"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Inflamación dunha bolsa serosa, situada nun lugar en que os tendóns pasan por riba das prominencias óseas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sueco. Representante da tendencia neorrealista-satírica e didáctico-descritiva do s XVIII, foi reitor da Universidade de Lund e presidente da Academia Sueca. Autor de traxedias, obras líricas, didácticas e fábulas, publicou Mitt lefverne (1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Noruega (940?-961?), fillo de Harald I de Noruega. Educado no cristianismo en Inglaterra, regresou a Noruega despois da morte do seu pai e enfrontouse ao seu irmán e novo monarca, Eric I de Noruega o Machado sanguento. Durante o seu reinado, intentou sen éxito a implantación do cristianismo e mandou elaborar unha serie de compilacións de leis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Método industrial da obtención de amoníaco a partir da fixación do nitróxeno atmosférico e a súa combinación co hidróxeno a unha presión de 200 atmosferas e a unha temperatura de 500°C en presenza de catalizadores de osmio sólido e de uranio, segundo a ecuación:

    FORMULA

    500°C
    N2 + 3H2 ↔ 2NH3.
    A partir do amoníaco pódese sintetizar unha ampla variedade de compostos do nitróxeno, como os fertilizantes, fibras sintéticas como o nailon, case todos os colorantes e a maior parte das medicinas e dos explosivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico británico. En 1883 patentou un método de fabricación do aceiro ao manganeso. Tamén inventou diversos procedementos para a obtención de aliaxes férricas e aceiros especiais. Publicou, acerca destes temas, máis de trescentos artigos científicos ou técnicos. A súa obra A metalurxia e a súa influencia sobre o progreso moderno (1925) alcanzou reputación mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos organismos que evitan os medios salinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • teorema de Borel-Lebesgue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • herba do gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que padece heliofobia.

    2. Aplícase ao organismo extremadamente sensible aos raios de sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes e rizomatosas ou subarbustivas da familia das ranunculáceas. Presenta follas pecioladas, palmadas ou trifoliadas. As flores están illadas ou dispostas en inflorescencias en forma de acio. O froito é un polifolículo. Vexetan solos húmidos, ricos en materia orgánica e semisombreados. Resisten as baixas temperaturas, ata os -15°, e florecen desde o inverno ata a primavera. Engloba arredor de 20 especies distribuídas por Europa e polas rexións mediterráneas ata o Cáucaso. En Galicia é moi común a especie H. foetidus, coñecida como herba das chaveiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Malmöhus, Suecia, no län de Escania (117.737 h [2000]). Situada no estreito de Resund, é un núcleo industrial importante, con construción naval, industria electromecánica e do calzado. Do seu patrimonio cultural destacan a Mariakyrkan (s XIV), a torre Kärnan (s XVII) e o castelo de Sofiero (s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos insectos con metamorfose parcial ou incompleta. Así, do ovo xorde unha larva, bastante semellante ao adulto e sen ás, que máis tarde dá lugar ao individuo adulto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten once sílabas.

    2. erso de once sílabas de acentuación variable. A súa orixe pode establecerse nos versos latinos sáfico e senario iámbico, que cambiaron o seu carácter cuantitativo para converterse en versos rítmicos. Nos ss X e XI localízanse as primeiras mostras deste tipo de verso. No s XII incorporouse á poesía italiana, catalá e galego-portuguesa; nesta última puido existir un verso semellante ao hendecasílabo e do que deriva o verso de arte maior castelán. Garcilaso de la Vega foi un dos grandes cultivadores deste tipo de verso na lírica castelá. Segundo a acentuación, poden distinguirse os seguintes tipos de hendecasílabo: enfático, heroico, melódico, sáfico, dactílico, á francesa e galego antigo. E ste último equivale a un hexasílabo e mais un pentasílabo. Na lírica galega algúns autores como Aquilino Iglesia Alvariño, Faustino Rey Romero e Xosé Mª Álvarez Cáccamo cultivaron este tipo de metro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enrique de Borgoña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten sete sílabas.

    2. erso de sete sílabas. Utilízase, sobre todo, na poesía de carácter popular. Empregouse frecuentemente no Renacemento en combinación con versos de once sílabas e, con posterioridade, no s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rois baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Padrón baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Becerreá. Trae por armas escudo partido. A primeira partición presenta, en campo de sinople, un castelo de prata, con cachotería de sable. A segunda partición trae, en campo de goles, cinco feixes de trigo con espigas, de ouro, colocados en aspa. Tamén se recolle coa grafía Erbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Padrón. Trátase dun templo románico da segunda metade do s XII. Ten unha soa nave e unha ábsida que, no exterior, aparece dividida en tres tramos por dúas semicolumnas pegadas. O arco triunfal é semicircular. A portada principal está formada por unha tripla arquivolta e está flanqueada por arcos cegos semicirculares. A espadana é de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convento franciscano situado en Padrón. Foi fundado por frei Gonzalo Mariño e frei Pedro de Nemancos en 1396, e estivo baixo a advocación de san Francisco, ata que no s XVI pasou a santo Antonio. En 1701 converteuse en colexio de misioneiros dirixido polos padres franciscanos. Coa desamortización e exclaustración, a administración e o usufruto do convento pasaron ao concello de Padrón e a igrexa ao cabido compostelán. Foi Seminario Menor (1865-1884) da arquidiocese de Santiago de Compostela e en 1890 retornaron os franciscanos, que se trasladaron desde o convento de Louro (Muros) ao Colexio Seráfico ou ao Seminario Menor Franciscano. A igrexa é barroca do s XVIII. Ten planta cruciforme coas cubertas abovedadas. Conserva no interior retablos barrocos.

    VER O DETALLE DO TERMO