"Ise" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

  • Medida de tempo que equivale á milésima parte do segundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é digno de compaixón pola súa desgraza.

    2. Que denota unha extrema pobreza.

    3. Que é menosprezable polo seu escaso valor ou a súa insignificancia.

    4. Que ou quen merece menosprezo e indignación pola súa maldade.

    5. Que ou quen amosa unha actitude mesquiña e apegada ao diñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [Os miserables] Novela escrita por Victor Hugo en 1862. Ambientada na Francia posterior á restauración do Rei Luís Filipe I de Francia, narra a vida dun ex-presidiario, Jean Valjean, quen, acusado dun roubo pola policía, queda en liberdade grazas á declaración no seu favor do bispo de Digne. A partir dese momento a vida de Valjean sofre unha profunda transformación que o levará a facer o ben. A novela, unha crítica social, analiza a través dos seus personaxes a dura realidade dos sectores máis baixos do París de mediados do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. A partir de 1954, en colaboración con Ramón Masats e Ricard Terré, realizou unha serie de exposicións (1958 e 1959) coas que reivindicou o valor documental e estético da fotografía urbana que facía. A partir da década de 1960 traballou como fotógrafo independente de publicidade e moda para publicacións como Triunfo, La Vanguardia ou El Periódico. Publicou o libro Barcelona, blanc i negre (1964), Costa Brava Show (1966) e a autobiografía Full de contactes (1998, Premio Gaziel). Recibiu o Premio Luis Navarro de Fotografía Moderna (1954). Tras a súa morte o Institut de Cultura de Barcelona instaurou o Premio de Fotografía que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que denota unha extrema pobreza.

    2. Que ou quen inspira desprezo pola súa condición moral.

    3. Que amosa unha actitude mesquiña e apegada ao diñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Salmo cincuenta, chamado así polo seu comezo en latín (Miserere mei Deus), que se emprega na liturxia do oficio de mañá, no oficio de defuntos e nos períodos penitenciais do ano litúrxico, entre outros.

    2. Composición musical propia do canto do miserere.

    3. Cerimonia relixiosa que se celebra en Coresma e na que se canta este salmo.

    4. íleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carencia extrema dos recursos necesarios para vivir. Na tradición oral recóllense ditos como: “Fame, sede, miseria e frío meten ao home na casa do seu inimigo”.

    2. Cousa de pouco valor ou cantidade moi pequena dalgunha cousa.

    3. Circunstancia adversa que fai a quen a padece digno de compaixón.

    4. Xeito de comportarse que implica mesquindade e avaricia.

    5. Conxunto de elementos que son indicio de extrema pobreza.

    6. Sucidade extrema, especialmente con presenza de parasitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Profunda piedade ou compaixón que impulsa a perdoar e a socorrer. Na tradición oral recóllense ditos como: “A gran pecado, gran misericordia”.

      2. obra de misericordia

        Cada unha das boas obras que teñen por obxecto axudar ao próximo. O catecismo tradicional divídeas en sete corporais: dar de comer ao que ten fame, dar de beber ao que ten sede, vestir ao nu, aloxar ao peregrino, visitar aos enfermos, redimir aos cativos e enterrar aos mortos; e sete espirituais: ensinar ao que non sabe, dar bo consello ao que o precisa, consolar ao aflixido, corrixir ao que se confunde, perdoar as inxurias, padecer con paciencia as fraquezas do próximo e pregar a Deus polos vivos e polos defuntos.

    1. Pequeno asento fixado á parte inferior das cadeiras abatibles dun coro monástico ou canónico que permite apoiarse ao tempo que se está dereito. Xeralmente decórase con figuracións esculpidas de carácter fantástico ou alegórico.

    2. Pequeno puñal co que antigamente se loitaba a falta doutras armas e se daba o golpe de graza ao adversario caído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Advocación mariana documentada desde o s XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Landro en Viveiro. Datada entre os ss XV e XVI, foi realizada en cantaría con arcos apuntados e tallamares triangulares. Ten dez vans e sitúase no camiño de Viveiro a Ortigueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen ten misericordia.

    2. Que amosa ou implica misericordia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é digno de compaixón pola súa desgraza ou por atoparse nunha situación desfavorable.

    2. Que vive na extrema pobreza.

    3. Que é mesquiño ou avarento.

    4. Que ten un valor insignificante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é extremadamente miserable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista ucraíno, irmán de Richard von Mises. Naturalizado estadounidense, foi partidario do liberalismo económico e totalmente oposto ao socialismo, que considerou incompatible coa racionalidade económica. Relacionouse con grupos de extrema dereita. Escribiu Sozialismus (1922), Liberalismus (1927), Omnipotent Government (1944) e Planning for Freedom (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático ucraíno, irmán de Ludwig Edler von Mises. Naturalizado estadounidense, participou no equipo dos Annals of Mathematical Statistics de EE UU, fixo contribucións ao campo da estatística matemática, como por exemplo a teoría dos colectivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elise Seybert.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e director de ballet. Estudou no Teatro Bolšoj de Moscova e formou unha compañía de ballet folclórico que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo lituano. Coñecido como Deborin, defendeu a dialéctica marxista. Foi acusado de idealismo de tendencia menxevique, mais tivo que retractarse e aceptar a ideoloxía oficial do réxime soviético. Escribiu Hegel i dialekticeskij materializm (Hegel e o materialismo dialéctico, 1929), Dialektika i jestestvoznanije (Dialéctica e ciencias naturais, 1930), Filozofija i marksism (Filosofía e marxismo, 1930) e Filosofija i politika (Filosofía e política, 1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do antropónimo masculino Moisés.

    VER O DETALLE DO TERMO