"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á reprografía.
-
-
Acción e efecto de retrogradar.
-
Fase do movemento aparente dun planeta durante a que este semella moverse en sentido contrario ao do seu desprazamento real respecto ás estrelas fixas. O movemento real dos planetas ten lugar de O a L, e durante a fase de retrogradación vese como se desprazan de L a O. A retrogradación é un efecto da combinación dos movementos reais do planeta e da Terra e sepárase da fase normal de movemento directo pola estación.
-
Movemento de retracción da Terra dentro da liña da costa por efecto da erosión das ondas. OBS: Oponse á progradación.
-
-
-
Ir cara a atrás.
-
Retroceder aparentemente un planeta na súa órbita, visto desde a Terra.
-
-
-
Que vai ou se move cara a atrás.
-
Que ou quen vai contra o progreso.
-
Aplícase ao procedemento de imitación contrapuntístico que consiste en presentar os sons dun tema no sentido inverso ao da súa exposición.
-
Sentido en que se move un corpo arredor doutro, cando o fai no sentido das agullas do reloxo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pasaxe dun estado de organización a outro considerado inferior, tanto no desenvolvemento evolutivo dun individuo coma na filoxénese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión celebrada no val do río Bruña, preto de Casaio, en xullo de 1946 entre os dirixentes guerrilleiros de León e Galicia. Neste congreso enfrontáronse as distintas tendencias políticas da loita guerrilleira, comunistas por un lado, e socialistas, anarquistas e republicanos, polo outro. A xuntanza rematou cun acordo entre as seccións guerrilleiras. A Garda Civil tivo noticia da concentración na serra do Eixe e os guerrilleiros Francisco Elvira Cuadrado e Arcadio Ríos morreron no enfrontamento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1979. Editada polo Servicio de Publicacións da Xunta de Galicia cunha periodicidade semestral, foi dirixida por Xaime Isla Couto. Concibida para impulsar a modernización do campo galego, a revista acolleu traballos de investigación de calidade e posible aplicación real, elaborados por especialistas na materia e dirixidos a establecer as novas bases sobre as que se debería desenvolver o sector.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santiago de Compostela a partir do 17 de maio de 1984, da que saíron só tres números, o segundo e terceiro en 1987. Editada pola Asociación Cultural O Facho, os promotores da revista foron tamén os responsables da asociación, Miguel Anxo Fernán-Vello, Roxelio Martínez, Francisco Pillado Mayor e Xulio L. Valcárcel. Cunha temática cultural, dedicou diversos monográficos a A. Cotarelo Valledor, Castelao e Alexandre Bóveda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecta. Catedrática emérita da Área de Construcións Arquitectónicas da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Titulada en 1960, foi a primeira arquitecta de Galicia e a cuarta de España. Foi arquitecta municipal da Coruña. Realizou, entre outras obras, a fonte de Catro Camiños, a Torre de los Maestros ou Torre Dourada e o polígono de Elviña e Zalaeta. Recibiu a Medalla Castelao (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Gwynedd, Gales? -? 878?) Rei galés (844-878?). Acadou a unión da maior parte de Gales e contivo as fortes presións escandinavas. Fundou unha dinastía que durou ata a fin da independencia galesa.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Deheubarth (Gales). Foi un dos máis destacados dirixentes das revoltas de 1136 e 1165 contra a invasión normanda. En 1171 negociou a paz con Enrique II de Inglaterra que o nomeou xefe dos príncipes do sur de Gales.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e pintor. Con dezasete anos emigrou a Arxentina, onde comezou a debuxar e colaborou en Última hora, Papel y tinta e Caras y caretas. En 1912 instalouse no barrio parisino de Montmatre e coñeceu a art nouveau e outras tendencias artísticas. Co estoupido da Primeira Guerra Mundial regresou a España e en 1916 instalouse en Madrid. Comezou a colaborar na prensa galega (Faro de Vigo, El Pueblo Gallego) e madrileña (Blanco y Negro). Ao iniciarse a Guerra Civil trasladouse a Bos Aires en 1936, onde foi director artístico da revista Atlántida. Regresou a España en 1949. Sobresaíu como ilustrador de libros, cartelista e debuxante humorístico e empregou a acuarela, o guache e a tinta, principalmente sobre papel e cartón. Na súa obra destacaron as figuras femininas estilizadas e sensuais, realizadas en estilo modernista, que aplicou ao deseño gráfico e industrial. O seu estilo aproximouse á art nouveau e á art...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Teilán (Bóveda). Ten planta rectangular dividida en tres partes con engadidos posteriores. A obra orixinal é do s XVI.
-
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Río e Monseiro (Láncara). O seu cumio acada os 573 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático italiano. Investigou a física matemática e o cálculo diferencial, e desenvolveu a teoría dos tensores, baseada nos traballos de Riemann, que despois foron continuados polo seu discípulo T. Levi Civita. A súa obra matemática foi de grande utilidade no desenvolvemento formal da relatividade especial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Talasemia, de caracter heterocigótico, máis benigna que outros tipos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título dado a algúns príncipes de Alemaña, así como aos xuíces e gobernadores do contorno do río Rin. Orixinariamente recibírono os condes de Rheingau (o primeiro en levalo foi Hatton VI arredor do 937), e posteriormente (a finais do s XII) foi herdado polos señores de Stein, antecesores dos condes e príncipes de Salm.
-
-
Dignidade ou cargo de ringrave.
-
Territorio rexido por un ringrave.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bravo.
-
CIDADES
Cidade do estado de Rio Grande do Sul, Brasil, situada á beira do río homónimo (193.789 h [estim 2004]). O seu porto, situado a 13 km da desembocadura, permite a entrada de buques oceánicos. Posúe industrias cárnicas, de conservas pesqueiras e vexetais, fábricas de tecidos de la e refinaría de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO