"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • PERSOEIRO

    Emperador romano (161-169). Adoptado por Antonio Pío, foi asociado ao trono, que compartiu con Marco Aurelio. Dirixiu a guerra contra os partos (161-166) e conseguiu a incorporación de Osreone, que foi anexada a Capadocia. Volveu a Roma (166) e máis tarde loitou contra as tribos xermanas na fronteira do Rin-Danubio (167). Morreu á volta desta campaña militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do xentilicio romano Lucretia, que tamén se usaba en masculino Lucretius, de orixe etrusca e significado incerto. Relaciónase con Luceres, unha das tribos primitivas que formou o estado romano, ou co nome propio etrusco Laucri. Entre os personaxes históricos que levaron este nome cómpre salientar a Lucrecia, Lucrecia Borja (1480-1519) e a mártir santa Lucrecia de Mérida. A súa festividade celébrase o 23 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e filósofo latino. Mantivo amizade con Cicerón e co seu círculo e tamén co aristócrata Memmio, a quen lle dedicou De rerum natura. Segundo san Xerome, suicidouse aos 44 anos, enlouquecido tras tomar un bebedizo amoroso. Filósofo materialista, inspirouse no epicureísmo para a composición do seu poema, arduo e difícil, escrito en hexámetros e de forma arcaizante. A través dos seus seis libros tratou con detalle as súas consideracións filosófico-científicas, que semellaban moi específicas do epicureísmo romano. Considerado como un dos mestres das letras latinas, foi un dos iniciadores do humanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Presidiu o I Concilio de Braga (561), que tiña como fin regular os preceptos da fe ortodoxa e dos deberes clericais relativos ao culto de Deus. Asistiron oito bispos e ocupáronse tamén de buscar unha solución definitiva ao problema do priscilianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Acompañou a Lucio Cornelio Sula nas guerras mársica e mitridática. Edil (79 a C) e pretor (78 a C), foi nomeado cónsul en 74 a C co apoio de Sula. Derrotou a Tigranes no seu avance por Armenia. Posteriormente tivo que cederlle o mando a Pompeio (66 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción barroca situada en Lugo, que pertenceu aos Lemos e Osorio. Construíuse entre 1478 e 1480, e reformouse durante o bispado de Caietano Gil Taboada (1735-1745). Destaca o patio interior de planta cadrada e a fachada principal, decorada co brasón do bispo. Sobre o tellado destaca un frontón, de época anterior, composto por un balcón cos escudos dos Lemos e Osorio e os Reis Católicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento público onde se escritura o acto de luír.

    2. Importe do laudemio.

    3. Pagamento do laudemio.

    4. Redención de censos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro creada en 1996, despois da firma dun protocolo entre o concello da Coruña e a viúva de Luís Seoane, en que esta cedeu á Fundación un conxunto do legado do artista formado por máis de douscentos óleos, a totalidade da obra gráfica, libros, documentos e obxectos persoais. Estivo presidida pola viúva de Seoane, Maruxa Fernández, ata a súa morte o 26 de marzo de 2003 e desde febreiro de 2004 por Silvia Longueira. O 9 de maio do 2003 abriu as súas portas no antigo cuartel de Macanaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación cultural privada e sen ánimo de lucro constituída en Santiago de Compostela o 9 de Outubro de 1989. Dos seus obxetivos destacan fomentar o coñecemento e a difusión da cultura sindical, axudar ao estudo e investigación da historia dos sindicatos, en particular da UXT de Galicia, do sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega; contribuír á formación de responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento das súas responsabilidades; contribuír ao estudo e á investigación da emigración galega, ser depositaria dos arquivos histórico e documental da UXT de Galicia, e custodiar, ordenar e manter a biblioteca da UXT de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervalo de tempo que separa, como termo medio, dúas conxuncións consecutivas da Lúa co Sol, é dicir, dúas lúas novas. O valor deste intervalo é de 29 días, 12 horas, 44 minutos e 2,8 segundos. OBS: Tamén se denomina mes sinódico ou mes lunar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no latín Lupercius, nome composto de lupum ‘lobo’ e arceo ‘escorrento’, relacionado co deus romano Fauno Luperco. A súa festividade celébrase o 30 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de purificar.

    2. Cerimonia de purificación, expiación e protección propia de diversas relixións. Son elementos lustrais a auga, o lume e os sacrificios de animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derradeiro elemento da serie dos lantánidos, de número atómico 71 e peso atómico 174,97. Actúa co número de oxidación de +3. Os seus sales son incoloros e diamagnéticos e en solución dá unicamente ións trivalentes. En 1906 foi descuberto independentemente por G. Urbain, que o denominou lutecio, e por Auer von Welsbach, que o denominou casiopeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso mediante o que as células do folículo de Graaf se converten en corpo lúteo ou amarelo, unha vez maduraron e liberaron o óvulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desprazamento permanente, completo ou incompleto, do lugar que un óso ocupa dentro dunha articulación. A máis frecuente é a traumática, que se converte en causa dunha violencia exterior e que vai acompañada xeralmente de lesión de ligamentos. A patolóxica ten como causa a destrución das extremidades óseas (artrite, osteomelite), mentres que a conxénita ten lugar antes, durante ou despois do parto   como consecuencia dunha anomalía no desenvolvemento do neno. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e erudito. Doutor en Leis, a finais da súa vida foi secretario da embaixada en París. Escribiu poemas en italiano e castelán, un tratado de ética, Dei principii della morale, e a súa obra máis importante, Poética o reglas de la poesía en general y de sus principales especies (1737), que comprende estudios sobre a lírica, o drama e a épica, e tenta poñer en orde os excesos de liberdade dos escritores do Século de Ouro e os seus imitadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de macerar.

    2. Operación que consiste en poñer en contacto cun líquido unha substancia orgánica (vexetal ou animal) para extraer os seus principios activos. O líquido da maceración pode ser auga ou unha mestura de alcohol e auga a temperatura ambiente, na que se une un ácido ou un álcali para facilitar a súa extracción. A maceración constitúe tamén a primeira etapa da lixiviación.

    3. Abrandamento e descomposición dos tecidos ou órganos en auga ou noutro líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Evolución das categorías taxonómicas de orde superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Secuencia de instrucións que pode ser definida polo usuario e executada cunha única orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de macular.

    VER O DETALLE DO TERMO