"CAD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 940.
-
-
-
Sucesión frecuente e regular de sons, imaxes, movementos, etc.
-
Número de pasos que realiza un atleta en carreira (ou de pedaladas que dá un ciclista) nun tempo determinado.
-
Cantidade de fotogramas que son proxectados sobre a pantalla nun segundo.
-
cadencia de tiro
Número de tiros que efectúa unha arma de fogo por minuto.
-
-
Distribución e combinación de acentos e palabras que dan o ritmo característico de cada idioma. Na entoación é a maneira de pechar os fragmentos melódicos da frase. A cadencia de enunciación ten a terminación grave, baixando a liña xeral da frase. O fenómeno de cadencia expresa a terminación absoluta dunha frase enunciativa.
-
Distribución proporcionada e harmónica dos sons, acentos ou pausas tanto na poesía coma na prosa. Na métrica castelá, designa o tempo final da cadea rítmica que segue ao último acento, sen importar que haxa unha, dúas ou tres sílabas trala última acentuada.
-
Disposición simétrica dos movementos e sons que coinciden cos tempos fortes da música de danza.
-
-
Conclusión ou caída dunha frase musical por mor da inflexión melódica sobre unha nota final de modo ou pola sucesión de harmonías que causan a sensación dun repouso suspendido ou definitivo. A teoría das cadencias, aparecida no s XII, contribuíu, a partir do s XVI, a definir a noción de tonalidade, ata o punto de basear toda a estrutura harmónica en series de cadencias en movemento de afastamento ou de retorno, con respecto á tónica.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten cadencia.
-
-
-
Parte máis tupida da malla da rede de pesca, situada nos extremos ou ao lado da chumbada.
-
Tira de rede que reforza o bordo superior dunha rede de pesca.
-
-
Labor de gancho e bordado que dispón o fío en forma de cadea. Tamén se coñece polo nome de punto de cadeneta.
-
Cada unha das ringleiras de nós formados no lombo dun libro co fío empregado para coser os pregos.
-
Cadea estreita empregada como adorno dunha gornición.
-
-
-
Cada unha das pezas arqueadas, fixadas transversalmente á carena, que constitúen a carcasa do buque e soportan o forro. Están compostas por diversos elementos de madeira nas embarcacións deste material ou por perfís angulares nas metálicas. As cadernas mestras están dispostas nos puntos de maior manga e, polo tanto, son as máis grosas. En cada embarcación hai unha ou, eventualmente, dúas. As cadernas principais son as que soportan outras cadernas máis curtas e pequenas. As cadernas reviradas teñen os dous brazos dispostos simetricamente, cara a cada extremo do buque, respecto ao plano diametral. As cadernas fortes son as primeiras que se colocan na construción da embarcación. As cadernas planas, de gran curvatura, están dispostas na parte máis ampla do esqueleto da embarcación.
-
Elemento transversal da estrutura do buque ou dunha aeronave que ten por misión asegurar a forma exterior e transmitir ás paredes as cargas transversais, no caso das estruturas de revestimento resistente.
-
Peza de madeira do arado, en forma curva, por onde agarra a persoa que o vai dirixindo.
-
Combinación estrófica de catro versos de catorce sílabas cada un (alexandrino), compostos de dous heptasílabos, coa mesma rima consonante. Chámaselle tamén tetrástrofo monorrimo (estrofa de catro versos cunha única rima). É unha forma propia da poesía culta medieval. Adopta como norma constante o hiato para acadar unha versificación regular fronte á tendencia á irregularidade na medida do verso popular da época. Empregárona os poetas casteláns que cultivaron o chamado Mester de Clerecía, como Gonzalo de Berceo, Pero López de Ayala ou os escritores anónimos do Libro de Apolonio (1250?) e do Libro de Alexandre (1230-1250?).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Motón con máis dunha roldana.
-
-
Conxunto de follas de papel, en branco ou impresas, pregadas e encaixadas, xeralmente cosidas, que forman unha especie de pequeno libro.
-
Conxunto de cinco pregos de papel que constitúe a quinta parte dunha man.
-
Caderno de bitácora.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter reintegracionista aparecida en 1988 na Coruña. Tiña como subtítulos “Para uma revisão da historiografia medieval” e “Para unha revisión da Historia antiga, medieval e moderna”. Foi coordinada por J. Carlos Díaz Camacho e composta por Sabela Pérez Quintela. Na súa redacción participaba a Equipa Revisionista Afonso X. Estaba dividida nas seguintes seccións: “Editorial”, “Ensayos”, “Recortes”, “Bibliografia”, “Novas” e “Livros”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter científico editada polo Instituto de Estudios Valdeorreses a finais do século XX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación monográfica editada pola Fundación Castelao en Santiago de Compostela en 1994. Coordinadas por Henrique Monteagudo, actuou como secretaria da publicación Carme Varela. Entre os seus colaboradores figuraron Xosé Filgueira Valverde, Claudio Rodríguez Fer, Marcos Valcárcel, Xosé M. Núñez Seixas e Clodio González Pérez, entre outros. A súa temática xira ao redor da vida e obras de Castelao, e inclúense nos diferentes monográficos textos, relatorios e artigos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de textos dramáticos e outros materiais de carácter teatral que iniciou a súa andaina no ano 1978 co nome de Cuadernos da Escola Dramática Galega. Foi promovida por Francisco Pillado e Manuel Lourenzo como complemento ás actividades educativas da Escola Dramática Galega. Non obstante , perviviu moito máis alá no tempo, chegando ata o ano 1994 con cento cinco números publicados. Entre os obxectivos marcados polos seus fundadores estaba o de facilitar o acceso a textos moi importantes do teatro galego e do teatro universal ao crecente número de persoas interesadas na práctica teatral, ademais de promover a aparición e publicación de textos teatrais breves que, ata o momento, eran moi escasos na literatura galega. Esta publicación, que recibiu a axuda económica de Caixa Galicia, tivo o gran mérito de dar ao prelo importantes obras tanto de autores galegos coma estranxeiros, conseguindo así que saísen á luz obras fundamentais do teatro universal en galego e que se editasen...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación semestral en galego editada pola Real Academia Galega e aparecida na Coruña a principios de 1990. Dirixida por Constantino García e subdirixida por Manuel González, está coordinada por Xosé Luís Regueira. O consello de redacción está formado por Carlos Díaz Abraira, X. García Cancela, Antón López Dobao, Miguel Pérez Pereira e Modesto A. Rodríguez Neira e o seu comité científico está integrado por profesores e investigadores das universidades de Santiago de Compostela, da Autónoma de Barcelona, Helsinqui, Stendhal de Grenoble, Coimbra, Viena, San Petersburgo e o CSIC de Madrid. Reproduce traballos científicos referidos á gramática, fonética, lexicografía, dialectoloxía, sociolingüística, etc, especialmente aqueles centrados na lingua galega. Divídese en dúas seccións, unha primeira onde se inclúen artigos como “Algunhas consideracións sobre o galego como lingua da administración” de X. García Cancela, “Nota sobre o vocabulario inédito galego-castelán de X. M.”, de S. Riveiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada pola sección de linguaxe administrativa dependente do Instituto da Lingua Galega (ILG) en Santiago de Compostela en 1986, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Consellería da Presidencia e distintos concellos galegos, de acordo co convenio asinado o 20 de decembro de 1984. Dirixido fundamentalmente aos servicios municipais de normalización das distintas administracións locais, saíron cando menos tres números entre os anos 1986 e 1988: o primeiro caderno titulouse “Patrimonio e Bens”, o segundo “Contratación” e o terceiro “Urbanismo”. Neles incluíase documentación e modelos para a elaboración de informes técnicos e xurídicos dos servicios públicos, dos bens patrimoniais, ditames das comisións e dos plenos, certificados, acordos dos plenos e das alcaldías, acordos de iniciación para expropiación forzosa e para ocupación privativa de dominio público, anuncios de licitación de obras e trámites para a solicitude de obras, entre outros. Amais, ao final...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter fotográfico aparecida en Vigo no Nadal de 1996. Editada por Delmi Álvarez, principal responsable da publicación, durou cando menos ata finais de 1997. O seu consello editorial estaba formado por X. Marra, Jorge Lens, Xulio Gómez, Mónica F. del Río, Gerrit Horst, Mercedes Moralejo e Vari Caramés, entre outros. Trátase dunha escolma de fotografías en branco e negro, acompañadas dunha serie de artigos en galego referidos aos autores das mesmas nos que se esbozan algunhas das liñas que seguen no seu traballo profesional. Tal e como aparece reflectido no seu editorial, estes cadernos pretendían revitalizar o concepto de fotografía de autor, promocionar o traballo dos fotógrafos dedicados ao xornalismo e ás reportaxes, e procurar un discurso fotográfico coherente destes profesionais. Ao longo de varios números apareceron imaxes de Vari Caramés, Juantxu Rodríguez, José Luis Tejero, Antonio Espejo, Fernando Quintela e Carlos Lago, amais doutros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter monográfica dedicada ao grupo de gaiteiros Os Morenos de Lavadores. Saíu nos anos noventa do s XX. Escrita por Gerardo Fernández Santomé, contou coa colaboración de Araceli Romero Oliveira e Xosé Manoel Oliveira Rodríguez cun artigo titulado “Memoria viva agora!”. Está dividida en catro seccións; a primeira titúlase “Introdución”, a segunda “Investigación”, onde se inclúe a historia do grupo, un cadro cronolóxico, as viaxes polo estranxeiro, o material que empregaban e o traballo realizado; na terceira aparece un artigo de “Opinión”, de Juanjo Fernández, e na cuarta a serie “Documentos”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación en galego aparecida na Coruña en novembro de 1988. Contaba coa colaboración de Ramón Veras Castro, Xoán Cons Pintos e Xoán Delgado Domínguez, entre outros. Contaba coas seccións “Editorial”, “Análise”, “Política sanitaria”, “Temas a debate” e “Revista de prensa”. De tendencia nacionalista, buscaba informar e divulgar novas e opinións no eido sanitario galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista teatral aparecida no ano 1995, publicada pola editorial Elsinor Teatro de Oleiros. Nos seus créditos aparecen as mesmas persoas que na desaparecida colección dos Cadernos da Escola Dramática Galega: Francisco Pillado Mayor como director, Manuel Lourenzo como coordinador e Xoán M. López Eirís como administrador e como responsable do deseño P. A. Estévez. Esta nova revista alcanzou o número nove (1996) cando desapareceu, e os títulos publicados son: no ano 1995, O perfil do crepúsculo, de Manuel Lourenzo; Memoria acerca da dramática galega, de Galo Salinas (traducido por Laura Tato); O teléfono, de Joan Cavalle (traducido por Antonio Molexón); La Galiciana. Zarzuela en gallego y en un acto de Xoán da Cova Gómez (edición de Anxo Gómez Sánchez e Mercedes Queixas Zas);. No ano 1996 apareceron Teatro-minuto, de Xesús Pisón; O leitor de Goethe, de Paulino Pereiro; A ola de caldo e O gato e a lúa, de W. B....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista aparecida na cidade da Coruña no ano 1980 acompañando o labor da compañía de teatro Luís Seoane que rexentaba a sala do mesmo nome. Deste xeito, estes cadernos centrábanse fundamentalmente na información sobre as actividades deste colectivo, ofrecendo dende a axenda de programación ata os textos das representacións que facía o grupo. Apareceron, cunha periodicidade irregular, soamente cinco números entre 1980 e 1984. Como director figuraba Francisco Pillado Mayor e no consello de redacción Manuel Lourenzo, Xosé Miguel Pernas, Xosé Manuel Rabón e Moncho Rodríguez. Ao longo dos cinco números editados apareceron os seguintes textos: Dous perdidos nunha noite suxa de Plinio Marcos (1980); As criadas, de Jean Genet (1980); A casa das tres lúas, adaptación de Manuel Lourenzo sobre textos de Ramón Otero Pedrayo (1981); A noite dourada de Mimí da Cora, de Manuel Lourenzo (1982) e A esperar por Godot de Samuel Beckett (1984). A colección apareceu...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada a partir de 1986 nas cidades de Pontevedra e Braga, e subtitulada como “Revista internacional da lusofonia”. Está dirixida por José Luís Fontenla e codirixida por António Gil, Maria Rosa da Rocha Valente, Cristina de Mello e José Luís Pires Laranjeira. Promóvena as Irmandades da Fala da Galiza e Portugal, o Conselho Internacional da Lusofonia e a Associação de Amizade Galiza-Portugal. Inclúe artigos e traballos de carácter lingüístico e literario baixo o punto de vista do mundo lusófono. Amais, dedicou números especiais ao teatro, á poesía e á novela como a Antologia de Poesia Lusófona (nº 27-34), onde incluía contribucións poéticas de Carlos Durão, João Padrão, Isaura Soares e Ângelo Brea, entre outros. Destacan tamén os ensaios do profesor Américo Diogo da Universidade do Minho (Braga) e doutros investigadores de Galicia, Portugal, Brasil ou África.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada pola Asociación Cultural Alén de Malpica, orientada cara á difusión da cultura e da lingua galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada polo grupo parlamentario dos Socialistas de Galicia en 1984 en Santiago de Compostela. Redactada en galego por Pedro Rei Suárez e Pablo Sande García, contaba coa colaboración fotográfica de Fernando Bellas. Incluía diversos artigos de carácter político, relacionados fundamentalmente coa actividade do Parlamento de Galicia; entre eles, “Dous anos de vida política galega vista dende o parlamento”, “A lei de normalización lingüística”, “A pesca” e “As leis de presupostos”.
VER O DETALLE DO TERMO