"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
-
Relativo ou pertencente ao hiperboloide.
-
Que ten a forma dun hiperboloide.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuádrica que, respecto aos seus tres eixes de simetría, ten por ecuación (x2/a2) + (y2/b2) - (z2/c2) = 91. Un hiperboloide denomínase de revolución cando se pode considerar xenerado pola rotación dunha hipérbole ao redor dun dos seus eixes de simetría.
-
-
Que está situado no extremo N do Ártico.
-
Relativo ou pertencente ás zonas máis setentrionais do planeta.
-
Pobo mítico natural do extremo setentrional, desde onde sopra o bóreas. Atribúeselle o coñecemento da maxia e a súa lenda lígase á de Apolo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xeneralización do cubo nun espazo de máis de tres dimensións.
-
-
Relativo ou pertencente aos hipobóscidos.
-
Insecto da familia dos hipobóscidos.
-
Familia de dípteros hematófagos que presenta o corpo aplanado e os palpos alongados e modificados protexendo a trompa. Son parasitos de aves e mamíferos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos holometábolos.
-
Insecto do grupo dos holometábolos.
-
Grupo de insectos que se caracteriza por presentar unha metamorfose completa, con tres estadios de desenvolvemento: eiruga, ninfa ou crisálida e imago ou adulto. Son holometábolos os dípteros, os lepidópteros ou os coleópteros. Tamén se denominan endopterigotos.
-
-
CABOS
Cabo que constitúe o extremo occidental da península do Morrazo e o meridional da Costa da Vela, no litoral da parroquia do Hío (Cangas).
VER O DETALLE DO TERMO -
CABOS
Cabo da illa Hornos, no arquipélago de Wollaston (Chile), que constitúe o extremo meridional de América.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor checo. Procedente dunha familia burguesa, doutorouse en Dereito na Universidade de Praga e comezou a escribir na década de 1930. A súa obra obtivo unha enorme difusión en toda Europa, onde está considerado como un dos máis destacados narradores. Realista e fantástico, nos seus libros reflíctese desde a complexidade de Kafka ata a vea popular de Hasek. Das súas obras destacan Ostre slevadoné vlaky (Trens rigorosamente vixiados, 1965), Inzerát na dum, ve kterém uz nechci bydlet (Anuncio unha casa onde non quero vivir, 1965), Obsluhoval jsem anglického krále (Eu servín o rei de Inglaterra, 1971), Prílis hlucná samota (Unha soidade demasiado ruidosa, 1976), Postriziny (Personaxes nunha paisaxe infantil, 1976), Kdo jsem (Que son eu, 1984), Miy svět (1989) e Ponorné říčky (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Angola (34.274 km2; 1.730.000 h [estim 1996]). A súa capital é Huambo (203.000 h [1983]).
-
PERSOEIRO
Naturalista, xeógrafo e astrónomo. Estudiou en Frankfurt, Berlín, Göttingen e Friburgo de Brisgovia. Viaxou por diversos países de Europa, do continente americano (Venezuela, Cuba, Colombia, Ecuador, Perú e México) e do continente asiático (Urais, Siberia, Altai e o Mar Caspio) Estas expedicións déronlle unha gran reputación ao redor do mundo. As súas acertadas observacións e as súas achegas científicas fixérono un dos grandes creadores da xeografía moderna, moi particularmente no ámbito da xeobotánica. Descubriu a corrente mariña que leva o seu nome. Tamén estudiou astronomía. A súa obra escrita é moi extensa, pero cómpre destacar a súa obra fundamental Kosmos (1845).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente mariña fría (entre 15 °C e 19 °C) do Océano Pacífico que circula paralela á costa occidental sudamericana ata achegarse ao ecuador, onde vira cara ao O para penetrar no Océano Pacífico. Leva en suspensión grandes cantidades de plancto e tamén de peixes, que á súa vez favorecen a existencia de inmensas colonias de aves mariñas que producen o guano que cobre as plataformas costeiras. Tamén é coñecida como corrente de Perú.
-
PERSOEIRO
Político e filólogo alemán. Os seus estudios sobre literatura e antropoloxía levárono a relacionarse con Goethe e con outros poetas de Weimar. Participou na fundación da Universidade de Berlín, da que foi o primeiro reitor (1809-1810). Tamén asistiu ao Congreso de Viena (1814-1815) e colaborou na redacción dos tratados que puxeron fin ás guerras napoleónicas e na elaboración de distintos proxectos de carácter liberal. Despois de retirarse da vida política, dedicouse á investigación lingüístico-filosófica e á pedagoxía. Foi autor de manuscritos posteriormente editados como o Gesammelte Schriften.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei galés. Foi autor dunha compilación legal que, ademais da súa importancia para a historia da xurisprudencia europea, contribuíu ao desenvolvemento da literatura galesa. Así mesmo, coa súa dicción lúcida, nobre e simple influíu na prosa medieval dos Mabinogion.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor xudeu. Rabino de Toledo ata 1492, escribiu diversos comentarios bíblicos e talmúdicos, ademais da obra ética Měnorat ha-Maor (O candelabro da luz).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Monxe dominicano, foi provincial en Lombardia e arcebispo de Xénova (1292). Escribiu diversos libros de sermóns en latín, Chronicon Ianuense, que vai desde a fundación de Xénova ata 1295, e Legenda sanctorum ou Lenda áurea (1253-1270), que durante a Idade Media se converteu nunha especie de breviario para os laicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pé característico da poesía grega e latina composto de dúas sílabas: a primeira breve e a outra longa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Juana Fernández Morales.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo ibo.
-
Individuo do pobo ibo.
-
Pobo africano estendido polo SL de Nixeria, que se dedicou tradicionalmente á agricultura sedentaria. Inicialmente opuxéronse á ocupación colonial británica, pero posteriormente adoptaron o cristianismo e integráronse como subalternos na administración. Esta situación provocou enfrontamentos con outros grupos étnicos. Trala independencia o predominio dos hausa no goberno de Nixeria provocou o intento de secesión dos ibos, que foron practicamente exterminados durante a Guerra de Biafra (1967-1970).
-
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Exerceu como xornalista no Severo-Donetszki Kommunist e no diario Krasnaia Bachkiria. Redactor xefe do periódico moscovita Bednota, aprendeu fotografía con Rodtchenko. Da súa obra cómpre salientar diversas imaxes sobre grandes construcións soviéticas, fotografías aéreas e varios documentais.
VER O DETALLE DO TERMO