"dis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 645.

  • Centro de asistencia pública vinculado aos servicios de asistencia sanitaria colectivos. Os primeiros dispensarios foron creados polas asociacións de beneficencia co fin de ofrecer, gratuitamente, tanto asistencia médica como medicamentos. A partir do s XIX transformáronse en centros de diagnóstico e profilaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dixestión difícil e laboriosa de carácter crónico. Non expresa unha enfermidade, senón a percepción, no medio do ventre, de trastornos relacionados coa dixestión. As dispepsias son primitivas, comprenden os trastornos dixestivos altos de causas imprecisas, e secundarias, refírense aos trastornos da función gástrica orixinados na patoloxía dun órgano dixestivo ou en alteracións non dixestivas. Fanse dous grandes grupos: as hiperesténicas, en que o malestar non aparece ata que transcorreron unhas cantas horas desde a inxestión de alimentos, e as hipoesténicas, en que o malestar se manifesta cando o estómago está cheo de alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dispepsia.

    2. Que ou quen sofre dispepsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao óvulo fecundado por dous espermatozoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos froitos que presentan dúas sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de dispersar ou dispersarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dispersa.

    2. Substancia que, por mor da diminución da tensión superficial que orixina, facilita a dispersión da fase dixestiva no medio de dispersión. Emprégase na fabricación de pinturas e tamén como emulsionante.

    3. Aparato que reduce as substancias a dimensións coloidais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dispersa.

    2. Aditivo alimentario que facilita a dispersión e a eventual disolución dun alimento sólido nun líquido. O dioctilsulfosucinato sódico é un dispersante aceptado na maioría dos códigos alimentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar en distintas direccións persoas ou cousas que estaban xuntas ou formando grupo.

    2. Repartir a atención, o esforzo, as facultades ou actividades en múltiples direccións.

    3. Efectuar unha dispersión.

    4. Separarse en distintas direccións persoas ou cousas que estaban unidas.

    5. Producirse unha dispersión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de dispersar ou dispersarse.

    2. Condición de disperso.

    3. Desviación dun conxunto de valores respecto dun valor central, xeralmente o valor medio. Mídese mediante a desviación media, a desviación típica e a variación.

    4. Proceso mediante o que ten lugar un cambio nas constantes físicas, ou mesmo da natureza, dunha onda ou dun feixe de partículas que atravesan un medio, a causa da interacción coas partículas deste. Denomínase tamén así a difusión á que se somete a onda ou o feixe de partículas en cuestión, como consecuencia deste proceso.

    5. Fenómeno consistente no feito de que unha parte do fluxo magnético dunha máquina eléctrica, como por exemplo un transformador, se desvía do circuíto magnético, xeralmente de ferro, e se pecha a través do aire, co que se reduce o fluxo útil.

    6. ariación do índice de refracción dunha substancia ao cambiar a frecuencia da luz incidente.

    7. Sistema heteroxéneo formado por dúas ou máis fases, en que a fase dispersa está en suspensión no medio da fase dispersante, que pode ser un líquido, un sólido ou un gas.

    8. Forma de poboación que corresponde ao hábitat disperso.

    9. Distribución, arredor do obxectivo de tiro, dos impactos producidos polos proxectís disparados por unha peza de artillería, sen variar os datos da puntería e coa mesma carga de proxección. Esta distribución segue a lei de Gauss ou lei normal. A dispersión de tiro prodúcese principalmente polas irregularidades na rotación do proxectil debidas a desprazamentos do centro de gravidade e polas pequenas diferencias nas cargas de proxección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que dispersa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dispersión.

    2. Que está dispersado.

    3. Colorante insoluble que se aplica para formar unha dispersión fina na auga. Emprégase fundamentalmente para a coloración de fibras sintéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. coloide.

    2. Partícula de dimensións intermedias entre as dunha suspensión de partículas polimoleculares, visibles nun medio líquido, e as dunha solución de partículas moleculares, opticamente baleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dispersa.

    2. Instrumento empregado para dispersar a luz, isto é, para separar os compoñentes monocromáticos dunha radiación composta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das aizoáceas, de follas perennes, grosas e suculentas, de sección triangular e de ata 3,5 cm de lonxitude. As flores son de cor vermella, duns 4 cm de diámetro, formadas por numerosos estames petaloides brillantes. A especie D. crassifolium, orixinaria de África do Sur, cultívase como planta ornamental na Península Ibérica, onde se naturalizou na Extremadura portuguesa e sur de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía no desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á displasia.

    2. Que ou quen, por constitución, non se adapta a ningún biotipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mobiliario ou estrutura en que se colocan os produtos para a súa exhibición.

    2. Material promocional, xeralmente un cartel ou outro obxecto publicitario.

    3. Dispositivo para a representación visual da información, como o monitor ou a impresora dun ordenador ou a pantalla dunha calculadora.

    4. Pauta de comportamento, xeralmente ritual e rechamante, que pode afectar ao comportamento dos individuos aos que se dirixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de displicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que amosa falta de interese, entusiasmo ou afecto.

    2. Que se caracteriza polo seu mal humor.

    VER O DETALLE DO TERMO