"Pin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 715.
-
GALICIA
Impresor, fillo de Alberto Nuñez. Traballou nos obradoiros tipográficos do seu pai en Santiago de Compostela entre 1840 e 1853, e foi o editor de Composiciones fúnebres, do doutor Turnes Maldonado, e de Decadencia de Galicia, anónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do län de Södermanland, Suecia, porto do Mar Báltico, situado na desembocadura do Nykipingsån (49.063 h [estim 2000]). Conta con industrias de antiga tradición de ferro e de latón. Destaca a produción de fariñas, a industria téxtil e a fabricación de mobles. Conserva ruínas restauradas do castelo de Nyköpingshus e a igrexa de San Nicolao.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Coñecido como Manoel de Oliveira, foi un documentalista relevante entre 1930 e 1940 (Douro, Faina Fluvial, 1931). Considerado o director máis importante do cine portugués, destacan os seus filmes, Aniki-Bobó (1942), Amor de perdição (1978), Francisca (1981), Le soulier de satin (1985), Os canibais (1988), Non ou a Vã Glória de Mandar (1990), A Divina Comédia (1991), O convento (1995), Inquietude (1998), O Princípio da Incerteza (2002), Um Filme Falado (2003) e O Quinto Império. Ontem como Hoje (2004). Recibiu o Leone d’Oro de Venecia pola súa carreira cinematográfica (2004) e o Premio Cineuropa de Santiago de Compostela (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
opinable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser materia de opinión.
-
-
Formar ou ter opinión sobre unha cousa.
-
Manifestar alguén a súa opinión.
-
Ter unha idea formada e determinada sobre algo.
-
Declarar ou manifestar alguén a súa opinión.
-
-
-
Idea ou xuízo que se pensa sobre algo ou alguén.
-
-
Concepto que se ten dunha cousa cuestionable.
-
Tipo de coñecemento, que se sitúa entre a ciencia (episteme), o coñecemento propiamente verdadeiro, e a ignorancia (agnoia), que implica un xuízo sobre a aparencia. Está vinculado intrinsecamente á doutrina platónica do mundo intelixible, en contraposición ao mundo da realidade sensible, e no concepto filosófico de opinión (doxa) queda sempre aberta a posibilidade de que a afirmación contraria sexa a verdadeira.
-
opinión pública
Estado de consciencia colectiva dunha comunidade que pode ser (ou non) areposta a un feito-estímulo determinado. O coñecemento da opinión pública foi un sistema eficaz de orientación da propia política e a posibilidade de controlala é un factor aínda máis prezado. A redefinición do concepto relacionouse con boa parte dos estudos sobre os efectos sociais da comunicación de masas, co control dos medios de información e coa existencia de monopolios.
-
opinión teolóxica
Doutrina teolóxica que non foi aceptada como dogma nin como artigo de fe e que tampouco corresponde ao maxisterio eclesiástico, aínda que adoita ir ligada, como explicación ulterior dun punto concreto, a algunha doutrina recoñecida oficialmente.
-
-
Concepto que se ten dunha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de información xeral publicado na Coruña a partir do 4 de outubro de 2000. Pertencente á Editorial Prensa Ibérica, é un dos xornais máis novos do grupo. Dirixido por Francisco Orsini, conta coas colaboracións de destacados escritores e xornalistas, como Fernando Jáuregui, Juan J. Millás, Luis del Val e Ánxel Vence, aínda que tamén outorga bastante protagonismo á opinión dos lectores. Prioriza as noticias de carácter local e comarcal da cidade herculina e inclúe unha páxina dedicada a cada un dos concellos que conforman a área metropolitana, que completa coa información da provincia, Galicia, España e o resto dos contidos propios dos xornais de difusión da comunidade galega. Con esta cabeceira, Prensa Ibérica entrou no mercado coruñés para competir con La Voz de Galicia no seu mercado natural. Distribúe, semanalmente, os suplementos “Motor” (luns), “Campeones” (martes), “Saberes” (sábado) e “El Domingo” (domingo). Na rede Internet aparece, tamén desde outubro de 2000, a versión electrónica...
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Ortigueira a partir de febreiro de 1912. Cesou a finais de 1913. Dirixido por Emilio Carballés, editouse nos obradoiros de Heraldo de Vivero ata agosto de 1912, en que pasou aos obradoiros de Fojo, en Ortigueira. Aínda que se denominaba independente, era de tendencia liberal e estivo promovido por Leandro Pita Sánchez-Boado. El Eco Ortegano foi o seu rival político.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Bos Aires a partir do 1 de outubro de 1934. Foi o voceiro da Organización Nazonalista Repubricana de Bos Aires. De periodicidade mensual, dirixiuse cara á colectividade da capital arxentina. Dirixido a partir do número 5 por Xosé Barreiro Romero, apoiou o Partido Galeguista, fixo publicidade das súas actividades e serviu como vía para axudas económicas. Amosou a súa solidariedade coas causas catalá e vasca e a súa admiración por Irlanda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Bos Aires a partir de 22 de decembro de 1945. Dirixida por Rodolfo Prada e Valeriano Saco, estivo promovida polo Centro Ourensán e o Centro Pontevedrés desta cidade. Baixo a premisa de contribuír á elevación moral, intelectual e económica do colectivo galego, contou coa participación de destacados membros da política e da cultura galega no exilio. Incluíu recensións e listados coas novidades literarias en Galicia. Foi continuadora de El Orensano, órgano oficial do Centro Ourensán e Pontevedrés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Ourense a partir de novembro de 1886. Editado nos obradoiros tipográficos Galaica, foi dirixido por Luciano Cid Hermida. Saíu dúas veces á semana (mércores e sábado) e incluíu información xeral e local, notas bibliográficas, artigos culturais e poemas en galego. Amosou un grande interese polos problemas do campesiñado en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir de setembro de 1863 e que cesou en 1865. Subtitulado “Periódico independiente de intereses morales y materiales”, editouse nos obradoiros de Manuel Mirás. De tendencia progresista, saíu dúas veces á semana e foi dirixido por Uxío Montero. Mantivo numerosas polémicas con El Restaurador, contra o que defendía unha maior participación da sociedade na administración local.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Pontevedra a partir de 1884. Subtitulouse “Diario de Pontevedra”. A partir de 1896 comezou unha segunda época, en que se incluíron folletos como o de “Pedro Madruga (drama histórico nun auto e tres coadros)”, de Xoán Cuveiro Piñol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Vigo a partir de outubro de 1898. De tendencia republicana, na súa redacción participaron Celestino L. Martí e Saturnino Suárez. Seguiu a liña política de Manuel Becerra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Verín aparecido en 1899. O 11 de novembro de 1900 comezou unha segunda época baixo a dirección de Antonio Rodríguez Toules. Contou coas colaboracións de Agustín Cancio Amoreiro e Manuel Núñez González.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Monforte de Lemos a partir de 1903. Non cesou antes de maio de 1905. Subtitulouse “Semanario defensor de los intereses locales” e o seu director foi Xosé Rodríguez Lence, fundador e director anos máis tarde de El Correo de Galicia, en Bos Aires.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Tui a partir do 6 de decembro de 1908. Cesou en febreiro de 1910. Editado en Vigo nos obradoiros tipográficos de La Nueva Prensa, o seu propietario foi Xesús Rivas Begarín e os seus directores Manuel Cela e Darío Álvarez Limeses. A publicación xurdiu co obxectivo de combater o cacique Venancio Lorenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Redondela a partir de 1909, que non cesou antes de 1913. Subtitulouse “Semanario independiente”. De tendencia inicialmente agrarista, apareceu como instrumento informativo e rival de La Idea, semanario seguidor de Riestra. Evolucionou cara a un republicanismo moderado. Entre os seus colaboradores apareceron diversos nomes ligados ao movemento agrario.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Ortigueira a partir de 1931 e que non cesou ata o ano seguinte. Dirixido por Aniceto Pardo, subtitulouse “Periódico político. Órgano del Partido Republicano Radical en la comarca de ORTIGUEIRA”, e foi o órgano de expresión desa organización na cidade.
VER O DETALLE DO TERMO