obrigou a construír un novo, Marghera. O centro histórico, ameazado polo lento afundimento dentro da lagoa, conserva as actividades do turismo, os servizos e o artesanado. Hai unha estación balnearia en Lido. A orixe de Venecia está nos lugares onde se estableceron os vénetos fuxindo de Atila (452-453) e dos longobardos de Alboíno (568)....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Véneto, Italia (2.463 km2; 800.370 h [2001). A capital é Venecia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Décima rexión de Italia no ordenamento de Augusto, que limitaba ao L con Iliria e Panonia, ao N co Nórico e Retia, ao O con Transpadana e ao S con Emilia. Baixo Diocleciano converteuse en provincia romana, sometida ao vigairo de Italia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu despois da Primeira Guerra Mundial a rexión de Italia setentrional correspondente a Véneto, agás a provincia de Udine, integrada en Friuli-Venecia-Xulia. Constituía unha das tres Venecias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu despois da Primeira Guerra Mundial a rexión da Italia setentrional correspondente ao Trentino-Alto Adige. O nome fora proposto polo lingüista G. I. Ascoli en 1863. Constituía unha das Tres Venecias.