"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de goberno colectivo que rexeu Francia desde abril de 1793 a xullo de 1794. A elección dos seus membros pola Convención derivou nunha simple formalidade e acabou impoñendo a vontade revolucionaria de París no resto do territorio por riba da Asemblea. O primeiro Comité, liderado por Danton, distinguiuse do segundo ou Gran Comité de Salvación Pública (a partir de xullo-agosto de 1793). Comprendía un grupo político formado por Robespierre, asistido por Couthon e Saint-Just (o “triunvirato”), ademais de Barère, Billaud-Varenne e Collot d’Herbois, xunto a un grupo de técnicos. Contra a crise económica, extremou o racionamento e o control dos prezos. Practicou o réxime do terror, suprimiu as liberdades de culto e prensa, levou a cabo a descristianización e implantou o calendario revolucionario e o culto á razón. Contra os inimigos do exterior promoveu a mobilización xeral, a fabricación de armamento e a organización dos exércitos. Despois do Termidor e da execución de Robespierre e dos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado en Londres en 1850 por políticos exiliados de toda Europa a consecuencia dos feitos revolucionarios de 1848-1849. Estaba liderado polo italiano Giuseppe Mazzini, o francés Ledru-Rollin, o alemán Struve e o húngaro Kossuth. A súa finalidade era conseguir a liberación das nacionalidades oprimidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1951 coa finalidade de axudar os emigrantes de todo o mundo, sobre todo europeos, que quixeran establecerse en territorios de densidade demográfica escasa (Australia e Canadá) ou con falta de persoal técnico cualificado (América Latina). Axuda tamén ao restablecemento de refuxiados en lugares de asilo permanente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo de xestión creado en 1929 para preparar os Congrés Internationaux d’Architecture Moderne (Congresos Internacionais de Arquitectura Moderna, CIAM). Os seus membros, elixidos polo mesmo congreso, tiñan a misión de ocuparse dos temas centrais e da súa posterior resolución. En 1932 tivo lugar en Barcelona unha reunión do CIRPAC para preparar o Congreso de Moscova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización non gobernamental, integrada no Comité Olímpico Internacional, fundada o 23 de novembro de 1912 e presidida por Gonzalo de Figueroa ata 1921. O 11 de xaneiro de 1924 declarouse formalmente constituída, coincidindo coa entrada en vigor dos seus estatutos. Ten como principais misións promover no territorio español o espírito do olimpismo e organizar os equipos que participen nos Xogos Olímpicos en representación de España. Para esta última función colabora coas distintas federacións, que son membros do COE, e responsabilízase directamente da selección e dirección técnica dos deportistas nas súas respectivas modalidades. A súa orixe remóntase ao remate do s XIX; o primeiro antecedente corresponde á entrevista entre o barón de Coubertin e a raíña rexente María Cristina, na que o promotor da restauración do olimpismo solicitoulle a designación dun embaixador de España para o Comité Olímpico Internacional. Coa elección do marqués de Villamajor, Gonzalo de Figueroa, España quedou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional non gobernamental sen fins lucrativos que ostenta a suprema autoridade do movemento olímpico. Fundouse no Congreso de París o 23 de xuño de 1894 e a súa sede está en Lausanne (Suíza). Unha das súas principais atribucións, ademais da difusión do ideario olímpico, é a promoción, regulamentación e supervisión dos Xogos Olímpicos. En relación aos Xogos, correspóndenlle, entre outras, as decisións sobre as disciplinas deportivas que se inclúen no programa e as cidades onde se celebran. Os membros do COI son designados pola súa propia asemblea a proposta da Comisión Executiva. O seu organigrama está encabezado polo seu presidente, elixido de entre os seus membros mediante votación secreta para un período inicial de oito anos, prorrogables despois de someterse a unha reelección; o presidente representa permanentemente o COI, decide a constitución das diferentes comisións e grupos de traballo, e ten a facultade de designar os seus membros. Ademais, a Comisión Executiva...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo membro do Comité Olímpico Internacional que ten a responsabilidade de seleccionar os integrantes dos equipos que acoden aos Xogos Olímpicos en representación do territorio sobre o que exercen a súa xurisdición. Ademais, encárganse de velar pola difusión e observancia dos principios éticos e filosóficos do olimpismo no seu país. Os comités olímpicos nacionais deben ser admitidos pola Asemblea do COI e representar a estados plenamente soberanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión, producida no ano 1921, da Xuntanza Nazonalista da Habana liderada por Francisco Gómez. Caracterizouse polo seu carácter separatista, que o aproximou aos comités separatistas cataláns de Cuba e que o afastou doutros movementos galeguistas da illa.
-
-
Que ou quen confía a outro o coidado dos seus intereses.
-
Que ou quen vende por medio dun comisionista.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización estudantil nacida en 1983 na Universidade de Santiago de Compostela, a máis antiga das que se manteñen en activo no conxunto de España. Constituídas ao abeiro da asociación Estudiantes Revolucionarios Galegos (ERGA), axiña ampliaron a súa base organizativa con membros procedentes doutros grupos políticos de esquerda (Esquerda Galega, Movemento Comunista, Liga Comunista Revolucionaria, etc), co que lograron ter presenza en todo o mapa universitario galego. Cun ideario nacionalista e de esquerdas, contan cunha longa traxectoria de loitas e reivindicacións na universidade e, conxuntamente, con outros movementos de tipo sectorial (antimilitaristas, ecoloxistas, feministas, etc). Aínda que asumen a constitución dunha organización única que represente a todos os estudiantes galegos, carece de coordinación real co ensino medio e contan coa oposición de numerosos colectivos estudiantís creados dende o reitorado (Colectivo de Independentes de Vigo, Grupo Múltiple de Santiago, etc)....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupos organizados pola Unión do Pobo Galego (UPG) no ano 1970 co obxectivo de mobilizar o campesiñado galego dentro do bloque de ‘forzas revolucionarias’ que aspiraban a transformar Galicia. Os primeiros integrantes foron técnicos de Extensión Agraria de ideoloxía nacionalista, membros ou achegados á UPG, baixo o liderado de Ramón Muñiz. Axiña se incorporaron a este proxecto político estudiantes universitarios ou de formación profesional procedentes do medio rural e algúns cregos próximos a Cristiáns polo Socialismo. Entre o ano 1970 e o 1972 establecéronse por toda Galicia, sobre todo nas áreas de Monforte, Ribadeo, O Courel, A Fonsagrada, Verín, O Barbanza, Soutomaior, Troáns, Arbo, Sela, Cuntis e Vilanova. Os CALL foron o xermolo das Comisións Labregas (CC LL), creadas en 1973 e dende 1989 denominadas Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CC LL), e permaneceron activos ata 1975, cando xunto coas CC LL, elaboraron o Programa Agrario galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupos de estudiantes constituídos na Universidade de Santiago de Compostela a partir de 1973, ao abeiro do Movimiento Comunista de España (MCE) e da Liga Comunista Revolucionaria (LCR). O seu obxectivo era dinamizar os estudiantes a través de asembleas, folgas ou manifestacións, en coordinación coa loita obreira e antifranquista. Malia que lograron unha destacada presenza no eido universitario, as diferentes escisións (Comités de Estudiantes en Lucha -CEL-, Comités de Estudantes Anticapitalistas -CEA-), os cambios políticos que viviu Galicia durante a transición levaron á súa disolución cara a 1976.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de carácter internacional xurdida despois da Revolución Sandinista de Nicaragua (1979). Entre as actividades que desenvolveu están a divulgación da situación dos países centroamericanos e a busca de apoios para as organizacións políticas ou sociais de Nicaragua, El Salvador e Guatemala, que procuraban a transformación das súas sociedades. Implicáronse posteriormente na denuncia das ditaduras chilena e arxentina e do bloqueo estadounidense sobre Cuba, ao tempo que enviaron grupos a Centroamérica para coñecer a súa realidade e colaborar materialmente en proxectos de cooperación desenvolvidos nas súas comunidades. Dende finais dos oitenta, emprenderon campañas de denuncia e mobilización sobre a inxusta orde mundial, e de apoio ás demandas de organizacións populares brasileiras, chiapanecas, timorenses, kurdas e saharauis, entre outras. No 1998 refundáronse como Comités de Solidariedade de Galiza-COSAL. Editan a revista Outrasvozes.
-
-
Grupo de persoas que acompañan a un personaxe importante ou a unha autoridade.
-
Conxunto de persoas reunidas para ir a algún lugar.
-
Grupo de homes ligados a un xefe guerreiro, príncipe ou señor territorial por un vínculo de clientela militar. A comitiva alcanzou un gran desenvolvemento entre os pobos xermánicos; moitos homes libres uníronse a un xefe militar ou a un nobre a cambio de protección, armamento e víveres. Esta institución perviviu nos reinos xermánicos como precedente do réxime feudal.
-
-
-
-
Oficial dun navío, responsable técnico da navegación. Ata finais do s XVI tiña ao seu cargo comandar o navío, pero foi substituído polo capitán como xefe militar e polo patrón como responsable financeiro. As súas funcións quedaron reducidas á dirección da manobra, á propulsión do navío e ao goberno directo dos galeotes.
-
cómitre maior
Cómitre da capitanía nunha escuadra.
-
-
Mestre ou patrón dun navío mercante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo do Estado francés creado en 1945 para canalizar a busca fundamental e aplicada da enerxía nuclear. Dispón de diversos centros de estudios nucleares (Fontenay-aux-Roses, Saclay, Grenoble e Cadarache) e xerou algunhas sociedades filiais, de estatuto privado, para as actividades economicamente rendibles.
-
-
Árbitro nomeado para decidir unha cuestión litixiosa. Pode ser de dereito, se é un letrado e decide conforme ás normas xurídicas; ou de equidade, se non é xurista e decide en función do seu leal criterio.
-
En certas eleccións, elector a quen os outros lle coutorgan poderes para elixir.
-
Representante designado nas eleccións primarias de certos sistemas electorais, para que vote nas secundarias ou nas dun grao ulterior. Trátase dun sistema común nos EE UU e nalgúns países latinoamericanos para a elección do presidente da república. No Estado español, só existiu en 1877 para a elección de senadores e en 1931 para a elección do presidente da república.
-
-
-
-
Obrigación contraída entre persoas por unha promesa, unha palabra dada, etc.
-
Na literatura, no cine ou en calquera outro medio artístico, tendencia que concibe a obra co obxectivo fundamental de que interveña na transformación da sociedade, desde un punto de vista ideolóxico ou político. Oponse á concepción da “arte pola arte”, que vindica o valor estético das manifestacións artísticas e que lle nega a capacidade de operar cambios na sociedade. No eido literario houbo, ao longo da historia, momentos nos que a implicación dos intelectuais na dinámica socio-política foi máis acusada, como aconteceu no romanticismo (Vic22tor Hugo e Mariano J. de Larra) e no realismo (Èmile Zola). Hai que salientar as achegas de Jean-Paul Sartre á reflexión sobre o papel do escritor na sociedade a través da revista Les temps modernes e do ensaio Qu’est-ce que la littérature? (Que é a literatura?, 1974). Un modelo de literatura comprometida foi a obra dramática de Bertolt Brecht, na que a implicación política e social vinculouse ao pulo renovador de formas e técnicas....
-
-
Situación difícil ou crítica na que é complicado decidir qué facer. Na tradición oral recóllense ditos como: “Moi mal me quer o que nun compromiso me quixo meter”.
-
-
Contrato especial formalizado en escritura pública polo que as partes dunha controversia estipulan que o conflito existente entre elas sexa resolto por terceiras persoas, unha ou máis en número necesariamente impar, designadas por elas mesmas. As partes teñen o acordo expreso de acatar a súa decisión.
-
Escritura ou acta na que consta o compromiso das partes a someterse a unha arbitraxe imparcial.
-
Resolución dun litixio por arbitraxe.
-
-
-
Delegación que, co fin de elixir os ocupantes de determinados cargos civís ou eclesiásticos, fan os electores nun deles ou en máis dun para designar o que debe de ser nomeado para o cargo.
-
...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao compromiso.
-
cláusula compromisoria.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación relixiosa que se editou en Ferrol en setembro de 1981. De tendencia católica, dedicouse a ofrecer información sobre o desenvolvemento da vida parroquial.
VER O DETALLE DO TERMO