"Ons" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1222.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Coñecido pola novela realista Monsieur des Lourdines (Señor das Lourdines, Premio Goncourt, 1911), evolucionou cara a un misticismo antiintelectualista en novelas posteriores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Konstantin Ustinovič Černenko.
-
PERSOEIRO
Escritor. Da súa produción cómpre salientar Ciresarii (1956), Pasiuni (1964), Trilogia înalb (1966-1969) e Adîncimi (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Torneo das Seis Nacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea que, xunto co Consello dos Anciáns (250 membros), formaba o corpo lexislativo do Directorio (1795-1799). Estaba composta por 500 membros de máis de trinta anos, elixidos por tres anos. Creado en 1795, foi disolto por Napoleón Bonaparte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que adoptaron as Xornadas do Cine en Ourense na súa última edición, no ano 1978.
-
PERSOEIRO
Científico ruso. Foi un dos membros máis destacados da primeira xeración de pioneiros da astronáutica. En 1903 anticipou as teorías que despois fixeron posible o desenvolvemento desta ciencia. Expuxo por vez primeira a posibilidade de viaxar polo espazo extraatmosférico aproveitando o poder de reacción dos foguetes pola súa propulsión. Estableceu a razón de masas dos foguetes e deu a coñecer a fórmula fundamental da astronáutica. Como consecuencia desta estableceuse o sistema de dividir os foguetes en diversos tramos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca ecuménico (596). Acolleu a viúva e os fillos do Emperador Mauricio, perseguidos a morte por Focas; como consecuencia, foi privado de moitos dos privilexios que lle outorgara o seu antecesor, sufriu persecución e foi asasinado. É venerado como santo polos ortodoxos e celébrase o 27 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico publicado na Coruña dende setembro de 1812 ata 1815. Considerado como un dos máis liberais de España, estaba dirixido por Antonio de la Peña. Colaboraron na súa redacción Pardo de Andrade e Marcelo Calero. O seu obxectivo era de defender as ideas liberais da Constitución de 1812 e atacar a Inquisición. Levaba como subtítulo unha frase de Tácito: “Sentire, quae velis, et quae sentias, dicere licet”. No número 274 publicou o “Romance pola volta de Fernando VII”. Os seus integrantes formaron unha comisión para loitar contra o “poder arbitrario”, da que formaban parte Manuel Calero, José Commock, F. Javier Puig, Vicente Fernández ou Pablo Jerica.
-
PERSOEIRO
Pintor e compositor lituano. Perseguiu a integración das artes e tratou de facer unha pintura máis próxima á música e á poesía; o seu cadro Sonata de outono inspírase nun poema de Edgar Allan Poe. O seu interese pola metafísica e o espiritismo levárono a pintar Sonata do mar, Preludio ou Zodíaco, obras nas que intentou plasmar unha pintura pura que se ten considerado precursora directa da de Kandinskij. Como compositor é autor de poemas sinfónicos (O bosque, 1901), cantatas (De profundis) e pezas para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Disposicións promulgadas en Clarendon Park polo Rei Enrique II de Inglaterra en 1164, nas que se definían e limitaban os dereitos do clero. Foron rexeitadas polo chanceler Thomas Becket e polo Papa Alexandre III.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recompilación de todas as normas xurídicas que regulan a vida das igrexas orientais católicas. Foi promulgado por Xoán Paulo II en 1990 para as vinte e unha igrexas orientais en comuñón con Roma e correspondentes a cinco ritos diferentes: o alexandrino (igrexas copta e etíope), o de Antioquía (igrexas malankar, maronita e siríaca) o bizantino (igrexas albanesa, bielorrusa, búlgara, eslovaca, grega, húngara, italo-albanesa, iugoslava, melquita, romana, rusa, rutena e ucraína) o armenio (igrexa armenia) e o caldeo (igrexas caldea e malabar).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedades configuradas en Galicia desde os anos sesenta para recuperar as sociedades agrarias e construír un auténtico sindicato agrario. Defendían un sindicato galego, democrático, asembleario, antimonopolista e autónomo con respecto a unha futura confederación. O primeiro chamamento asinado por estas comisións data das loitas polo cooperativismo democrático do Ribeiro, de finais dos anos sesenta. Desde os anos setenta, esforzáronse por recuperar os organismos de coordinación e celebraron diversas asambleas (1974 e 1976). En outubro de 1976, unha coordinadora convocou a todo o campesiñado galego para promover a creación e legalización das sociedades agrarias. Publicaron o boletín Democracia Campesiña, do que só saíu un exemplar, en 1973, e Voceiro Labrego, en 1975, ao redor do que se consolidou a Coordinadora Nacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sindicato galego xurdido na década dos setenta para diminuír o peso que as confrarías de pescadores, con vocación vertical, tiñan no sector dos traballadores do mar. Agrupa o conxunto de traballadores de baixura, altura, marisqueo e acuicultura, ademais de pequenos armadores. A súa primeira asemblea, que se celebrou na Illa de Arousa en xaneiro de 1975 como culminación de anteriores asembleas de portos, aprobou a Plataforma reivindicativa dos traballadores do mar de pesca de altura e litoral. Neste documento, que serviu de programa provisional, propúñase a explotación racional dos recursos do mar, solicitábanse medidas de seguridade no posto de traballo, un salario mínimo (que naquel momento se establecía en 25.000 pesetas con independencia da participación na pesca capturada), unha xornada de oito horas e outras medidas sociais, e esixíase a supresión da lexislación militar na pesca. Nos primeiros anos foron os seus responsables Manuel Pillado, Begoña Palacio, Tito Ucha e Romualdo...
-
ENTRADA LARGA
Sindicato Nacional de CC OO de Galicia constituído en marzo de 1978, é unha organización de clase que ten por tarefa principal a defensa dos intereses da clase traballadora e dos dereitos nacionais de Galicia na perspectiva do socialismo democrático. Desenvolve a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO
Órganos, estrutura e obxectivos
Os órganos de dirección son o Congreso Nacional, máximo órgano deliberante e decisorio; a Conferencia Nacional, convocada intercongresualmente para cuestións de interese puntual; o Consello Nacional, máximo órgano de dirección e representación entre congresos; e a Comisión Executiva Nacional, órgano de dirección que leva á práctica as decisións e directrices adoptadas polo Consello e polo Congreso. A coordinación está a cargo do Comité Nacional e a representación legal e pública recae no Secretario Xeral. A estrutura interna é en sentido vertical, para atender a rama laboral, e horizontal, en atención á súa procedencia territorial... -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo constituído baixo os auspicios da ONU no ano 1959. Ten por misión o establecemento de recomendacións técnicas e de tarifas para regular as comunicacións telegráficas e telefónicas a escala mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano con carácter consultivo creado polo Tratado da Unión Europea e asinado en Maastricht o 7 de febreiro de 1992. Está composto por representantes das colectividades rexionais e locais dos quince estados membros da UE. Os seus compoñentes son nomeados polos membros do Consello Europeo, por catro anos e por unanimidade. O Comité das Rexións pode ser consultado polo Consello ou pola Comisión Europea en materias de educación, xuventude, cultura, saúde pública, redes transeuropeas e cohesión económica e social. Tamén pode emitir un ditame por propia iniciativa cando se considera que están en xogo intereses rexionais específicos.
-
PERSOEIRO
Economista norteamericano. Investigou no campo das relacións industriais e da economía monetaria. Escribiu The Distribution of Wealth (A distribución da riqueza, 1893) e History of Labour in the United States (Historia do traballo nos EE UU, 1918-1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de nacións constituída polo Reino Unido (coas súas colonias e dependencias) e por unha serie de estados soberanos nacidos a partir do imperio colonial británico. Réxense por un complexo sistema de reunións e consultas, entre as que destacan as reunións de ministros de finanzas e as conferencias dos xefes de goberno. O órgano permanente é a Secretaría Xeral, creada en 1965. As grandes diferencias económicas, culturais e políticas que separan e, a miúdo, enfrontan os membros, non esgotan en gran parte a súa eficacia. Só no terreo arancelario (tarifas preferenciais) se alcanzaron acordos importantes. Aínda que ata finais de 1926 non se produciu a primeira formulación oficial, cómpre situar as orixes na segunda metade do s XIX e nas primeiras décadas do s XX, período durante o que as colonias británicas con maioría de poboación branca (Canadá, Australia, etc) alcanzaron o estatuto de dominio e, xuntas, unha autonomía que se parecía moito á independencia. Os tratados de paz asinados...